viernes, 9 de enero de 2015

NOTAS ISLÁMICAS



              

NOTAS  ISLÁMICAS



                  O porvir só pertence aos que saben odiar
                                           F. Braudel
Un Buda hoxe [...] impensable; mesmo un Cristo. O único que aínda é posible é un  Mahoma.
La Provincia del Hombre. Carnet de Notas 1942-1972

                                       Elías Canetti

Se non creo na miña relixión que é a verdadeira, como vou crer na túa
                  Un frade galego a un musulmán


0.- Freud falou da relixión como do porvir dunha ilusión. Os psicólogos evolucionistas andan na procura dunha teoría axeitada para intentar comprender como un feixe de crenzas que desafían as evidencias máis racionais e das que se pensaba que tiñan os días contados polo avance da ilustración e da ciencia, se poidan  manter hoxe en día. As hipóteses son moitas; as leas entre elas tamén. Non son poucos os que pensan que si se manteñen é que deben cumprir algunhas funcións relevantes que non teñen porque coincidir coas funcións explícitas que cada relixión propón [2].
As cousas non foron polo rego ilustrado e tampouco o camiño relixioso semella que mellorara moito. Os homes, escribe Levi-Strauss nesa obra mestra que é  Tristes Trópicos [3],, ao longo dos séculos fixeron tres tentativas relixiosas para fuxir da persecución dos mortos, da malevolencia do máis alá e das angustias espertadas pola maxia: Budismo, Cristianismo e Islam. Para Levi-Strauss, cada xeira, lonxe de supoñer un progreso sobre a precedente, é un retroceso. Non hai máis alá para o budismo, disciplina que anula o universo e nunca se espallou, como Borges dicía, pola espada; o cristianismo, novamente medoño, restableceu o outro mundo coas súas ameazas, esperanzas e xuízo final; o islam encadeou o mundo temporal ao espiritual, o social co  sobrenatural e converteu a  política en teoloxía. Na idea de Lévi-Strauss, o islam ao erguer unha barreira entre Oriente e Occidente non deixou que o budismo e o cristianismo chegaran a unha osmose que iría alén do cristianismo e que nos daría unha civilización con moito máis aconchego que a que agora temos.
1.- En 1141, Pedro o Venerable, abade de Cluny, mandou traducir o Corán ao latín. Pensaba que cumpría coñecer o xeito de pensar das xentes coas que estaban loitando, razoamento que será tamén o de Lutero cando en 1542 defendeu a versión impresa en latín que fixera o concello de Basilea para que todos os cristiáns se decataran do maldito, abominable e cheo de mentiras que era o Corán. Uns cantos séculos despois, moitos americanos procuraron amolecer o seu desacougo fronte o ataque ás Torres Xemelgas do 11-S, pescudando no Corán unha posible explicación ao sucedido. Mahmood Mandami, profesor de antropoloxía da Universidade de Columbia, refugaba con noxo estes intentos de explicar o terrorismo islámico dende o Corán. Sería, escribía, como se os iraquís fosen buscar na Biblia as razóns dos bombardeos americanos. Outros fixeron unha comparanza semellante, afirmando que sería como lle apoñer ao cristianismo os problemas do Ulster. Robert Spencer, director do observatorio da Jihad, ao contrario que Mandami, pensa que o abraiante sería que non se lera o Corán se queremos entender as razóns dun home, Bin Laden, que citaba reiteradamente suras do Corán nos seus comunicados para explicar as súas accións[4]. Son, como di Finkielkraut, os jihadistas os que poñen a bomba no turbante de Mahoma, non os debuxantes daneses. Unha das opinión máis matizadas é a de Amin Maalouf, árabe libanés de relixión cristiá que vive hoxe en Francia e escribe en francés:
Cando se fai algo condenable no nome dunha doutrina, calquera que sexa, esta, non é por iso culpable aínda que non se poda considerala totalmente allea ao que se fixo.¿Con que razón podería eu afirmar,poño por caso, que os talibáns de Afganistán non teñen nada que ver co islam, Pol Pot nada que ver co marxismo ou o réxime de Pinochet co cristianismo?...[5].  
Se cadra, o que fai a relixión é poñer unha das etiquetas máis perigosas para dividir  o mundo entre eles e nós[6]    

2.- O Corán, dicía Josep Pla hai moitos anos, é un libro bretemoso, confuso, mal feito. Os capítulos longos van diante, os máis curtos detrás. Os títulos dos capítulos non se corresponden co seu contido. Non hai orde; é un parolar ao chou. Pode que as revelacións que veñen do mais alá, ou de Alá, non teñan unha axeitada estrutura narrativa senón que xorden no espírito como enxurradas baixando por un cavorco, e así, con esforzo e desacougos, foi como foron chegando a Mahoma, que era analfabeto, versículo a versículo, ao longo de 23 anos, as 114 suras que acolle o Corán. O feito de ser analfabeto é para Arístegui algo de moita importancia que adoitan esquecer os analistas do islam pois leva implícito que Mahoma  non puido ler os textos xudeus o que acredita de xeito indirecto que foron “revelados” [7]. Ao contrario que  Moisés, que  recibiu o Decálogo no monte Sinaí nunha única revelación, o Corán foi unha longa e demorada revelación con pulos e pousos que seguía ademais os avatares da vida cotiá que arrodeaba a Mahoma. Sayyid Qutb, o teórico máis influinte entre os islamitas, aforcado por Nasser nos anos 60, era moi consciente deste feito. En Milestones [8], texto de referencia para os islamitas e que cómpre ler si se quere entender o que pasou despois, di: 
O Corán non chegou dunha vez; mais ben foi chegando segundo as necesidades da sociedade islámica cando esta enfrontaba novos problemas; de acordo ao medre de ideas e conceptos, de acordo tamén ao progreso da vida social xeneral e aos desafíos que tiña que enfrontar a sociedade islámica na súa vida cotiá [...] un ou varios versículos podían ser revelados en relación a especiais eventos ou circunstancias e podían dar resposta a preguntas que agromaban nas mentes da xente, podían explicar a natureza dunha situación particular e prescribir unha maneira de tratar con ela [...] deste xeito [...] cada momento das vidas [...] está  sempre baixo a guía continua do creador...
Foron os seguidores de Mahoma, ao faceren anos despois a recolleita das revelacións e poñelas por escrito[9], os que ordenaron as suras, non seguindo liñas temáticas senón segundo a súa maior ou menor extensión, xa que o Corán, que quere dicir, recitación, non é unha narración que segue unha orde secuencial, senón un feixe de reflexións inspiradas por Alá sobre temas diversos. Co tempo, o islam chegou a ser unha cas de tres pisos, de tres textos sagrados: O Corán mesmo, a tradición profética (Sunna) e o dereito islámico (fiqh). Todos estes textos teñen un estatuto de eternidade. Valen para calquera tempo, para calquera lugar[10], e calquera intento de revisión, mesmo as baseadas en textos árabes dos séculos sete e oito como os atopados na restauración da Gran Mesquita de Sanaa, no Iemen, que poderían corrixir algúns “erros” do texto canónico, non son aceptados, xa que dalgún xeito sería aceptar que o Corán é un texto máis, coa súa historia, e non algo intemporal, revelado para sempre sen eivas nin fendas[11]. Borges, coa súa habitual mestría para resumir en poucas palabras o esencial dun texto, comenta os párrafos que Spengler lle dedica ao Corán en La decadencia de Occidente:
O Corán non é un libro como os demais; é un libro, isto é incrible pero é así, anterior á lingua árabe; non é posible estudalo nin histórica nin filoloxicamente pois é anterior aos  árabes, anterior á lingua na que está escrito e anterior ao universo… Para os musulmáns ortodoxos, o Corán é un atributo de Deus como a súa ira...
Sen ir tan lonxe, o certo é que a primeira gramática árabe é posterior á redacción do Corán e foi o  propio texto do libro sagrado a fonte principal que se empregou para fixar as regras da lingua[12]. Esta vinculación da lingua árabe co Corán trouxo algúns problemas á prosa profana en lingua árabe. Aínda hoxe, os libros traducidos dende outras linguas ao árabe en todos os países desta fala son a penas o 10% dos que traduce Grecia nun só ano, cousa que non acontece en Turquía ou Irán e que traducen moito, pero non ao árabe, senón ao turco e ao persa, idiomas “laicos”.  A consideración do árabe como lingua sagrada puxo moitos atrancos ao seu uso secular polo medo a que certos temas puidesen “profanar” a lingua. En 1985, por exemplo, foi prohibida en Exipto polas autoridades, a edición en árabe das Mil e unha noites e non son poucos os escritores árabes que recorren a outras linguas para publicar os seus libros de ficción.  Algo semellante pasou co hebreo antes da fundación do estado de Israel. Os ortodoxos pensaban que o feito de que o hebreo fose unha lingua sagrada impedía o seu uso profano que o lixaría polo que o yidish se converteu na lingua de cultura para os xudeus europeos e aínda hoxe, no mesmo Israel, co hebreo xa secularizado, os ultraortodoxos seguen empregando o yidish para non lixar o hebreo[13]. Ben Yehuda, o pai do hebreo moderno, contaba a súa fascinación cando o seu mestre rabino Blucker, tirou dun agocho que fixera detrás dos andeis da súa biblioteca, un exemplar de Robinson Crusoe en hebreo e quedou pampo ao escoitar a beleza que  o relato de Defoe tiña na ata entón fala sagrada empregada só nos ritos e cerimonias na sinagoga[14]

3.- Mahoma foi inducido polo arcanxo San Gabriel a recitar o que despois sería o Corán cando estaba nunha cova nun outeiro sobre A Meca gardando o xaxún do Ramadán. Dende entón, o Corán esixe a recitación pública ou litúrxica sen que importe moito a páxina pola que se comece a ler. A sensación bretemosa da que se queixaba Pla ou da que se queixan os occidentais que se achegan ao texto coránico, ven de que entran nel como si fose un libro “occidental” que se pode ler coma calquera outro libro. Se houbera que facer unha comparanza co xeito occidental de ler, sería coa poesía, que tamén pide o recitado. Non se pode esquecer que o Corán é un libro de “versículos”, mentres que os evanxeos son narracións. Karen Armstrong engade un problema máis. O árabe non é unha lingua de tradución doada e mesmo aqueles falantes do árabe que coñecen a perfección outra lingua, afirman que, teñen a sensación de que o Corán cando o len traducido a non importa que outra lingua, é outro libro. Hindús, israelitas ou árabes, teñen un idioma sagrado, (sánscrito, hebreo e árabe) no que os textos foron revelados, conservados e lidos,  mentres que os cristiáns non teñen as súas escrituras no arameo que falaba Xesús. Os evanxeos foron escritos en grego e despois traducidos ao latín, mais o latín nunca chegou a ser o idioma de toda a cristiandade, xa que os ortodoxos empregaban o grego, e mesmo hoxe, despois do Concilio Vaticano II, xa nin sequera se emprega na liturxia substituído polas linguas vernáculas. Ler o Novo Testamento non é o mesmo que recitar o Corán. Aquí non se trata dunha lectura, senón dunha recitación ritual case sempre acompañada de movementos do corpo adiante e atrás que se fai na mesma lingua da revelación e que envolve aos recitadores nun aura espiritual e transcendente. O Antigo e o Novo Testamento teñen unha feitura máis narrativa co Corán aínda que o Antigo Testamento acollan salmos ou proverbios. Son textos que contan unha historia ou enumeran unhas leis e abranguen dende o Xéneses ata o porvir mais lonxano e profético que anuncia a chegada dun mesías e o fin dos tempos. Do mesmo xeito que o cristianismo aceptou o Antigo Testamento xudeu, o Corán foi tamén un texto continuista que seguiu o ronsel das revelacións xudía e cristiá das que toma moitos dos seus alicerces, velaí as razóns do seu aparente esquecemento narrativo, xa que non lle cumpría, pois recoñecía como propia a historia xa contada polos outros libros sagrados aínda que refugara algunhas das súas verdades[15].

