1.- Chegan onda nós en maio ou xuño e marchan cando o
verán entra no seu luscofusco pero non son moitos os que se decatan da súa
presenza malia que os vencellos, dende moi cedo, rechouchían sobre os tellados
da cidade apañando insectos en vos a máis de 150 quilómetros por hora que
envexaría calquera piloto acrobático. Son aves extraordinarias que apenas
coñecen a terra pois viven sempre voando
agás cando pousan para aniñar e criar. Un vencello anelado de 21 anos que puido
ser controlado, pasou só seis meses da súa longa vida na terra e o resto,
sempre no aire.
Unha andoriña non fai verán; un vencello si. As andoriñas avisan da primavera pero non hai mellor sinal do comezo do verán que a chegada dos vencellos nin mellor sinal da chegada do outono que a súa marcha. Nos meses de xullo e agosto, hai centos de vencellos voando sobre Ourense. Teñen preferencias arquitectónicas moi precisas dende que en tempos antigos se fixeron urbanitas. Pola mañá gorentan da igrexa de San Francisco e do Parque de San Lázaro, despois das rúas do centro histórico e da catedral, polo serán voan polas ribeiras do río ou en calquera outra parte. Foxen dos edificios modernos e procuran os da idade media ou os barrocos que lles permiten aniñar nos seus buratos. Veñen dende África cando os insectos no ar chegan a unha masa crítica o que só acontece na primavera serodia e no verán. Algúns ornitólogos falan de plancton aéreo por semellanza co xeito de se alimentar das baleas co plancton oceánico. Ás tres semanas de nacer os novos vencellos deixan o niño para non volver pousar na terra durante anos. Tres semanas despois marchan ás terras de máis alá do Sahara sen se confundir no rumbo e sen pousar. Hai máis de 100 especies de vencellos espallados polo mundo pero nunca se atopan máis alá dos 70º de latitude norte ou dos 35º de latitude sur. Algunhas especies de swiftlets, de vencellos asiáticos, aniñan en covas de xeito masivo, ás veces a máis de
Máis silandeiros pero tamén cantores, bubelas e cucos,
entre outros, chegan con eles, as veces adiantados, e voan tamén polo ceo de
vilas e campos e aniñan en catedrais, cantís, árbores ou matogueiras. Cunqueiro
dicía hai anos que, xa hai primaveras sen paxaros en algunhas partes do globo e
que pode que nas cidades, xa non haxa ollos para velos. Coido que ten razón. Se
cadra, nun país como o noso afeito á
emigración, uns emigrantes voadores como estes que son cousa familiar e que forman
parte dende sempre da paisaxe cotiá, non chaman moito a atención pero malia a
esta antiga veciñanza e familiaridade, hai algo que sempre abraia ou debería
abraiar, no ir e vir destas aves que percorren distancias milagreiras sen se
perder no camiño e ás veces, como os vencellos, sen se pousar nunca na terra.
Dende tempos moi antigos a chegada e a marcha destes
paxaros foi un misterio que demorou séculos en ter unha explicación axeitada. Heródoto,
en Euterpe, segundo libro da súa Historia, no que fala de Exipto, xa
sabía que os falcóns ratoneiros e as andoriñas emigraban a climas máis
acolledores pois ao tratar das supostas
fontes do Nilo, para desbotar a idea de que tiñan a súa orixe nas neves do sur,
di que, esas aves non emigran cando cumpría como fan as grou, as grullas, cousa
que si farían se nevase neses territorios.