4.- A pesar das súas eivas narrativas, a partir dos anacos esfiañados que o compoñen, o islam organizou no vagantío do espazo social no que naceu e polo que se espallou- un universo de tribos arredadas e loitando entre si- unha orde social abafante é ao mesmo tempo liberadora e unificadora que a penas deixaba un anaco da vida cotiá fóra do seu dominio. Gellner en 1981[16], consideraba o islam como un proxecto de orden social que mantiña a idea de que existe un feixe eterno de regras decretado por Deus á marxe da vontade dos homes, que dispón o xeito correcto no que a sociedade se debe organizar. É, segundo Gellner, un modelo escrito igualitario ao que poden acceder todos os que saiban ler e escribir ou todos os que queiran escoitar.
5.- Na Biblia, di Josep Plá, hai que se achegar ao Libro de Ruth para atopármonos cun certo amor pola terra. Só un “payés” como Pla foi quen de recoñecer no Corán algo obvio. Mahoma foi inimigo da agricultura. Ib Jaldún apoñíalle a Mahoma un dito segundo o que, xamais entra o arado nunha casa sen que entre tamén a baixeza. Arabia non tiña auga de abondo para o cultivo das terras pero as cidades- oasis  como A Meca estaban nun cruce de camiños onde as rutas que viñan do Iemen e o Índico e as do corno de África levaban aos portos mediterráneos e ao golfo pérsico. A Meca non tiña auga nin pastos para os cabalos o que a mantiña protexida das invasións pero tiña camelos e un santuario, a Kaaba, onde as tribos veciñas viñan dende lonxe a facer as súas ofrendas que de primeiras eran a Alá, o deus superior do panteón politeísta tribal, e despois para outro deus ata que Mahoma repuxo a Alá. Eran cidades de mercaderes rodeados de pastores nómades e máis alá, de tres terras agrícolas: o Iemen, Irak e Siria  O mundo das tribos no Mediterráneo do sur, opúñase ao mundo feudal da ribeira do norte. O feudalismo, segundo Gellner, esixe campesiños aos que resulta doado asoballar. Son sociedades que adoitan seren xerárquicas, onde o señor feudal impón tributos ao tempo que asume a defensa dos servos e do territorio. Os pastores nómades, como os árabes dos tempos de Mahoma, non tiñan eidos que traballar aos que estiveran fixados, polo que non foron fáciles de controlar e tendían ademais a formar sociedades igualitarias que se defendían a si mesmas.O espírito guerreiro do islam ven deses orixes de tribos de pastores afeitos á defender o seu por si mesmos de xeito violento.

6.- Moisés, como Xesús, foi un profeta derrotado. O primeiro morreu sen entrar na terra prometida; o segundo foi axustizado. Mahoma foi un profeta, un lexislador, un político e un guerreiro triunfante que conquistou coa espada na man, terras amplas e alongadas. Creou non só unha relixión, senón unha sociedade e unha maneira de vivir. Foi tamén un home afeito os antigos costumes dos nómades, orfo dende neno, que puido ollar de preto a desfeita social e moral que a nova riqueza chegada a A Meca estaba a producir ao se converter nunha cidade comercial onde o diñeiro era xa daquela, o cerne da súa vida social. A idea, moi espallada en Occidente, de que Corán  non se explica sen o deserto e o mundo tribal e nómade que este acollía, semella non ser enteiramente certa. Bruce Chatwin, un nómade el mesmo, lembra que a palabra “nómade” ven do grego e quere dicir “terra de pastos”. Un nómade é segundo Chatwin[17], un pastor transhumante (que é unha técnica para manter vivos os animais) cunha psicoloxía que é moi diferente á do cazador, (que procura matar animais) e á do labrego que se mantén nunha mesma terra. As grandes relixións, xudía, cristiá, islámica, zoroástrica e budista, espalláronse entre pobos que foron nómades, velaí as razóns de que as súas cerimonias estean cheas de metáforas do pastoreo e todas elas teñan nos seus ritos, peregrinacións. O islam nace na cidade da Meca xustamente nese intre no que o nomadismo e os costumes e crenzas relixiosas axeitadas a ese tipo de vida, esmorecen. Nace nunha cidade comercial de caravanas, A Meca, e medra noutra, Medina. Espallouse ao través da predicación e da espada polas cidades e foi quen de rematar coas loitas tribais dos nómades rexidas pola lei da vinganza. Pero pode que Kapuscinsky[18] teña razón, ou algo de razón, cando di que simplificando moito, podemos dividir o islam entre o islam do río e o islam do deserto. O islam do río é aberto e democrático. É o islam do bazar e do comercio. Os seus seguidores viven do intercambio e para iso cómpre liberdade, pobos abertos e mobilidade. O do deserto,  é nómade, pechado, formado por xentes guerreiras que non fixeron outra cousa que loitar. T.E. Lawrence dicía que o deserto é un lugar sen matices onde só existe o contraste entre a luz e a obscuridade. Robert Pogue, engade, para salientar a diferenza, que no bosque todo son matices. Poderíase pensar que a sinxeleza do islam primitivo que desbota da súa teoloxía calquera pegada de bizantinismos teolóxicos, ten parentesco achegado coa terra onde naceu e de feito Jacques le Goff ten estudado o deserto e o bosque como espazos diferentes de transcendencia entre o xudaísmo e o cristianismo[19]A terra do deserto aportou a sinxeleza do islam nacente; o nomadismo, a forza guerreira e expansiva.

7.- Abraham, Ibrahin para os musulmáns, é o devanceiro común que unifica os tres monoteísmos. De Ismail, fillo de Abraham coa súa escrava Agar, veñen os musulmáns. De Isaac, fillo que tivo coa súa muller Sara, os xudeus. Os xudeus pensan que o fillo que Yavhé esixía sacrificar era Isaac, mentres que os musulmáns pensan que era Ismail. Mahoma consideraba o xudaísmo, o cristianismo e o islam, como tres momentos dunha mesma revelación que remataban definitivamente no Corán e admitía polo tanto os profetas incompletos como Moisés ou Xesús, (que ten algunha mesquita dedicada a el), ou a virxe María (que no Corán é considerada coma unha das catro mulleres perfectas), como devanceiros imperfectos mais aos que cumpría respectar por seren “xentes do libro”. O islam non pretendía ser unha nova relixión, senón a mensaxe derradeira e perfeccionada que Deus xa enviara a xudeus e cristiáns,  por iso admite a Toráh, o Bautista, os evanxeos, o ceo o inferno, o xuízo final, Adán, os anxos e moitas outras cousas dos libros revelados anteriores. Tamén refuga outras. Non admite por exemplo, a natureza divina de Xesús, que fose fillo de Deus nin que se encarnara en home. Tampouco a súa morte na cruz e posterior resurrección, pois pensa que foi levado ao ceo por Deus. Tampouco admite a Trindade, que considera un politeísmo, nin o pecado orixinal polo que non cumpría o sacrificio de Xesús para redimir a humanidade dun pecado que non foi tal. Para o islam, a encarnación como a Trindade, son blasfemias. A Encyclopaedia of Islam (1981) afirma que o papel mais achegado ao Corán no cristianismo non é a Biblia, senón o mesmo Cristo, xa que é, como o Corán, a palabra de Deus feita carne ou libro pois no islam, di Daniel Boorstin, hai enlibración non encarnación. Un fillo de Deus que se encarna en home non é algo imaxinable para o islam; un Deus que se enlibra, é dicir, que se manifesta nun libro revelado aun profeta, é o que define o islam. Achégase mais ao xudaísmo e ao protestantismo, que recoñecen as escrituras sen mediadores como a fonte suprema, e non ao catolicismo, que prohibía na práctica a lectura da Biblia aos crentes: ¿Non dicía Fenelon que a única Biblia era o crego?... A lectura no islam ten un papel relevante e mesmo hai mesquitas nas que nas noites do Ramadán, fanse concursos de lectura-recitado do Corán segundo as dúas técnicas tradicionais de salmodia: o tachwid e o tartil. Bruno Étienne di que, estes cantos vocais moi complexos, cunha certa semellanza co gregoriano, nos que os crentes puntúan as salmodias cuns !wallah! que lembran os olés andaluces dos que segundo Ëtienne derivan, e son tamén o berce do cante jondo[20].
En o Corán non hai dúbidas, di Daniel Boorstin. Tampouco hai monxes ou frades[21]Non coñece ese pulo de se arredar do mundo que acolle o cristianismo ou o budismo. No Tibet, denantes da chegada dos comunistas, unha quinta parte da poboación era monxe. A premisa que xustificaba este afastamento era que o mundo era perverso e conviña non ter tratos con el se un procuraba a salvación. O budismo tibetano non arreda o mundo relixioso do civil, mais como no caso do xudaísmo, non hai no budismo vontade de expansión nin de conversión dos alleos. No islam a salvación está no mundo, na conquista do mundo para Alá, e dese mundo forma parte Occidente.
8.- O islam refuga a música e non ten imaxes nos seus templos que conten a súa historia. As mesquitas son espazos sagrados onde non hai pinturas, nin vidros policromados, nin esculturas, nin música, bancos ou altares. O único adobío permitido son os versículos do Corán que enchen moitas das súas paredes. Unha mesquita é un espazo onde hai que orar segundo a quibla , a dirección que sinala aos bos musulmáns, calquera que sexa o seu fogar,  en que dirección está a Kaaba, esa pedra negra, un  meteorito que os beduínos preislámicos viron un día caer do ceo e decidiron adorar, culto que Mahoma mantivo. O que define a mesquita, di Edward Hollis, é o mihrab, unha especie de berce que sinala a quibla, o punto xeográfico onde está a pedra negra[22].
ac
Bernard Lewis lembra que moito do que noutras relixións se expresa a través da arte ou da música, no islam faise a través da palabra. O islam, mesmo ten o seu Pablo de Tarso, Omar ibn al-Khatabb, que como Pablo perseguía a Mahoma,  mais Omar non tivo como Pablo unha visión que o afastara do seu camiño de persecución, senón que  se converteu ao escoitar a súa irmá recitar unhas suras ao quedar abraiado pola beleza do idioma que espertaba nel sentimentos de transcendencia que até entón descoñecía. Tampouco ten sacramentos, clero, nin xerarquías eclesiásticas ou “papado”, polo menos no xeito católico de sacerdocio.  Ulemas ou ayatholáhs son sabios ou conselleiros, non sacerdotes. O último Califa que estaba a fronte da Umma foi derrocado por Kemal Atartuk nos anos 20, e dende entón a volta ao califato é unha reivindicación permanente dos integristas. Sen califa o islam está aberto a múltiples tendencias. 
O islam é unha relixión sinxela. A súa liturxia é enxoita e cínguese aos seis piares: a oración dos venres e os recitados do Corán, as cinco oracións diarias, o xaxún do Ramadán, a peregrinaxe a Meca, a esmola e a declaración de submisión a Alá. O xaxún do Ramadán, a peregrinación A Meca, e a Kaaba, eran xa ritos preislámicos que Mahoma recolleu. O islam é unha relixión que soubo peneirar todas as entrambilicadas teoloxías bizantinas que definiron os primeiros tempos do cristianismo e desbotalas como farelos inuteis. Pierre Bayle consideraba por iso que, o islam era superior ao cristianismo por menos supersticioso. Para se converter ao islam só cómpre  recitar dúas frases perante dúas testemuñas: Non hai mais Deus que Alá; Mahoma é o seu profeta...[23]Fácil de lembrar, fácil de transmitir, resume Scott Atran.
O islam tolerou as xentes do libro, xudeus e cristiáns, que podían manter os seus cultos aínda que tiveran que pagar un imposto que non se lle aplicaba aos musulmáns, mais o islam tamén dividía e divide o mundo, (aínda que hai musulmáns que pensan que xa non é así[24]), en dar-al-Islam, onde gobernan os musulmáns e a lei do libro, e dar-al-Harb, o resto do mundo. Entre estes dous anacos nos que se divide o mundo hai un estado de “guerra” legal, obrigatorio e moralmente necesario, que só pode rematar co inevitable triunfo do islam sobre os inimigos, que  para o islam son os non crentes, os bandidos, os rebeldes e os apóstatas[25]. O islam trouxo unha innovación  teolóxica: aqueles guerreiros que morresen na batalla defendendo o islam na guerra santa (jihad) ían dereitos ao paraíso que non era o casto e cerebral ceo cristián senón un xardín cheo de delicias sensuais e sexuais (para os homes)[26].
         jihad, interpretada as veces como esforzo para ser mellor musulmán (jihad maior) e outras como loita armada (jihad menor), ten no Corán normas precisas mais non hai nada no Corán que desbote de xeito explícito a violencia e de feito a expansión do islam foi militar e no seu camiño fixo desaparecer moitas das linguas e as culturas ás que asoballou. Para os islamitas a única jihad que conta é a bélica, a menor , nas súas tres categorías: a ofensiva, a defensiva e a preventiva. Para eles, só hai unha lingua para falar con Deus, o árabe; só unha relixión verdadeira, o islam.

9.-  Hoxe como onte, en Arabia Saudita non está permitida outra relixión. Todo o chan saudita é sagrado, como se todo el fose unha mesquita polo que  non se pode erguer nel unha igrexa. Os cristiáns que viven alí non teñen onde acudir a practicar o seu culto e moito menos facer proselitismo da súa relixión[27] polo que Noruega ven de rexeitar unha doazón millonaria de Arabia Saudita (mes de Santos do 2010) para erguer unha mesquita en Noruega mentres non se poda erguer unha igrexa cristiá no chan saudita. Os noruegueses semellan repetir as palabras que o Shylock do Mercader de Venecia de Shakespeare dirixía aos conveciños cristiáns cos que non rexeitaba comprar, vender, falar ou pasear con eles pero, de xeito ningún, comer, beber e rezar. Dinamarca, ademais de prohibir erguer máis mesquitas no país, esixe agora tres anos de lingua e historia danesa, sete anos de residencia no país e un emprego para ter dereito á cidadanía xa que o 5% dos seus habitantes musulmáns consumen o 40% do presuposto para axuda social e na súa maioría non se integran no xeito de vivir danés e apoian os atentados contra os caricaturistas do xornal danés que segundo eles, ofendeu a Mahoma. Os seus líderes sabían ademais, que as caricaturas máis “ofensivas” non foran publicadas nos xornais de Dinamarca o que non supuxo atranco ningún para que espallasen polo mundo islámico esas novas como se fosen certas. Zakir Neik, un médico musulmán hindú, entrevistado polo periodista Shahid Masood na televisión da India que lle preguntou as razóns polas que, se había mesquitas en Londres ou Roma, non podía haber unha igrexa cristiá en Arabia Saudita, deu unha resposta que fala por si mesma:
Ninguén contrataría como mestre a un profesor que afirmara que dous mais dous son cinco; só hai unha relixión verdadeira, (dous mais dous son catro), que é o islam, e polo tanto, non ten ningún sentido permitir predicar unha mentira. Se os occidentais deixan erguer mesquitas no seu chan é porque non están seguros da verdade da súa relixión: nós si.... 
Anne-Marie Delcambre, unha libanesa experta en dereito islámico, afirma que o Integrismo non é a enfermidade do islam, é o mesmo islam a doenza, e todos aqueles que lean literalmente o Corán poden se queren, atopar nel xustificación para calquera acción terrorista, polo que aínda que se detivera a todos os islamitas sempre existirá na sociedade musulmá un integrismo agochado disposto a rexurdir. De feito, os tres textos monoteístas, di Michele Onfray, Antigo Testamento e  Corán e menos os evanxeos, están cheos de citas que se contradín entre sí polo que abonda cunha axeitada peneira textual para facer que os textos digan o que se quere que digan. O Decálogo, poñamos por caso, que Moisés recibe no Sinaí, di, “non matarás”, mais Iavhé permite e alenta xenocidios sen ningún remorso. No Corán as citas contraditorias que tira do libro Michel Onfray sen moito esforzo lector, poden encher páxinas e páxinas: versículos que incitan a matar infieis a carón de loanzas a quen lles dea abeiro, xustificación do talión e expiación das culpas para quen renuncie a el... todas as afirmacións contan coa súa respectiva negación, velaí que segundo as citas escollidas, hai un islam moderado, un islam fundamentalista e mesmo un islam laico e republicano... Aínda máis, segue Onfray con retranca: algúns comentaristas paveros falan dun islam feminista e para iso lembran que o Profeta axudaba a súa muller Jaliya nos traballos da casa [28]. Amin Maalouf, escribía anos antes opinións case idénticas. Dos textos sagrados podemos tirar citas para apoiar ou rexeitar a escravitude, aceptar as imaxes ou queimalas, prohibir o viño ou aceptalo, defender a teocracia ou a democracia. Non cambian os textos, dicía Maalouf, senón a nosa ollada e esa ollada segundo a época salientará unhas citas e esquecerá outras[29]. 
É certo, como di José Antonio Marina, (e o que di vale para case todas as relixións), que Deus tardou moitos milenios en se facer bo, mais o problema do islam, segundo Delcambre, é a imposibilidade de afastarse dos seus textos fundadores nos que Deus aínda non é moi bo para o canon moral occidental de hoxe[30]. O problema, (problema dende un punto de vista occidental e laico), é que o Corán é a palabra de Alá, verdadeira para sempre e definitiva, mentres que os evanxeos non son a palabra de Deus senón a narración que os evanxelistas fixeron moitos anos despois duns feitos que nin sequera presenciaron.
Integrismo, salafismo, (neo) fundamnentalismo, islam político, islamismo, radicalismo islámico, son conceptos que moitas veces se solapan ou aparecen uns no canto dos outros. Poderíase dicir, como fai Umberto Eco, que no fundamentalismo se trata da interpretación literal das escrituras e da negación de todas aquelas nocións científicas ou morais que neguen o que nelas está escrito. É, para Arístegui, algo máis acaído coas setas protestantes do Bible Belt norteamericano que co islam. O integrismo para Eco, sería unha postura política e relixiosa que pretende que a totalidade da vida sexa gobernada polos principios relixiosos[31]. Para uns, o problema estaría no islam mesmo, para outros, no (neo)fundamentalismo, ou no integrismo e para algúns máis, na mestura do fundamentalismo co radicalismo político.
Hai catro escolas xurídicas no islam sunita que interpretan de xeito diferente a doutrina. A hambalí non consinte interpretación ningunha do Corán. Hai que aplicar o Corán literalmente. O whanabismo ten nesta escola a súa fonte e vaise espallando co diñeiro de Arabia Saudí; a escola malikí tampouco permite moita interpretación ou razoamento. E conservadora e tradicionalista. A escola hanafí, é segundo Arístegui, a máis tolerante das catro. Admite á analoxía e case un terzo dos musulmáns do mundo seguen esta escola aínda que como avisa Arístegui, moitos non o saiban; a escola Shafí, permite unha interpretación ampla. Arístegui resume: os hanbalíes seguen a lectura literal da lei; os malikíes a tradición; os hanafíes a razón e a analoxía e os shafíes a razón e o consenso[32]  . Os salafistas non aceptan ningunha destas escolas. Queren volver ao tempo dos catro primeiros califas e da primeira comunidade e só admiten a volta á esencia do islam que para eles está representada pola comunidade dos tempos de Mahoma ou dos catro emires que o sucederon polo que só recoñecen como lexítimo un estado islámico e todos os demais son apóstatas que deben ser eliminados pero ao mesmo tempo, o salafismo moderno procuran atopar nesa volta ás raíces, unha renovación e unha saída ao retraso dos países islámicos[33].
Co diñeiro da Arabia Saudita o whanabismo vaise espallando polo mundo erguendo mesquitas alí onde poida facelo.  No século XVIII un reformador relixioso árabe, Al Wahab, comezou a predicar nos desertos de Arabia a obediencia ao Coran e aos Hadith e o rexeitamento de todas aquelas innovacións que non estiveran xustificadas pola relixión. Fixo unha alianza cun gobernante dunha vila de mercaderes, Ibn Saud, e os dous procuraron, mesmo militarmente, espallar a sharía a todos os árabes e todos os musulmáns. Fracasaron esmagados polas tropas otománs nos seus intentos de conquistar Siria e Irak pero despois da primeira guerra mundial, derrotaron á tribo rival dos hasemitas e conquistaron toda Arabia. Os wahabies vivían no deserto de Najd, que abrangue todo o centro de Arabia, É un deserto con oasis espallados no que non se podería vivir sen o camelo. Dende ese cerne, os whahabíes foron conquistando outras terras da península sobre todo o Hijaz, a franxa occidental que forma a ribeira arábiga do Mar Roxo onde están as cidades de A Meca, Medina e Yeda. O Hijaz foi independente baixo o clan hachemita uns cantos  anos despois da I Guerra Mundial cando loitaron contra os turcos (con Lawrence de Arabia) pero en 1925 foi conquistado polos sauditas do deserto de Najd que expulsaron os hachemitas que foron entronizados como reis en Xordania e Irak. Os whanabíes, a pesar de que alí estaban as cidades santas, sempre recelaron do Hijaz, máis cosmopolita, que miraba culturalmente máis a Exipto, Siria e o Mar Roxo que á enxoiteza física e espiritual chegada do deserto de Najd, velaí que levaran a capital a Ryad, no Najd, e procuraran afastarse da mestura cosmopolita que chegaba cos peregrinos[34] . Do Najd saíría no ano 1979, Muhammad Ibn Saif al Otaibi e o seu cuñado  Mohammed Abdullah al-Qahtani, supostamente o Madi anunciado polo Corán, para asaltar con 400 seguidores a gran mesquita da Meca e manter durante quince días a moitos reféns ata que o exercito saudta co apoio de forzas especiais francesas puido derrotalos. Case 70 deles foron decapitados nos días seguintes. Al Otaibi e os seus, eran integristas islámicos que querían eliminar os gobernantes sauditas pola súa corrupción e occidentalización e por traizoar os principios relixiosos que fundaron a Arabia Saudita polos que o pai de Al Otaibi loitara nos anos 20 do século XX para despois opoñerse polas mesmas razóns do seu fillo á monarquía saudita. A familia de Bin Laden tiña simpatías por estes integristas e algún dos seus membros foi xulgado por iso aínda que resultou absolto.
Daqueles tempos ven o whanabismo que hoxe, mantén a antiga lealdade cos gobernantes sauditas e rexeita a violencia contra outros musulmáns (sunitas). O salafismo, xurdido do whanabismo, pretende imitar á comunidade dos tempos do profeta e interpreta de xeito literal os textos sagrados. Un pequeno grupo dos salafistas, di Scott Atran, pensa que non é posible establecer un estado salafista de xeito pacífico nin pola loita de ideas.