Plinio falaba das andoriñas como aves semestrais pero malia o informe de
Heródoto, o saber de Plinio ou mesmo de Aristóteles,
que tamén coñecía o costume migratorio destas aves, os primeiros ornitólogos
tiveron as súas leas con estas aves e propuxeron hipóteses ás veces moi pouco
aqueladas. Algúns pensaban que as andoriñas que desaparecían ao achegarse o
outono, invernaban nun sono longo, como facían os morcegos, pero baixo as
augas, soterradas na lama do fondo de lagoas i estanques. Outros con máis
acerto, defendían a emigración estacional aínda que non soubesen a onde ían
cando marchaban nin como volvían. Xa daquela, séculos XVI e XVII, había
observadores que viran cruzar o estreito de Xibraltar a moitas destas aves mais
iso non foi de abondo para que homes de ciencia como Newton ou o mesmo Linneo,
deixaran de acreditar na idea do invernar baixo as augas.
A mediados do século XVII, un home con curiosidade
científica, Frisch, atou uns fíos de cores ás patas dunhas andoriñas que aniñaban
a carón da súa casa en Alemaña e ceibounas. Algunhas delas volveron aos seus
niños o ano seguinte polo que quedou demostrado o que sempre souberon os
criadores de pombas mensaxeiras: que algúns paxaros eran quen de atopar o
camiño ao fogar dende lonxe. Non foi ata 1899 que Mortensen mellorou a técnica ao poñer aneis de aluminio
con datos gravados de orixe e identificación nestas aves. Dende entón puideron os ornitólogos dispoñer
de datos certos destas viaxes e eses datos, revelaban fazañas nada doadas de
crer.
Os aneis mostraron que os paxaros sabían como ir e vir
aos seus fogares de cría e invernada pero cumpría agora saber como o facían.
Nos derradeiros anos do século XVIII, Nauman, un ornitólogo alemán, observou
que os ouriolos (oropéndola, ouriolus ouriolus) que mantiña pechados en gaiolas e aviarios, ao chegar o mes de xullo,
coincidindo co que sería o seu tempo de emigrar, movíanse inquedos polas
noites aseteando e brincando e non acougaban ata o mes de novembro. No mes
de marzo, tempo de chegada da invernada, repetíase de novo o proceso. Nauman
chamou a este comportamento, zugunruhe,
e propuxo que a duración deste tempo de inquedanza migratoria era maior ou
menor segundo a distancia que tiñan que percorrer os paxaros na súa viaxe
migratoria. En 1960 outro ornitólogo alemán, Gwuinner, fixo un experimento para
probar que estas aves tiñan un reloxo interno instintivo que sinalaba o momento
de partir. Escolleu dúas especies de paxaros, unha de emigración corta, o
picafollas europeo, (philloscopus collybita),
e outra de emigración longa, o picafollas cantor, (phylloscopus trochilus) e puido comprobar que o zugunruhe era máis longo no que viaxaba
máis lonxe. Gwinner ademais, meteu algúns picafollas cantores nun avión e
levounos ata os territorios de África onde invernaban e puido comprobar que a
inquedanza non cesaba polo que tirou a conclusión de que o reloxo era interno e
non dependía das condicións locais.
Outro alemán, e xa van.., decatouse por azar que, non só os paxaros
migratorios non tiñan paría no zugunruhe
senón que os movementos de ir e vir nas gaiolas tiñan un eixo que se
correspondía coa dirección que seguirían na emigración se non estiveran
pechados. A observación foi replicada varias veces nos anos seguintes con maior
certeza ao empregar un papel con tinta no chan das gaiolas con teito
transparente nas que o paxaro deixaba as súas pegadas. Os ornitólogos tiraron a
conclusión de que os paxaros estaban xeneticamente programados para emigrar
nunha determinada dirección e durante un tempo fixo mais para facer iso cumpría
un compás e ninguén sabía que clase de compás podía acoller o corpo dun paxaro
nin a súa suposta localización. Algúns paxaros emigraban de día, outros de
noite, velaí que as primeiras hipóteses pensaran que era o sol ou as estrelas
combinadas co reloxo interno as que
servían de guía na viaxe.