10.- O islam non pon unha fazula se lle baten na outra nin ama aos seus inimigos como o cristianismo (Mateo 5, 39 y 5, 44) nin  salienta que  o meu reino non é deste mundo (Xoán, 18,36). Hai outra diferenza fundamental entre as dúas relixións que está tamén no Novo Testamentodarlle o César o que é do César e a Deus o que é de Deus (Marcos 12,17) aínda que como di Olivier Roy, a frase de Xesús xamais foi garantía dunha práctica laica nin dunha teoloxía do laicismo: Cando a Igrexa aceptou por fin a república laica non foi porque durante moitos anos unha comisión de teólogos estivera a reler os evanxeos senón porque o Vaticano chegou a conclusión da inevitabilidade da República....[35]. Algo máis: A Biblia afirma que o  home foi criado a imaxe e semellanza de Deus o que lle concede unha dignidade e liberdade que no islam no existe pois a súa dignidade ven da a súa sumisión a Deus. O islam non só é unha fe senón unha lei. Tampouco se pode esquecer que en moitos períodos do islam houbo unha oposición entre o califa (representante de Mahoma, xefe espiritual e teoricamente tamén político) e o sultán (xefe militar e na práctica tamén político)  que case sempre rematou coa imposición do sultán sobre o califa.
Ao longo dos séculos sempre houbo na cristiandade dous poderes, un laico e outro relixioso, que segundo os tempos colaboraron ou estiveron en loita, unificados ou arredados. Nos primeiros séculos de súa existencia, até o Edicto de Milán (313.d.C) os cristiáns non só eran alleos ao poder civil romano senon que foron perseguidos e sacrificados de xeito episódico por ese poder. Dende esa data, esa “herdanza sinistra” de Constantino, di Michel Onfray[36], o poder relixioso cristián estivo enleado co civil. O Imperio fíxose cristián e o cristianismo fíxose romano e imperial. Cada vez que a cristiandade esqueceu o principio de César e Deus e ocupou o espazo social do César, que a frase de Xesús liberaba, foi violenta, e en ocasións, totalitaria e xenocida mesmo contra outros cristiáns que non seguían o rego da corrente principal católica. Igrexa e estado, afastados agora en Occidente, son para o islam en teoría, (poñendo sharía no canto de igrexa), a mesma cousa e para os neo-fundamentalistas de hoxe “deben” ser a mesma cousa. Forman parte da historia da cristiandade os avatares desta relación poucas veces exemplar. O cristianismo naceu nun imperio romano que se desfacía e co que tivo que convivir e negociar, velaí o reparto de poderes que tiña os seus alicerces nos evanxeos mais que podía ser interpretado de moitos xeitos. No imperio oriental, en Constantinopla por exemplo, o César conservou moito tempo os dous poderes, o relixioso e o civil. Ao contrario do islam, o cristianismo dos primeiros tempos non se espallou pola espada. Padeceu a espada romana ata os tempos de Constantino e foron milleiros os mártires que morreron por non querer abandonar a súa fe. Nada semellante hai no Corán, onde mesmo non hai un termo equivalente para laico, que é un concepto que non ten sentido na concepción islámica do mundo[37], se cadra porqué o islam non abrollou nun imperio esmorecente senón que conquistou as terras nas que se impuxo sen ter polo tanto que facerlle ningunha concesión a ningún César. Esta fendedura que permitiu no cristianismo o abrollar do laicismo, a existencia dunha sociedade civil afastada da relixiosa, ten moitos máis atrancos nas sociedades islámicas e de feito só Kemal Atartuk na Turquía que seguiu á primeira guerra mundial, foi quen de impoñela, (separación do estado e a relixión, matrimonio civil, supresión do fez, introdución do alfabeto occidental, supresión do califato...), apoiándose no exército mais converténdose ao tempo no personaxe máis odiado por todos os islamitas, fundamentalistas ou non. No primeiro vídeo de Al Qaeda despois do 11-S, Bin Laden afirmaba que América estaba chea de horror despois dos atentados, mais facía despois unha referencia na que dicía que a nación islámica levaba  80 anos asoballada vendo os seus fillos asasinados e os seus santuarios profanados. ¿Cal foi esa cousa terrible sucedida hai 80 anos?. Os islamitas non tiñan ningunha dúbida en recoñecer ese feito. Bin Laden estaba falando dos crimes de Kemal Atartuk, e dicir, da entrada do laicismo en Turquía, primeira ferida que segundo eles, encetaba o exterminio do islam[38].  Cómpre non esquecer, que os turcos non son árabes nin xentes do deserto. Veñen das chairas asiáticas, e aínda hoxe pobos de fala turca espállanse dende Anatolia deica as rexións occidentais de China e o norte iraniano, e a súa relación cos árabes nunca foi boa.
 Despois das independencias houbo réximes laicos autoritarios en Arxelia, Iraq, Siria, Exipto e outros países que tiveron que afrontar as revoltas islámicas cando comezou o éxodo masivo dos campesiños aos arrabaldes das cidades e non foron quen de desenvolver as economías que poderían integrar a estas masas agora sen raiceiras. Estes réximes, cando non foron derrocados, tiveron que se ir islamizando dalgún xeito e devagar para sobrevivir como aconteceu en Exipto, Arxelia ou a mesma Turquía.
O problema era modernizarse sen abrir a porta ao cristianismo e outras formas de contaminación espiritual. O marxismo era moderno e igualitario e do mesmo xeito que o cristianismo ou o islam, as súas arelas eran universais así que foi un xeito de ingresar na modernidade sen imitar os modos das antigas potencias coloniais occidentais. O modelo ensaiado en Exipto, Irak, Etiopía etc. fracasou e deixou a porta aberta aos islamitas[39].


11.- A diferenza do islam e do Antigo Testamento, non hai nada no Novo Testamento que propoña ou gabe a loita armada como xeito de expansión. Tampouco hai violencia, fóra da xenreira de Xesús contra os mercaderes do templo,  algunha frase na que Xesús invoca a espada ou afirma que non viña a traer a paz senón a guerra, frase que no contexto non facía referencia a unha loita armada, e algunhas maldicións nas que avisa a fariseos e cidades incrédulas do o que os agarda cando chegue o xuízo. Alexis de Tocqueville dicía que, os evanxeos tratan das relacións dos homes entre si e con Deus e non hai neles como no Corán, máximas políticas, leis ou mesmo teorías científicas o que para Tocqueville, que esquecía o Antigo Testamento, era razón de abondo para agoirar que o islam non podería manter a súa influencia en tempos de ilustración e democracia[40].
A violencia do cristianismo, de onda longa e con moitos períodos de infamia, non está nos seus textos que mesmo refugan explicitamente a violencia senón nos seus feitos e algo semellante dáse no Budismo que como o cristianismo, verá xurdir a violencia, que non está na súa cerna, cando os avatares históricos fagan delas relixións de estado[41]. Un século despois de Constantino a tolerancia dos primeiros tempos, a fraternidade de todos os homes sen importar etnia raza ou cultura, deu paso á ortodoxia e ao castigo dos heterodoxos e dos heréticos. En termos de Ortega, a violencia da cristiandade foi un abuso, non un uso, e calquera podía, case sempre con pouco éxito iso si, recorrer aos textos para procurar endereitar un rumbo desaxeitado como así ocorreu tantas veces. Pasaron séculos antes de a sociedade secular conseguise devolver o cristianismo ao que os seus textos predicaban e o “César” puidera recuperar o seu lugar. No Corán, e tamén no Antigo Testamento, a violencia está nos mesmos textos aínda recorrendo as interpretación mais benévolas. É un uso, no un abuso, e cómpre lembrar que hai 250 versículos, dos 6.235 que compoñen o Corán, que tratan da guerra, e onde se encirra os musulmáns contra os que non o son, pedíndolles que os maten aínda que tamén hai outros, poucos, onde se fala de tolerancia ou onde a yihad ten o sentido de loita contra os pulos interiores. É certo que a obriga da yihad é defensiva e que o Corán prohibe as guerras de agresión, mais esixe loitar contra todos aqueles que asoballen a outros musulmáns polo que todo vai depender da maneira de entender o que quere dicir asoballar. Para os islamitas é evidente que Occidente leva asoballando ao islam dende hai séculos, (aínda que esquecen que o islam asoballou durante moitos séculos outros pobos), velaí as razóns que xustificarían a yihad de hoxe en día sen deixar de respectar o Corán. Os  haditt, os ditos do Profeta, son moito mais explícitos. Foi o sentido material de guerra, non o espiritual, o que gañou de sobexo na historia do islam. O Corán non refuga a guerra; Mahoma nunca prohibiu o uso das armas nin o dereito islámico condena o uso da forza. Velaí que non sexan o mesmo as cruzadas que a yihad. A diferenza está, escrebe Khosrokhavar,[42] no fundamento teolóxico, presente no islam, ausente no cristianismo, e tamén en que as cruzadas foron a resposta, unha resposta demorada, á yihad. Os árabes non conquistaron o que eran terras cristiáns pola predicación, senón pola espada, e antes da primeira cruzada xa os bizantinos recuperaran algúns territorios. Foi o  abade  Odo de Cluny  no ano 930, o que desenvolveu, en contra dos textos sagrados do Novo Testamento, a idea dunha guerra xusta librada polos soldados de Cristo, idea que se convertería  na xustificación das cruzadas. Os monxes de Cluny promoveron a peregrinaxe a Compostela e converteron a cidade nun sínbolo da reconquista dos cristiáns das terras ocupadas polo islam pero ese proceso fixo que a guerra fose considerada “santa”. En 1009 o califa al-Hakin de Exipto, nunha arroutada debida a unha posible doenza mental, mandou derrubar a basílica do Santo Sepulcro en Xerusalén que mandara facer Constantino. Aínda que trinta anos despois unha nova basílica, máis pequena, se levantou sobre as ruínas da antiga, no mundo cristián foi medrando unha indignación contra esa “atrocidade” que foi aproveitada polo Papa Urbano que en 1095 promoveu o que sería a primeira cruzada engadindo ao aldraxe da demolición do Santo Sepolcro novos aldraxes inventados. A cruzada conquistou Xerusalén onde fixo o masacre que provocou a súa vez a indignación dos musulmáns encetando unha escalada de represalias…e até hoxe . As cruzadas tiveron consecuencias non previstas. A cruzada do ano 1204 atacou e saqueou Constantinopla debilitando o imperio de Oriente que dende entón foi perdendo terras a favor dos musulmáns até a súa conquista definitiva no século XV polos turcos otomanos. Coas cruzadas apareceu un novo tipo de orde monástica militar que era o envés dos primeiros santos do cristianismo nacente que eran santos pola súa renuncia á guerra terrenal. Agora, templarios, hospitalarios e teutónicos podían ser santos por facer a guerra contra o islam, algo moi novedoso na historia da cristiandade[43].
O cristianismo ten unha longa historia de totalitarismos, de crimes, torturas e matanzas contra infieis e mesmo contra os seus propios heréticos. A Guerra dos Trinta Anos (1618-48) entre católicos e protestantes deixou media Europa erma de xentes e colleitas para moito tempo e non menos sanguiñenta foi a cruzada contra os albixenses. Ten sona ben ganada a frase do bispo de Beziers, Simon de Monfort, que mandou matar a todos os albixenses da vila dicindo: matádeos a todos; deus saberá cales son os seus. Inquisición, conversións forzadas, autos de fe, guerras de relixión intra-cristiás, execucións, inzaron en moitos períodos da cristiandade cando se aliou co goberno civil. Lutero[44], que pedía liberdade de conciencia, recorreu despois ao poder político para exterminar os “heréticos”. Münzer encirraba os seus seguidores a sacar a espada e matar os que se opuxeran á revelación divina invocando unha parábola na que Xesús falaba dun home que despois de ir na procura dun reino, volveu para esixir as contas daqueles aos que confiara as súas minas e non satisfeito co que dicían ordenou que trouxeran diante súa aos inimigos e os esgazaran. Lutero, medoño ante esa rebelión que el mesmo sementara, pediu aos nobres que os aforcaran e esgazaran como a cans adoecidos. Ademais eliminou o sacerdocio, algúns sacramentos, o culto aos santos, o celibato, o papado, e puxo a relixión  baixo o dominio do estado facendo nacer as igrexas nacionais. Con Calvino, aínda máis alá, o estado quedou sometido a relixión que gobernaba a vida cotiá como unha teocracia integrista.
 Os cabaleiros da primeira cruzada, cometeron unha verdadeira masacre na toma de Xerusalén mais pouco tempo antes os árabes masacraran a cruzada popular, (que pola súa conta asasinara a centos de xudeus europeos no camiño á Terra Santa),  que ía por diante da dos cabaleiros sen perdoar aos esmolantes e peregrinos que ían nela e masacres semellantes cometeron sen ir moi lonxe, na España musulmá onde por exemplo, Barcelona, entre outras tantas vilas, foi tomada, saqueada e os seus habitantes masacrados  por Almanzor no ano 985 o mesmo que o mosteiro de San Cugat onde só quedou un frade vivo que foi escravizado[45]. Os almorávides (1056-1147) e os almohades (1130-1269) que viñeron de Marruecos traían con eles unha visión do islam moi achegada á dos modernos islamitas. Querían renovar e purificar o mundo decadente de hedonistas no que vivían os musulmáns en Al Andalus e impuxeron un rigor relixioso que fixo fuxir ao norte a moitos mozárabes e resistir a moitos andalusíes. Se non fosen derrotados na batalla de As Navas de Tolosa en 1212, pode que o destino de España e de Europa fose outro.
Os cruzados mataron nenos, mulleres e homes, xudeus e árabes sen respectar a ninguén, mais non hai nada no Novo Testamento que xustifique tal comportamento velaí que Eric Conan puidera dicir, que as relixións cristiáns foron sanguiñentas e homicidas ao se afastar dos seus textos, mentres, que o islam o foi ao se achegar a eles.[46]. As guerras de relixión, di Roy F. Baumesteir, son as máis crueis de todas:
Os principios morais elevados, (como os que son invocados nestas guerras) deixan pouco espazo para os compromisos...se dous países loitan por un territorio e non poden acadar a vitoria, poden chegar doadamente a un reparto...o trato é moito máis complicado cando se trata de chegar a un compromiso en materias de verdades eternas e absolutas...non se pode vender a metade da alma ao demo...[47]