Un novo experimento fixo as cousas aínda máis
complicadas. Perdeck, desta volta un ornitólogo holandés, empregando as antigas
trapelas coas que os seus veciños capturaban paxaros para xantar, puido entre
1940 e 1950, capturar 11.000 estorniños que marchaban cara o sur e que foron
clasificados por idade, plumas, sexo, peso etc, e anelados. Perdeck levou
moitos destes paxaros, uns novos, outros adultos, nun avión a Suíza, 600
quilómetros ao surleste de Holanda e ceibounos. Puido recuperar 354. Os paxaros
novos remataron a súa viaxe 600 quilómetros máis ao sur do seu acostumado
territorio de invernada mentres que os adultos chegaron sen problemas ao
territorio de sempre. Cando chegou o tempo de volver a Holanda, tanto os
paxaros novos como os adultos volveron ao territorio onde se criaran, (Holanda)
pero os novos seguiron invernando 600 quilómetros ao sur. A conclusión que se
tirou deste experimento foi que, os paxaros adultos eran quen de corrixir o seu
rumbo de volta e atopar o seu territorio de nacenza porque tiñan unha “impronta” dese territorio
adquirida nas viaxes anteriores. Os novos tiñan a impronta do lugar de nacenza
mais non a de chegada. Cumpría algo máis pois as pardelas capturadas nos cantís
da costa inglesa e levadas a diferentes puntos xeográficos volvían sen
problemas o lugar de partida cando se ceibaban e o mesmo facían as pombas
mensaxeiras. Como no caso dos humanos, para iso era preciso saber onde se atopa
un, (dispoñer dun mapa ou XPS) e ter un compás para poder trazar o rumbo. Hai
varios tipos de compás: o sol e as estrelas poden servir pero os experimentos
feitos en caixas como as empregadas nos estudos de zugunruhe confirmaron que os paxaros que emigraban de noite
determinaban o rumbo segundo a posición das estrelas pero o problema era que o
seguían facendo en total obscuridade. Recuperouse entón unha vella teoría que
afirmaba que os campos magnéticos terían algo que ver coas capacidades de
navegación destas aves. Creando campos magnéticos artificiais no tempo do zugunruhe con electroimáns, os
investigadores puideron comprobar que o rumbo cambiaba cando se invertía o campo magnético
así que os paxaros, si navegaban seguindo os campos magnéticos. O problema era
que non se coñecía ningún material ferroso no corpo das aves que puidera verse
influído por eses campos magnéticos. En
1970 descubriron que algunhas bacterias tiñan magnetita o que lles permitía
aliñarse seguindo os campos magnéticos. O mesmo mineral atopouse despois en
peixes, abellas, e microscópicos anacos no peteiro e na cavidade nasal dalgúns paxaros polo que a teoría comezou a ter algún
fundamento. Outra posibilidade era que os campos magnéticos induciran cambios
nas reaccións químicas dos paxaros e que estas fosen mediadas pola luz. Despois
de varios experimentos se puido demostrar que o ollo dereito destas aves era o
determinante na percepción do campo magnético e que non era a luz a responsable
senón a claridade da imaxe. A magnetita sería a responsable do mapa,(onde
estou) e os mecanismos químicos, do compás,(que dirección tomar) serían mediados
polos cryptocromos, unhas proteínas atopadas na retina de certos paxaros. As
investigacións neste campo son complicadas e esixen técnicas moi sofisticadas[1]
mais seica os cryptocromos responden quimicamente aos campos magnéticos
permitindo que as aves vexan estes campos magnéticos como un patrón de cores ou
de luces que as guía ata o seu destino. Algo semellante acontece nas baleas que
parecen moverse seguindo vales xeomagnéticos que ás veces, ben polos sonar ou
sondas dos buques ou por outras causas que alteran a dirección dos mesmos,
poden varar nas praias cando os vales apuntan cara a terra[2]
2.- Hai 12.000 anos, cando
as capas de xeo que ata entón cubriran moitas terras do hemisferio norte íanse retirándose
mainamente cara o norte, o mar, que estaba nese tempo máis de 100 metros por debaixo
do seu nivel actual, foi asolagando o que ata entón fora Berinxia, unha chaira-tundra