Non sería moi esaxerado tirar a conclusión de que todas, ou case todas as relixións reveladas levan no seu cerne esa posibilidade de crueldade, digan o que digan os seus textos fundacionais. A vella lea entre medios e fines mostra aquí unha das súas facianas máis relevantes.
Pode que as cousas fosen moi diferentes si o cristianismo seguira o consello de Marcion (85-160 d.C) e desbotara o Antigo Testamento ou se na lea entre san Agostiño e Pelaxio, fora Pelaxio o que se impuxera xa que defendía o libre albedrío, a inexistencia do pecado orixinal, admitía que había homes bos fora do cristianismo e facía da igrexa, como pensa Zygmunt Bauman[48], unha asociación de predicadores morais. O pecado orixinal, que facía a todos os homes culpables polo feito de nacer,[49] levaba aos homes a facer o mal, polo que cumpría que foxen vixiados ou mesmo obrigados a seguir o camiño da virtude. Estas ideas foron se cadra, a semente ou unha das sementes, que levaron ao cristianismo a abusos de poder dos que tardou séculos en saír e case nunca por vontade propia mais tamén, é a outra faciana do pecado orixinal, a ter unha idea dos homes como gardando dentro de sí un mal que cómpre coñecer e autocontrolar para que non medre e que esixe unha loita continua contra el. Foi unha idea contraria a que máis tarde defendería Rousseau e que levou a erros sobre a natureza humana que fixeron tanto dano como o que pretendía evitar…  


12.- No Antigo Testamento si hai racismo, limpezas étnicas, guerra santa e xenocidios de abondo executados por orde de Iavhé, e o cristianismo como o islam, herdou esa memoria cando aceptou moitos dos textos xudeus como precursores. No Deuteronômio por exemplo, fala Iavhé e ordena entre outras cousas, que cando entren na terra prometida non se fagan pactos coas tribos do país nin se lles teña compaixón ningunha, que se derruben os seus altares, e se queimen as súas estatuas e se aniquile a todos os pobos. Na conquista de Xericó, (Libro de Xosué), exterminaron póla espada a todos cantos vivían na cidade, homes, mulleres, nenos, vellos e mesmo o gando. En Números 13, Iavhé ordena a Moisés que ataque os madianitas. Os 12.000 hebreos do exército mataron a todos os homes e queimaron todas as casas e propiedades. Cando volveron da batalla, Moisés alporizouse porque non mataran a todas as mulleres que non foran virxes e aos nenos, cousa que fixeron axiña seguindo as ordes de Moisés. O libro de Xosué é unha crónica de guerra onde todos os pobos conquistados en nome de Iavéh son consagrados ao exterminio sen deixar con vida a ninguén. Mesmo nestes casos hai algunhas diferenzas co islam. Os xudeus atacaban pobos: cananeos, amoritas, hititas; o islam, infieis, é dicir, todo aquel que non compartise a fe de Alá o que abrangue potencialmente o mundo enteiro,[50] mais as normas alimenticias, as do vestido, a relación cós xentís, o comercio, a saúde, a riqueza, a lapidación das mulleres adúlteras, e tantas outras cousas, determinan no xudaísmo un mundo relixioso totalitario  no que bebeu o islam, un mundo que hoxe, agás no caso dos ortodoxos, foi afortunadamente  amolecido pólos séculos de éxodo e laicismo que viviron os xudeus e que non esperta medo porque o xudaísmo é unha relixión étnica dun só pobo, que non está interesado en espallarse polo mundo e recrutar xentís nin de ter outras terras que as concedidas por Iavhé, e de feito, “converterse” ao xudaísmo non é doado. Por razóns como estas o xudaísmo é unha relixión diferente aos dous monoteísmos que beberon nela:
O xudaísmo é unha relixión de pertenza que vai na compaña dun culto á memoria, dun pensamento feito de glosas e comentos, de obediencia a ritos ancestrais indumentarios, corporais (circuncisión), alimentarios, conductuais (sabath). Basease na primacía dunha alianza primixenia e renovada sen pouso entre un Deus e o pobo escolleito por el...Dende que existen, os xudeus no se consideran unicamente xudeus (con minúscula), e dicir, crentes dunha relixión chamada xudaísmo senón un pobo mítico e unha nación procedentes do reino de Israel, despois de Xudea (Sión) con Xerusalén como cidade santa...segundo a lei xudía (Halajá), todo xudeu segue integrado no seu pobo aínda que deixara de practicar o xudaísmo e aínda que rexeite a súa xudeidade[51
]
Os cristiáns confrontados cos xenocidos e matanzas do Antigo Testamento tiveron respostas diversas. Algúns aproveitaron eses textos para xustificar as matanzas contra os herexes (a guerra dos trinta anos) ou os infieis. Outros interpretáronos  de xeito metafórico ou espiritual afirmando que os amalakitas ou os cananeos non eran pobos senón figuras de pecado abeiradas no corazón humano que cumpría exterminar. Os estudosos do Antigo Testamento afirman hoxe que os sucesos descritos en Xosué ou Xuíces, non aconteceron realmente o que ten ao seu favor os achados arqueolóxicos que non atoparon ningunha pegada de destrución masiva en Xericó. Son textos que foron escritos 500 ou 600 anos despois dos sucesos que relatan, onde os relatores inventan ou esaxeran moitos destes supostos sucesos co gallo de arredar os xudeus dos outros pobos veciños cos que conviviron máis que aniquilaron. Sexa como for, os textos si son xenocidas, ocorreran ou non os sucesos alí narrados e foron os textos os que determinaron, na visión ortodoxa polo menos, o porvir dos xudeus[52].
O islam é máis herdeiro do xudaísmo que do cristianismo entre outras cousas porque, como di J.A.Marina, fronte aos corenta e oito preceptos positivos e os mais de cincocentos negativos do xudaísmo que o islam vai recoller dun xeito ou doutro, a creación de Xesús foi un proxecto xigantesco mais impreciso, case poético, con poucos preceptos lexislados. Non hai nos evanxeos normas sobre o que se pode ou non se pode comer ou beber, as maneiras axeitadas de vestir, a pureza ou a impureza das funcións corporais e tantas outras normas que no xudaísmo e no Islam determinan e cinguen a vida cotiá[53]   


13.-Sayyid Qutb, un dos persoeiros fundamentais dos Irmáns Musulmáns, tivo tempo de escribir na cadea trinta tomos de comentarios ao Corán. Qutb, que estudou pedagoxía nos Estados Unidos nos anos 50, consideraba o xudaísmo como a relixión orixinal revelada por Deus a Adan, Moisés e os profetas, mais Qutb pensaba que o xudaísmo era mais que unha mensaxe: era un código de comportamento que gobernaba todas as esferas da vida e que non permitía a separación do sagrado e do profano. Foron os primeiros cristiáns seguidores de Xesús, sobre todo Pablo, os que cometeron segundo Qutb, un erro fatal ao helenizar a mensaxe e admitir o profano, xa que iso implicaba a existencia de máis dun Deus e polo tanto volvía introducir o politeísmo: como ían gobernar a súa vida cotiá os cristiáns se non contaban máis que cos mitos romanos e a filosofía grega?... O erro fíxose mais grave, sempre segundo Qutb, cando Constantino declarou o cristianismo como relixión oficial do imperio. Rodeados por costumes e ritos pagáns, os cristiáns para se defender desas tentacións inventaron a asceses monástica e arredáronse do mundo mais iso para Qutb, está en contradición coa natureza humana. O islam, segundo Qutb, restableceu a revelación verdadeira ao desbotar todos os elementos alleos e incomprensibles, como a divindade de Cristo, a eucaristía ou a transubstanciación. O erro fatal é a existencia desa esquizofrenia odiosa que parte en dous anacos a sociedade, o profano e o sagrado, arredando, como fai o liberalismo, a relixión a un recuncho de privacidade. Iso é o que Qutb nunca puido aceptar e é o que os islamitas fundamentalistas de hoxe tampouco poden aceptar.


14.-Tariq Ramadan, con devanceiros perseguidos pola súa pertenza aos Irmáns Musulmáns de Exipto, neto de Hassan Al-Banna, fundador da irmandade, e hoxe profesor de filosofía en Suíza, (nacido en Xenebra e con nacionalidade suíza), recoñece que xa nas versións xudía e musulmá do relato do sacrificio do seu fillo que Iavhé esixe de Abrahan, están presentes as diferenzas que definen e arredan o xudaísmo e o cristianismo do islam. Na versión xudía e cristián, Abraham cando recibe o mandato de sacrificar o seu fillo, dubida e resiste. Loita interiormente contra a orde antes de levala adiante. Na versión islámica, (o fillo segundo eles é Ismail), non hai dúbida nin resistencia ningunha.: No islam todo é submisión... e foi esta submisión, escrebe Paul Berman[54], a responsable de que o islam creara unha sociedade moralmente homoxénea que esvaece cando os musulmáns esquecen as súas obrigas relixiosas: a submisión leva á xustiza, á paz da alma e a vivir en harmonía co mundo. Tamén lembra Tariq Ramadan, que no islam non hai nada que se achegue ao mito de Prometeo, que desobedeceu aos deuses para darlle aos homes o segredo do lume [55].
Tariq Ramadan, é considerado por moitos como un filósofo de dúas facianas. Cando fala para occidentais o seu discurso é moi diferente ao que emprega cando fala para islámicos. En Europa condena o antisemitismo, as fatwas contra escritores, a pena de morte por apostasía, e asegura que quere protexer a identidade e a relixión musulmá recoñecendo ao tempo a estructura constitucional occidental vivindo con lealdade ao país ao que un pertence. Ocorre, que perante un público islámico loa a Irán como a forma máis avanzada de democracia, boicotea en 2008 a Feira do Libro de Turín porque invitou a escritores israelitas co gallo do 60º aniversario do estado de Israel ou consigue que non se represente en Xenebra a obra de Voltaire, Mahoma o profeta, xa en 1994. Ramadan non rexeita os textos sagrados que prescriben a lapidación das mulleres adúlteras. Propón unha “moratoria” pola que quedarían en suspenso esta e outras penas da sharía para que se poida abrir un debate. Algo semellante propón con respecto ás mulleres que son iguais ante Alá pero pensa que, aquí na terra, os homes deben seguir gobernando o espazo social. Ramadan, di Daniel Bensaïd, segue a ser un fundamentalista xa que subordina a razón á fe, o profano ao sacro[56].  Algún analista, como Gustavo de Arístegui, que ven de anunciar a súa voda cunha muller marroquí, negouse mesmo a participar con el nunha conferencia, porque o considera responsable do radicalismo islámico en Europa e de ter xustificado os atentados do 11-S. Porén, os Estados Unidos concedéronlle hai pouco o visado que até hoxe lle negaran. O seu proxecto explícito é reconciliar o islam coa democracia e adopta unha política neomarxista aínda que Arístegui insiste en denunciar o seu salafismo confeso e o seu islamismo radical que só engana aos que se queren deixar enganar. Theodore Dalrymple, que non dubida en falar de Ramadan como un “vendedor de coches de segunda man” que coa súa retórica vende fundamentalismo en Occidente, pensa que a resposta da moratoria sobre a lapidación é a única posible pois se respondera “non” iría contra as ensinanzas do Corán o que ameazaría a todas as demais “verdades” do libro e si respondera “si”, mostraría a barbarie dunha relixión como o islam [57]. O seu irmán, Hani Ramadan, que predica na mesquita de Xenebra, é moito máis explícito e defende publicamente a lapidación das mulleres adúlteras como esixe o código huddud. Para Olivier Roy, sempre optimista nos seus xuízos sobre o islamismo, o que defende Ramadan son fórmulas para que os crentes poidan vivir nunha sociedade secular sen ter que deixar as súas crenzas. Se o xulgamos polos seus escritos, Ramadan semella ser un moderado que asegura que nunca deixou de cuestionar as interpretacións tradicionais e literalistas dos textos como as dos salafistas radicais que non teñen en conta o contexto histórico e afirma estar en contra de prácticas como a mutilación xenital das mulleres, os crimes de honor e os matrimonios forzosos que non teñen nada de islámicas e son unha herdanza das culturas patriarcais. De feito, fundou unha asociación islámica que está en contra destes matrimonios forzosos aínda que a súa visión da igualdade da muller pasa porque estas adquiran o imprescindible coñecemento relixioso que lles permita desenvolver novas interpretacións dende o punto de vista feminino[58]. Con todo, Ramadan considérase a si mesmo un salafista pero, na súa crenza, un salafista é aquel que toma como guía os textos sagrados orixinais, limpos dos comentarios posteriores, como a base ética das súas accións nos eidos relixiosos, políticos ou sociais.