pero sen xeo, de 1500 quilómetros de ancho que unía o que hoxe son Alaska e a
Siberia do leste. Por Berinxia chegaron, é unha hipótese que ten algúns
críticos, os primeiros homes a América. Hoxe, o estreito de Bering, formado polo abalo das augas, afasta o que antes foi unha
mesma terra. Os mares formados, o de Bering ao sur, o de Chukchi ao norte, son de augas pouco
profundas como as do estreito, que van dos 30 aos 60 metros e onde
milleiros, mellor millóns de aves aniñan nas súas ribeiras, marismas e penedos
rochosos. A antiga Berinxia, sen a grande chaira-tundra hoxe asolagada, segue a
ser Berinxia, iso si, máis pequena e repartida entre Alaska e a Siberia rusa do
leste, afastadas polos pouco máis de 80 quilómetros que ten o Estreito de Bering e unha vez máis unidas cando xelan no inverno
nas augas porque o mar de Bering, e o de Chukchi, quedan xeados no inverno e
libres de xeo no verán, tempo no que é posible a pesca e o paso de baleas,
morsas, focas e de salmóns na procura dos seus ríos de desove, que se foron
concentrando no borde da banquisa agardando polo fundido do xeo.
O Mar de Bering na primavera
esta cheo de vida. As dúas masas continentais de Asia e América vanse achegando
entre si dende o sur ao norte para confluír no estreito de Bering. Peixes e
mamíferos mariños que proceden de diferentes augas do Pacífico ateigan en marzo
os bordes da banquisa de xeo do Mar de Bering que enceta o seu fundido. Barry
López, no seu libro Artic Dreams,
calculou que 600.000 focas de diversas subespecies, 250.000 morsas do Pacífico,
4.400 baleas xorobadas e 15.000 baleas belugas estaban, cando o visitou, nese
borde ademais do millón de focas aneladas
que ocupaban as costas. Cando o xeo vai rachando coa primavera todos
estes animais seguen o seu camiño cara o norte arriscándose a quedar atrapados
como pasou moitas veces cando de socato volve o xeo ao mar. No Mar de Bering
inzan tamén nese tempo bancos de arenques, abadexos, fletáns e ducias de miles
de salmóns de diferentes especies que de maneira secuencial van subindo os ríos
para o desove. Os caribús tamén encetan a súa emigración ao norte por terra
mentres que millóns de aves preparan a súa
viaxe migratoria nas marismas e lagoas da boca dos ríos como o Yukon.
Nesa nova Berinxia, cando
chegan as primeiras sinais do inverno, millóns de aves migratorias deixan os
seus territorios de cría ou de invernada e voan cara ao sur. Moitas delas fan
viaxes de “pequeno” percorrido, apenas uns centos de millas. Outras viaxan
medio mundo. O carrán ártico, (Sterna
Paradisaea), é un viaxeiro polar. Voa do polo norte ao polo sur no inverno boreal
e volve ao polo norte cando comeza o inverno austral. Son 30.000 quilómetros de
ida e outros tantos de volta pero fai pousos na viaxe. Os que viaxan polo
Atlántico, pasan un mes no medio do océano preto das Azores para despois seguir
viaxe baixando pola costa africana e cruzando despois á
sudamericana. É o paxaro que vive case de xeito permanente baixo a luz do día. A Pardela de Tasmania (Puffinus tenuirostris), seguindo os ventos, voa 15.000 quilómetros, de Tasmania e Australia onde cría, ata as illas Aleutianas, seguindo a costa de China, Xapón e Rusia, para fuxir do inverno austral. Volve a Tasmania, non pola ruta asiática pola que chegou, senón pola costa oeste norteamericana, aproveitando tamén os ventos do norte, para logo atravesar o Pacífico completando un círculo que abrangue o Pacífico do leste e do oeste.
sudamericana. É o paxaro que vive case de xeito permanente baixo a luz do día. A Pardela de Tasmania (Puffinus tenuirostris), seguindo os ventos, voa 15.000 quilómetros, de Tasmania e Australia onde cría, ata as illas Aleutianas, seguindo a costa de China, Xapón e Rusia, para fuxir do inverno austral. Volve a Tasmania, non pola ruta asiática pola que chegou, senón pola costa oeste norteamericana, aproveitando tamén os ventos do norte, para logo atravesar o Pacífico completando un círculo que abrangue o Pacífico do leste e do oeste.