15.- O islam tivo os seus místicos, os seus heréticos, os seus filósofos racionalistas, as súas loitas e masacres relixiosas e as súas fendeduras. Do chiísmo aos sunnitas wahhabíes, pasando polos derviches, jariyíes drusos, sufís e mutazilies, houbo e hai no islam énfases e acentos diversos, mais ninguén dubida da autoridade do Corán. É o Corán quen fala das mulleres:
Os homes teñen autoridade sobre as mulleres porque Alá os fixo superiores a elas e porque gastan os seus bens para mantelas. As mulleres virtuosas son obedientes. Coidan en ausencia dos seus homes o que Alá lles mandou coidar. Rifade a aquelas que temades que se rebelen, deixádeas soas no leito. Batede nelas. Se vos obedecen non fagades nada máis na súa contra. Alá é omnisciente e sabio (4.34).

Afastar as mulleres da vida pública supón afastar  o 50% da poboación dun país e desaproveitar os seus talentos. É algo que ningunha sociedade se pode permitir sen rebaixar as súas posibilidades de desenvolvemento en todos os eidos da vida. Tariq Alí, pakistaní que se considera ateo, pensa que este afastamento da muller no islam reflicte o medo dos homes a muller ao lle apoñer a estas un desexo sexual que cumpría cinguir cunha chea de códigos estreitos. Unha antiga tradición aponlle ao califa Alí o dito seguinte: Alá todopoderoso creou o desexo sexual e dividiuno en dez anacos; deu nove anacos as mulleres e un aos homes. En contraste con paraíso cristián que é casto, ateigado como está de anxos asexuados, o paraíso islámico promételle aos homes ducias de virxes sempre renovadas na súa virxinidade[59] mais non lle promete ás mulleres ducias de homes e de feito non se sabe moi ben que lles ofrece agás a liberación das necesidades materiais. A situación da muller foi, segundo Lewis, peor que a dos escravos e os infieis xa que un escravo podía ser liberado é un infiel converterse. Só a muller estaba condenada a seguir sendo muller[60]. Cando Sayyid Qutb viaxa aos Estados Unidos nos anos 50 o que máis o alporiza e o comportamento das mulleres. Quedou pampo cando tivo que ser internado nun hospital e foi atendido por enfermeiras. Xa na viaxe en barco, dixo que foi tentado por unha muller que case espida e peneque, quixo entrar no seu camarote coa intención de seducilo. Qutb pensaba que se trataba dunha espía americana pagada polos americanos para podrecer a súa identidade islámica, cousa que por suposto non acadou[61]. O papel da muller, di Olivier Roy, é o punto que mellor sinala a occidentalización mais  de feito curioso, os países máis islamitas son aqueles onde as mulleres  fixeron máis avances nos eidos do traballo ou a ensinanza xa que os islamitas foron quen de procurar alternativas “islámicas modernas” a esa situación. Fronte o fundamentalismo tradicional que quere pechar de novo a muller no fogar, (o purdah) os islamitas de hoxe, (non todos), teñen outra idea sobre o papel da muller. Procuran o ascenso social da muller a todas as profesións agás á de xuíz, mais iso ten que acontecer cunha separacións de sexos e co uso do velo, único xeito de poder traballar entre homes. Nos centros comerciais de Jedda ou de Riad, na Arabia Saudita, mulleres cubertas de pés á cabeza pasean entre tendas de lencería, e perfumes ou compran pantalóns vaqueiros e vestidos dos modistos europeos que vestirán, iso sí, na intimidade do fogar para lecer dos seus maridos mentres que mozos con roupa occidental e puchas de beisbol mostran os seus coches tuneados nas rúas mesturados con homes vestidos de xeito tradicional. A imaxe que algúns dos países islámicos dan de si mesmos é a dunha estudante que pola fírgoa do seu velo se debruza sobre o microscopio co que traballa nalgunha investigación nun laboratorio [62]. Esta sería unha das mostras do seu proxecto de islamizar a modernidade non modernizar o islam.
No islam hai unha boa presada de prohibicións obrigadas, alixeiradas ou esquecidas segundo o tempo e o país. Non todas veñen de O Corán senón que son propias de cada unha das culturas e países islámicos. De feito, o costume do velo por exemplo, é moi antiga en Irán onde o levaban as mulleres de clase alta como sinal de estatus e os vestidos que tapan o corpo por completo eran os axeitados aos desertos onde naceu o islam. Tariq Ramadan defende a este respecto para as mulleres musulmás que viven en Europa unha proposta que di: impoñer o velo a unha muller é anti-islámico; obrigala a quitalo é un atentado contra os dereitos humáns[63].  Sexan costumes relixiosas ou culturais, en moitos países islámicos a muller non pode ensinar o cabelo, os brazos, as pernas, facer o amor fora do matrimonio, casar con alguén non musulmán, poñer roupa de home, levar perruca... Para os homes está prohibido ser homosexual, levar roupa de muller como os travestidos, ser escultor ou debuxante, os xogos de azar, levar xoias, tocar un instrumento musical, ter contacto cos cans. Para homes e mulleres, abandonar ou aldraxar a relixión, blasfemar, o adulterio, roubar, mentir, levar unha cruz, beber alcohol, comer porco ou carne non sangrada ritualmente, e así até chegar a milleiros de outras prohibicións[64].  Son case as mesmas ou moi semellantes ás que se poden atopar nos textos hebreos como o Levítico ou o Talmud. Na vida cotiá as cousas son diferentes e varían moito segundo o país e o nivel cultural e social. Non se pode esquecer que debaixo da etiqueta “mundo islámico” hai países tan distintos como Sierra Leona e Indonesia, Albania e Arabia Saudita, Surinan e Turquía , centos de etnias e linguas diferentes, economías moi afastadas, teocracias, dictaduras ou democracias laicas, sultanatos, ou monarquías constitucionais. Os homosexuais poden ser aforcados en Irán, tolerados en Exipto ou Túnez (se non se mostran en público) ou ser condenados a cinco, dez ou vinte anos de cadea pero as operacións de cambio de sexo son rutineiras en Irán dende que foron autorizadas por Jomeini. Hai organizacións de gays e lesbianas que loitan pola defensa dos seus dereitos como al-Fatiha e non hai moito que un recoñecido escritor marroquí abandonou publicamente “o armario”. En Bosnia, celébrase o Día do Orgullo Gay. O alcohol está prohibido en Arabia Saudita [65] mais en Turquía se produce e se consume pola súa vinculación á escola sunita Hanafí fundada polo imán Abu Hanifa (80-150 despois da héxira) que considera lexitimo beber[66]. A música pode estar excluída das mesquitas pero hai música occidental ou tradicional bereber, turca, marroquí, arxelina ou indonesia que soa decote nestes e nos demais países islámicos. Non  hai a música relixiosa que en Occidente ateiga o amplo catálogo de obras mestras universais pero si música secular. Nos países islámicos hai McDonalds Hallal que serven hamburguesas sen carne de porco preparadas segundo as normas islámicas do sacrificio de animais e non hai moito, houbo en Francia unha liorta provocada porque as grandes cadeas de alimentación que mantiñan dúas liñas de procesado da carne nas súas industrias, unha hallal e outra “laica” , decidiron rebaixar o seus custos de produción procesando toda a carne hallal deixando a metade sen ningunha etiqueta que advertise á clientela de que estaban comprando carne hallal. Os partidos de dereitas consideraron que non informar no etiquetado era un atentado contra os costumes europeos e un paso máis na islamización de Francia. 
O islam defende a virxindade non a castidade. A sexualidade non só está consentida senón avivecida mesmo polos textos sagrados, iso si, dentro das normas, e dicir, dentro do matrimonio. O islam non se opón a fecundación en vitro, mais tamén dentro das normas o que esixe que a fertilización do óvulo da muller teña que se facer co esperma do marido pois se o donante fose anónimo o fillo sería ilexítimo. Con retranca, Naziana Amirian e Martha Zein, pregúntanse como dispoñer do esperma do home se a masturbación está prohibida. A resposta é doada: ten que ser a muller a que faga esa tarefa como posuidora de todos os dereitos sobre o corpo do marido[67] . Unha muller musulmá americana, Amina Wudud dirixe como “imán” unha mesquita nos Estados Unidos e hai xa candidatas a capelán musulmán no exército americano. Porén, segue vixente a observación de Pascal Bruckner: ao credo musulmán aséxano dous perigos: o infiel por fóra e a muller por dentro  


16.-  Bernard Lewis no seu libro El Oriente Próximo[68], describe un café nesta rexión nos anos 90. Case todos os clientes son homes; están sentados nunha mesa, fumando, lendo un periódico, xogando nun taboleiro ou escoitando a radio ou a televisión. A cadeira ou a mesa do café son cousas moi novas. No deserto e nas estepas non existía madeira, mais si la e coiro, e foron eses materiais os empregados nas súas casas para facer almofadas, alfombras e diváns  sobre os que facían os seus xantares. O cigarro e o periódico, son tamén cousas recen chegadas. O vestido dos homes de mais idade, pode ser o tradicional mais é ou era, algo cada vez mais raro. O dos máis novos é occidental: uns pantalóns vaqueiros ou unha chaqueta. Esta escena sería moi distinta apenas medio século antes e non falemos de hai cen anos. A importancia do vestido é enorme, di Lewis; é a sinal da identidade e o cambio, revela as transformacións sufridas polo Oriente Próximo nos últimos anos. A maior resistencia vestimentaria ao cambio estivo nos chapeus. Os musulmáns non rezan como os occidentais, de xeonllos ou de pé, senón prostrados, coa cabeza tocando o chan. Nas igrexas occidentais os homes tiran o chapeu; nas mesquitas póñeno, e un sombreiro occidental de abas longas non consinte a prostración. Se nos homes o vestido occidental foise impoñendo, non ocorreu o mesmo nas mulleres onde até hoxe mesmo persiste o costume tradicional en amplas capas da poboación. Para os homes pantalóns e chaquetas significaban modernización; para as mulleres occidentalización, e iso, a non modernización-occidentalización das mulleres, é unha das grandes eivas do islam.


17.- Kemal Atartuk apoñíalle a desfeita do Imperio Turco despois da Gran Guerra á superioridade de Occidente e quixo nos anos que seguiron á guerra, modernizar o seu país para achegarse a Occidente. Para Atartuk, modernización era o mesmo que occidentalización e secularización, mais as cousas semellan non ser así. Modernizar é un asunto de técnicas industriais, produtivas e organizativas.  Occidentalización quere dicir, entre outras cousas, laicismo, igualdade de homes e mulleres, democracia, separación de poderes ou liberdade de expresión. Hai países como Xapón ou China que se modernizaron e colleron de Occidente aquilo que lles conviña sen se occidentalizar totalmente mais tamén sen abandonar as súas crenzas relixiosas, se cadra porque o confucianismo, o budismo ou o xintoísmo, non puñan moitos atrancos para acadar formas de convivencia social semellantes ás occidentais sen que sexa preciso desbotar as crenzas “relixiosas” que non esixen submisión total e que eran máis éticas, técnicas ou de adoración da natureza, que ideas relixiosas no sentido occidental. O caso dos países islámicos é moi diferente. O islam é a única relixión que está disposta a loitar....[69]. Calquera sociedade occidental pode acoller no seu mundo, budistas, xintoístas, hinduístas, animistas, sen que sinta tremer os seus alicerces e o seu porvir, e tampouco o xudaísmo, que como relixión nacional dun pobo escolleito, nunca tivo moita vontade para converter a ningún xentil aínda que nos seus textos si hai violencia e acolle tamén devanceiros con  condutas que hoxe chamaríamos terroristas, como foron os sicarios da seita dos celotes e tamén en tempos mais recentes, e coas motivacións relixiosas no segundo plano, os atentados feitos polo Irgun nos tempos do mandato británico en Palestina e o ollo por ollo nas súas loitas pola supervivencia de hoxe en día.


18.- Rituais de submisión hainos en case todas as relixións na forma de oracións, prostracións, reverencias ou rezos de xeonllos, máis o islam é un totalitarismo que esixe, como indica o seu nome, a submisión total, sen deixar espazo na vida cotiá fora da súa influencia mais non se opón á ciencia, mesmo inventou o método indutivo, porque o Corán incita ao home a explorar a terra [70]. Esta aceptación da ciencia cómpre analizala de preto, pois non faltan razóns para pensar que o islam apreciou a astronomía, a álxebra, a xeometría, as matemáticas, a medicina ou a óptica, mais como di Onfray, para mellor calcular a dirección de A Meca, mellorar os seus calendarios relixiosos, fixar as horas de oración, fuxir da impureza, mais se cadra, pódese engadir, tamén para acadar armas “defensivas” para o islam, como acontece co Irán nuclear... No islam, segundo Onfray, a ciencia está subordinada á práctica relixiosa e de feito, en séculos, a cultura musulmá non aportou ningún invento ou descubrimento merecente de cita. Tampouco hai  ningún Mozart, nin Bach no islam porque a música é o mal nin  hai pintores porque as imaxes están prohibidas[71] .
O islam, pola súa disposición a loita e a súa vontade universalista, pode chegar a ser perigoso porque ademais, en moitas das súas tendencias, non refuga a técnica nin a modernización como axudas na  súa loita: só a occidentalización. Coa excepción dos talibáns, que rexeitan tanto unha como outra, os islamitas procuran a modernización e as novas tecnoloxías, se cadra non polas razón invocadas por Onfray, mais non queren saber nada da occidentalización. En Occidente o desenvolvemento técnico foi na compaña de democracia, dereitos civís, igualdade da muller ou laicismo. Os islamitas de hoxe queren a volta ás fontes e alancar cara o dominio técnico do real e  nin sequera rexeitan a enerxía atómica.Queren islamizar a modernidade non modernizar o islam[72].


19.- Os turcos, e despois deles moitos países árabes, intentaron emular a Occidente. O fracaso da emulación levounos ao rancor contra Occidente. Xa en 1732, Ibrahin Müteferrika, funcionario otomano de orixe cristiá, presentáralle ao sultán Mahmud I un informe onde procuraba atopar unha explicación ao porqué as nacións da cristiandade que foran tan débiles comparadas coas islámicas era agora nos tempos modernos tan poderosas que eran quen mesmo de derrotar os otomanos. A resposta que se daba a si mesmo era moi ampla, di Nial Ferguson, e aludía ao sistema parlamentario e ás súas leis e regras inventadas pola razón mentres que os otomanos estaban baixo a sharía.  Non foi unha casualidade que fose Müterferrika o introductor da imprenta en Turquía nesa data tan serodia pois ata entón os relixiosos o impediran pois para o mundo musulmán a escritura era sagrada e preferían a caligrafía á imprensa ata o punto de que en 1515 se condenaba a pena de morte a quen se lle atopara unha imprenta [73]. A pregunta retórica de Müteferrika sobre o adianto da cristiandade ou de Occidente, vai ser unha teima recorrente entre as nacións islámicas ata o día de hoxe.
É certo que houbo e hai nos países islámicos e baixo a influencia europea, xentes que defenderon a idea dun estado laico no que a relixión fose un asunto privado ou mesmo consideraban que a causa do atraso dos seus países se debía a unha relixión que afogaba calquera intento de desenvolvemento económico e social e intentaron vías nacionalistas laicistas, ben capitalistas ou socialistas, que foron fracasando total ou parcialmente, en Irán, Exipto, Arxelia, Iraq, ou Siria, cando a antiga URSS se esfarelou en varias repúblicas e abandonou o socialismo. Nos anos 50 o Partido Comunista iraquí tiña milleiros de militantes que foron perseguidos polo Baat e despois polo Baas de Sadam Hussein; os gobernantes indonesios tiveron que matar a milleiros de comunistas para eliminar a súa influencia nun masacre aínda hoxe lembrado; no Iemen do Sur gobernaron os comunistas nos anos 70; en Arxelia o FLN e en Exipto os nasseristas. Ese foi o “Occidente” que coñeceron algúns países islámicos. O que nunca coñeceron foi unha democracia occidental agás nos casos da India, onde os musulmáns son minoritarios (150 millóns), Turquía, onde o exercito garante o laicismo e Indonesia que hoxe é como os outros países citados, unha democracia, con eivas, pero democracia. Moitos países musulmáns teñen dúas ou máis identidades, dúas ou máis culturas, que poden agromar se os tempos o permiten e levalos a conflitos entre elas como xa ten acontecido. Os marcadores identitarios vanse mover entre marcadores culturais ou relixiosos segundo os tempos. Irán é persa, non árabe, e ademais chiita. O Sha quixo recuperar o pasado de Ciro o grande con pouco éxito; Exipto ten un pasado faraónico grandioso, mais vencellado aos coptos, que hoxe son unha minoría tolerada cunha economía media alta (máis dun 10% da poboación) que agora sofre atentados supostamente chiítas con moitas vítimas (o último en Alexandría, Nadal do 2010) ; Iraq podería ollar o pasado babilónico; Turquía ten moi preto o seu imperio e a súa orixe esteparia é haberá que agardar para saber se pode exercer influencia sobre os pobos de falas turcas que non hai moito formaban parte da URSS é que segundo parece estanse a converter por milleiros a seitas evanxélicas como os Pentecostalistas, que teñen ritos dalgún xeito chamánicos acaídos coas súas antigas crenzas; Pakistán e Indonesia teñen culturas de seu moi afastadas do mundo árabe...
Amin Maalouf lembra que cando chegou a descolonización a resposta do mundo musulmá a necesaria modernización non foi o radicalismo relixioso que foi nese tempo minoritaria por non dicir insignificante: non foi no nome da relixión senón da nación como se gobernou o mundo musulmá mediterráneo…foron os nacionalistas os que levaron os seus países á independencia…e foron eles os que espertaron a esperanza. Nasser que foi o líder loado por non dicir adorado deses tempos consideraba aos islamitas como inimigos da nación árabe e mesmo como axentes de Occidente polo que non tivo dúbidas en xulgalos e aforcalos como fixo con Qutb. Foi preciso que Nasser e os nacionalistas doutros países como Arxelia, fracasara militar e economicamente para que unha parte das xentes do seu país escoitase as voces islamitas que ata entón non eran escoitadas  

20.- Sayyid Qutb, ideólogo moi intelixente e culto, fixo unha síntese entre as ideas de Hassan al Bana e de Abu Ala al- Maududi. Hassan al Bana (1906-1949), un mestre exipcio, fundou en 1926 a Irmandade Musulmá que de seren unha especie de cofradía relixiosa foi evolucionando até se converter  nun movemento político que mesmo chegou a ter unha rama militar. Pensaba que o Corán era a única constitución que debería ser o fundamento dun estado islámico. Maududi foi un hindú laico que aportou o concepto de yahiliya, (o tempo da ignorancia antes do islam), e fundou o Yahamaat-i-islami, unha organización moi semellante aos Irmáns Musulmáns pero máis elitista. Recoñecía o pasado glorioso do islam mais coma Hassan al Bana, non tiña unha visión  étnico-nacionalista dese pasado como Nasser ou os ideólogos do Baas. Ese pasado era para  Bana e Maududi como para Qutb, islámico, non árabe. É unha civilización, unha gran civilización, que para Qutb, respondendo aos nacionalistas árabes, non se define pola nacionalidade, senón que é unha comunidade de crenza. Qutb tamén tiña ideas moi diferentes sobre os tempos da guerra fría. Pensaba como Nasser, que sería a URSS a que ganaría esa guerra que consideraba unha loita entre a espiritualidade cristiá e as arelas de xustiza social do comunismo, sen que ningunha das dúas alternativas tivesen para el ningún valor, xa que a primeira equivocara o camiño e a ideoloxía marxista era a esencia peneirada dos horrores do berce europeo, pois reducía os homes a un feixe de instintos animais e necesidades materiais e non os podía afastar da situación de alienación na que vivían sen o contacto con Deus. Por se non abondara, o Coran defende a propiedade privada polo que sen dúbida ningunha, segundo Qutb, o comunismo era un erro. O inimigo para Qutb era o liberalismo coa súa separación igrexa-estado que, aínda que permitía a práctica do islam con liberdade total, “pechaba” a Deus nos ceos negando por iso a soberanía de Deus sobre a terra. 
[74] . Qutb tiña ideas sobre a yihad que non eran acaídas coas versións que a interpretaban como unha guerra defensiva. Para Qutb o islam non obriga a ninguén a se converter, mais loitará contra todos aqueles sistemas que se opoñan a liberdade dos homes para escoitar a mensaxe do Corán, e eses sistemas teñen a forma de crenzas, conceptos políticos e sistemas  baseados en distincións de raza, clase ou economía, contra os que si hai que loitar para espallar a mensaxe e liberar os homes do dominio de calquera outro home. O único dominio sobre os homes é o de Alá. Unha relixión era para Qutb, unha maneira de vivir: no sistema islámico hai espazo de abondo para que toda clase de xente siga as súas propias crenzas, escrebe, iso si, mentres obedezan as leis do país que están elas mesmas baseadas na autoridade Divina. É dicir: poden crer o que queiran mentres vivan de acordo coa sharía e paguen o imposto. Como queira que o islam arela gobernar tamén a vida cotiá, pódese tirar a conclusión evidente de que poden pensar o que queiran mais non facer o que queiran.[75]. E ademais non ha reciprocidade. Na maioría dos países islámicos non está permitido intentar converter ao cristianismo aos musulmáns e calquera predicación nese sentido pode ser castigada moi severamente. Non faltan algúns filósofos occidentais, mais tamén iranios, que atopan portén entre as ideas de Qutb e os fundamentalistas islámicos e  Heidegger, entre eles, se lle facemos caso a Víctor Farías, estaría o presidente de Irán, Mahmud Ahmadinejead, que en tempos máis mozos era do grupo de filósofos heideggerianos de Irán[76]. Parte desa influencia filosófica ven de Alí Shariati (1903-1979),  un laico iraní,  que foi quen de mesturar o chiismo coas ideoloxías progresistas occidentais (traduxo a Frantz Fanon por exemplo). Shariati tivo unha grande influencia sobre a mocidade iraniana polo que, di Olivier Roy, mesmo os mulláhs aínda que desconfíen de moitas das súas ideas teñen un coñecemento da filosofía e o pensamento político occidental que non se atopa no mundo sunnita. Outros analistas ven unha fonda semellanza entre as ideas de Lenin e as de Qutb, non nos contidos senón nos xeitos de organización, de loita, de cómo tratar aos inimigos que en Qutb serían os infieis, non os burgueses, e o motor da historia os musulmáns, non o proletariado[77].