Sen dúbida o carrán e a
pardela son os que máis distancia percorren mais para Scott Weindensaul, hai
dúas aves que non teñen rival como viaxeiras. O mazarico ou zarapito do
Pacífico (Numeius Tahitiensis), é a Agulla de cola barrada (Limosa Lapponica), levan anos abraiando
os naturalistas que os estudan que aínda non son quen de comprender moi ben
como fan o que fan porque, ao contrario do carrán ártico, non fan pouso ningún
na súa viaxe sobre o océano xa que afogarían por non ter plumas axeitadas para
podelo facer como ten o carrán.
O mazarico ou zarapito do
Pacífico foi “descuberto” na viaxe do capitán Cook en Tahití en 1768 e durante
máis dun século, os científicos pensaron que era un ave residente na Polinesia.
Non é doado distinguilo dos outros zarapitos, tamén grandes viaxeiros. Só unhas
plumas de función descoñecida que como cabelos medran na parte superior das
súas patas permiten diferencialos dos seus irmáns. Até hai pouco, este zarapito
era un enigma. En 1948 foi atopado o primeiro niño, debaixo de salgueiros
ananos, na tundra da desembocadura do río Yukon en Alaska. Pon uns catro ovos
que incuba durante catro semanas. Unha semana ou dúas despois de saír a niñada
os pais levan os pitos camiñando varios quilómetros ata unha especie de
gardería onde se xuntan con outros pitos, ás veces de especies diferentes, que
son coidados por uns cantos adultos mentres os pais dedícanse a alimentarse
para recuperar o peso perdido no tempo de cría e preparar a inminente
emigración. Ás catro semanas de nacer, as nais marchan a unha rexión do delta
do Yukon, a centos de millas, para seguir alimentándose na compaña de milleiros
de outros zarapitos. Os pais marchan pouco despois e os pitos que nesa altura
xa son quen de voar quedan sós. A finais de setembro ou primeiros de outubro,
toda a especie, primeiro os adultos, dúas semanas despois, os novos, (estes sen
ninguén que os guíe), emigran. Voan por riba das illas Aleutianas e entran no
Pacífico. Algúns pousarán en Hawai despois de percorrer 3.000 millas ; outros
moitos, seguiran, sen facer ningún pouso, ata Tahití, Tonga, Fidji ou as
Carolinas nunha viaxe de máis de 5.000 millas .
A Agulla de cola barrada
abraia aínda máis. Aniña no leste de Siberia e no oeste de Alaska. En xullo,
ducias de miles de agullas van ás marismas da península de Alaska e comen de
tal xeito que a graxa forma unha especie de tubaxes mestos que rodean os seus
corpos. Cando xa no poden comer máis, di Weindensaul, as agullas sofren un
extraordinario cambio corporal interno. Os seus órganos internos, riles,
fígado, intestino, reducen o seu tamaño de maneira importante, alixeirando o
seu peso visceral substituído pola graxa que queimarán como combustible na
longa viaxe que as agarda porque as agullas de cola barrada unha vez que
comezan a súa viaxe, non pousarán ata chegar a Nova Zelanda, a 6.800 millas de
distancia voando a 45
millas por hora. É a viaxe transpacífica máis longa do
mundo feita sen pousar no mar onde como os zarapitos afogarían por non ter as
plumas axeitadas
Migracións no Pacífico de algunhas aves de
Beringia (Tomado de Living on
The Wind de Scott Weindensaul
A emigración non ten que ver
co frío senón coa comida. As aves que teñan posibilidades de alimentarse no
frío ártico non marchan e sobreviven. Os insectívoros, os que viven nas
marismas que no inverno quedan seladas polo xeo, non teñen outra que emigrar,
algúns non moi lonxe, (estados do norte de USA ou do Caribe), outros moito máis
alá. Ademais da comida cómpre ter en
conta outro factor xa que se así fose, as andoriñas por exemplo, non terían
ningún motivo para marchar das rexións subsaharianas pois alí teñen insectos
para a súa mantenza todo o ano. Este outro motivo é a crianza. No tempo da cría
as necesidades de alimento medran e a posibilidade de predadores tamén. Moitas
aves migratorias procuran terras onde haxa menos competidores polo
alimento e menos predadores. Iso as leva
por exemplo, ás tundras siberianas onde no verán hai milleiros de mosquitos e
moi poucos predadores.
O máis “parecido” a estas aves migratorias
son, se cadra, os galegos, unha especie afeita a longos viaxes case polas
mesmas razóns que as aves migratorias: alimento e depredadores (impostos e
recortes).
Birkhead.T. The
wisdom of birds. Bloomsbury.2008.
Birkhead.T.Bird
Sense. Bloombsbury.2012.
Cocker.Mark. Birds and people.Rspb. 2013.
Cocker.Mark. Birds and people.Rspb. 2013.
Penas,Pedreira y Silvar. Guia das aves de Galicia. Baía.2004.
Van den Brink. H. Migratory
Birds of Europa. Rebo.1996.
Varios. Atlas
ilustrado de las aves de España y Europa. Susaeta.
2011.
Varios. Guía de campo de las aves de España y Europa.
Omega.1973.
Weidensau.S. Living
on the wind across the hemisphere with
migratory
birds. North Point
Press.1999.
[1] Pódese
consultar por quen estea interesado “Visual
Pathway Links Brain Structures Active during Magnetic Compass Orientation in
Migratory Birds”. Dominik Heyers,Martina
Manns,Harald Luksch,Onur Güntürkün,Henrik Mouritsenanns,Harald Luksch,,nur
Güntürkün Henrik Mouritsen en http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0000937
[2] Outras hipóteses poñen en relación os
varamentos coas manchas solares e apóñenlle ademais aos cetáceos a capacidade
de predicir os tremores de terra. De feito, o tremor de Xapón e o de Nova
Zelanda de hai pouco foron precedidos de varamentos masivos nas praias destes
países. ou coa capacidade de Hoare.Ph. The sea inside.Fourth
state. 2013.
Tan cerca tenemos a las aves, pero casi nada sabemos de ellas, aún intuyendo que la vida de estas, tan llena de curiosidades, costumbres y formas de vivir son dignas de estudio. Es difícil abarcar todo lo que deberíamos aprender, todas las maravillas que, los que nos han precedido, han hecho y escrito para nuestro progreso, pero sí podemos agradecérselo intentándolo. A propósito de su último párrafo, es mejor no entrar en ese debate, ya hay muchos blogs que se dedican a esos asuntos. Este es otra cosa, este habla de gente que merece la pena.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.
ResponderEliminarFixo moi ben eliminando o comentario do anonimo. Non tiña sentido ningún. Penso que, o comentarista, trabucouse de blog, Os comentaristas diste sitio son tan bós como o autor, ou casi. Apertas.
ResponderEliminarEstoy de acuerdo con el anónimo que habla sobre los comentarios en el blog. No todo vale, ni mucho menos. Apoalla es excepcional, eso creo yo, seleccionar lo que se publica es una buena forma de cuidarlo. No es censura, se trata fomentar la cortesía ( no se donde leí que es el arte de mantener las distancias), las buenas maneras, la educación...En suma mantener el blog.limpio de polvo y paja.El autor así lo merece por el rigor con el que trata sus escritos. Los demás debemos hacer lo mismo.
Eliminar