21.- Fátima Mernissi escrebe que,  na historia do islam houbo dúas tendencias relevantes, a dos jariyíes sediciosos e a dos mu´tazilíes filósofos, que apareceron moi cedo e continuaron ao longo da historia baixo nomes diferentes e tempos distintos.No século sétimo cando comeza a expansión do islam non había ciencia na cultura árabe mais a mediados do século seguinte as empezaron as traducións dos filósofos clásicos gregos  para facer do árabe o medio de transmisión da totalidade da vida intelectual nos seus amplos dominios. Matemáticos que levan a India o que despois de coñecerían como números arábigos, filósofos que defendían que ninguén debería avergoñarse de recoñecer a verdade fose cal fose a fonte na que a atoparan, médicos que defendían o xuramento hipocrático e desbotaban a astroloxía e que fundaron a primeira escola médica en Salerno. Ese foi o tempo dos  mu´tazilíes que combinaban fe e razón e interpretaban os versículos coránicos metaforicamente mais que literalmente. Foron dominantes mentres se mantivo a expansión árabe pero a partir do século X, candos e detivo esa expansión foi a defensa do conquistado o que preocupou aos gobernantes que se fixeron menos tolerantes e seguiron os “consellos” do filósofo Abu al-Hassan Ash´ari que pensaba que cumpría afastar o islam da filosofía dos infieis[78]. A conquista polos mongois de Bagdad en 1258 que queimaron a gran librería deulle azos a esta reacción defensiva. Ibn Taymiyah condenou aos mongois xa convertidos ao islam como apóstatas pola súa falsa fe xa que seguían impoñendo a lei mongola por riba da islámica e chamou pola yihad contra eles para evitar a contaminación (yahiliyah)[79]. Dende entón cada vez que os “mongois”, eses falsos conversos que agora eran os gobernantes que non seguían a sharía,  aparecían na sociedade como nos tempos de Sadat, volvían as chamadas á yihad contra estes novos mongois.
Os jariyiés foron os que uniron a rebeldía có terrorismo e son os devanceiros dos yihadistas de hoxe en día. Asasinaron a moitos califas e imanes aos que consideraban inxustos por non se axustar á lei coránica tal como eles a entendían como fan hoxe os yihadistas. Os mu´tazilíes foron filósofos, médicos, arquitectos, astrónomos, matemáticos que pescudaban nos textos relixiosos todo aquilo que puidera dar azos ao pensamento individual e racional. Foron quen de derrocar unha dinastía corrupta, a dos Omeyas, para que unha nova dinastía “racionalista”, a dos Abasíes, ocupase o seu lugar mais esta nova dinastía non tardou moito en se volver despótica e o islam mu´zatilie foi dende entón perseguido, sobrevivindo só  a sedición terrorista jariyie. Hoxe no mundo islámico hai intelectuais que reivindican esta tradición mu´zatilie humanista e racionalista mais, di Fátima Mernissi, Occidente ignora esta corrente aperturista que ten moitos seguidores entre a mocidade de moitos países islámicos e prefire seguir insistindo no islam jariyie[80]É certo, como di Gordon Ash, que case todos os terroristas son islamitas, mais a maioría dos islamitas non son terroristas aínda que segundo Richard Clarke hai entre 300-500 millóns de musulmáns que simpatizan cos yihadistas[81]. Sen dúbida, a mensaxe coránica, como di Antonio Elorza, é moito mais ampla que o feixe de ideas que levan á yihad, e as formas de vida cotiá no mundo musulmán non seguen as normas do integrismo islámico mais en 1300 Ibn Taymiyya deixou fixada para o porvir a tradición integrista que equiparaba o comportamento herético dos gobernantes aos infieis, e a súa lectura ortodoxa e violenta agroma de novo en calquera situación na que a ortodoxia estea ameazada[82].  No Corán hai suras onde escoller camiños violentos ou pacíficos. Son máis as violentas, pero dos 1.200 millóns de musulmáns que hai hoxe no mundo, so unha minoría é fundamentalista e integrista mais os radicais islamitas desta minoría están dispostos á loita por calquera medio e poden citar suras do Corán en apoio do que fan, mentres que ningún cristián podería citar un texto dos evanxeos en defensa dos seus feitos sanguinarios: É por isto, que as versións radicais da relixión de Alá que teñen o seu fundamento no Corán, no son máis que unha das tendencias que se lle apoñen ao Islam e en ningún caso a única. Elas privilexian certas suras do Corán sobre outras[83].
Para Martin Amis houbo dentro do islam unha guerra civil e o perdedor foi o islam moderado e o ganador o islamismo. Pensa, como Fátima Mernissi, que non ouvimos o islam moderado mentres que o islamismo se escoita en calquera sitio[84]. Amis resume en poucas palabras o que hoxe senten moitos occidentais:  respectamos o islam [...] mais o islamismo?[...] non, non se nos pode pedir que respectemos a grande ola dun credo que predica a nosa aniquilación... 
Hoxe hai no islam escolas teolóxicas reformistas que teñen en común a idea de que cómpre separar a mensaxe coránica da súa encarnación concreta nunha historia e nun espazo determinado. Para estes novos teólogos, a xurisprudencia, a fiqh, foi construída sobre culturas patriarcais e deu lugar a unha sharía que na orixe era moito máis aberta. Cómpre pois desculturizar o islam. O iraniano Sorouch, defende un afastamento da relixión da política e da sociedade tradicional, unha separación igrexa-estado onde a sociedade civil siga sendo unha sociedade relixiosa. Outros novos teólogos, pensan que o Corán non ten as respostas a todas as cuestións contemporáneas como a democracia, o laicismo, os dereitos do home ou as relacións homes mulleres que deben ser abordadas fóra do texto coránico. Mahoma é para eles un home do seu tempo o que acae co Corán que só admite un absoluto, Alá. Un islam como este é para Olivier Roy compatible coa democracia. O problema é saber que público ten hoxe no mundo islámico este islam e dende Occidente cómpre tamén non promocionalos como alternativa xa que a identidade musulmá cos seus  adobíos antiimperialistas os consideraría como traidores. Occidente estaría así, dándolles o bico da morte[85].    
Esa guerra ou conflito civil da que fala Martin Amis, aínda se mantén hoxe con avatares diversos segundo o país. Os gobernantes de Exipto, como os de outros países árabes, leva anos loitando contra os islamitas de al-Yihad e de al-Gamaa al-Islamiyya e fusilou a moitos deles que pola súa beira asasinaron o Presidente Sadat. O goberno de Arxelia tardou anos en controlar o GIA, que matou mais de 200.000 arxelinos sospeitosos de pouco islamitas ou de tendencias laicas e os suicidas de Al-Qaeda non teñen reparo ningún en inmolarse no medio dun mercado de Bagdad cheo de musulmáns chiitas. Os islamitas pensan que non hai un só goberno islámico lexítimo que poda ordenar unha yihad, polo que son os musulmáns os que deben comezala, e desa yihad non se libran os que viven na yahiliyya (o tempo da ignorancia pre-islámica que abrangue tamén a todo Occidente) os ignorantes da lei de Alá na que están incluídos estes gobernantes e moitos musulmáns moderados, laicos ou agnósticos. Maududi, morto en 1979, que foi quen aportou  o concepto de yahiliya ao islamismo, pensaba tamén que o islam era unha terceira vía entre socialismo e capitalismo. Se os gobernantes non seguen os preceptos do islam, aínda que se declaren musulmáns, poden ser considerados infieis e poden ser combatidos. Este concepto, tafkir, que Qutb acolleu e que o inxenieiro agrícola exipcio Shukri Mustafá tamén axustizado en 1978 levou máis alá ao permitir a matanza doutros musulmáns ou de vítimas inocentes,  está presente nos islamitas radicais  e leva implícita a guerra civil xa que os islamitas non aceptan as monarquías (non hai reis no Corán), nin a democracia parlamentaria (a soberanía está só en Alá), nin as elites militares, tribais ou de partidos únicos que tomaron o poder na descolonización xa que na Umma non hai xerarquías[86]. De feito di Olivier Roy, ao declarar infieis os gobernantes e os seus aliados, moitos ulemas en Exipto e Irán foron asasinados polo terrorismo radical xa que a meta principal dos islamitas non é a conversión dos infieis senón a reislamización das sociedades musulmáns. Jomeini ademais aportou para o islam chiita o velayat-e-taqulid, a rexencia do doutor da lei, fundamento da única teocracia no mundo musulmán onde alguén do clero ocupa o papel de guía político e relixioso o que esixe procedementos para a escolleita inéditos no mundo sunita[87] .
Houbo e hai fundamentalistas cristiáns que interpretan literalmente as escrituras. Hainos tamén integristas, que desexarían que os seus principios relixiosos fosen modelo de vida política e fonte das leis, mais hai tamén no chamado Occidente, unha longa tradición de civilización na que as ideas de liberdade, igualdade, o dereito romano, o laicismo do estado, a ciencia, e os propios textos fundacionais, manteñen hoxe estas arelas totalitarias no dominio persoal[88].


22.- O islam é unha forza conservadora moi poderosa que enfortece a vida tradicional da familia e supón un abeiro para as persoas e as comunidades contra os enormes cambios, moitas veces destrutivos, impostos aos países do terceiro mundo polo contacto co mundo capitalista desenvolvido e polo comunista. O medrar do islam nos últimos tempos foi moi notable nos países de África e Asia nos que houbo contacto coas potencias colonizadoras cristiáns:

No intre da independencia, as elites de case todos estes países acolleron como súas as ideas occidentais ou soviéticas do laicismo, do desenvolvemento económico e da democracia liberal ou do socialismo [...] agora despois da anos de inestabilidade política, do medrar da pobreza e da desintegración social o sono dun desenvolvemento ao xeito occidental e soviético rematou case sen excepcións na desilusión [...] (a consecuencia é) [...] o fundamentalismo [...] que é unha forma sinxela e básica da lei islámica...[89]

Corte Ibáñez, no mesmo rego, lembra que hoxe case ninguén nega que o fracaso dos países árabes e musulmáns nos seus procesos de desenvolvemento fixo que inzara o credo islamita fundamentalista. Lembra tamén, que poucas veces os obxectivos de prosperidade económica teñen algún lugar nos discursos yihadistas, o que suxire que os seus motivos teñen pouco que ver coa pobreza das comunidades que din representar[90] e de feito, a islamización, pode se cadra, amolecer o sentimento de impotencia mais non arranxa os problemas da miseria económica, polo que cómpre procurar os responsables no exterior, nese exterior que é Occidente, que vai sendo ocupado aos poucos pola emigración islámica. Castells está de acordo no fracaso e pensa que houbo dous períodos. En varios países islámicos, a modernización dirixida polos estados-nacións creados polos nacionalistas despois da independencia nas décadas de 1950-60, tivo un certo éxito, mais foi seguida dun  fracaso nos anos 70-80, cando as súas economías non foron quen de se adaptar ás novas esixencias do mercado global e da revolución tecnolóxica. Deste xeito, segundo Castells, unha mocidade urbana e con estudios universitarios que saíra da primeira onda de modernización, atopou pechados os camiños do emprego pola crise económica, mentres que nos arrabaldes das grandes cidades se amoreaban milleiros de campesiños emigrados dende o rural “modernizado” por unha agricultura orientada ao mercado que cando precisaban axuda non era o estado quen llela concedía senón as organizacións como os Irmáns Musulmáns que foron ocupando estes espazos novos ateigados de novos pobres desarraigados, aportando axudas económicas ou médicas, erguendo mesquitas de barrio nos arrabaldes que non estaban baixo a influencia dos ulemas “oficiais”, mesquitas que volveron de novo a ser casas comunitarias onde os sermóns foron acollendo reivindicacións sociais que até entón non estaban presentes nos discursos dos ulemas oficiais.[91] As bases do fundamentalismo radical para Castells, saen deste dobre ciclo, deste abalo e devalo económico que levou a consolidación das novas formas de dependencia cultural e ao rexurdir do islamismo como alternativa nunha sociedade fondamente transformada pola modernización. Para os islamismos non é a watan, a terra de nacenza, o que conta, nin o estado-nación, senón a umma, a comunidade de crentes [92]. Foi entre esas dúas capas de poboación entre as que se espallou dende os anos 70 o fundamentalismo islámico que recolleu ademais o facho terceiromundista que até entón estivera nas mans dos grupos esquerdistas desacreditados pola corrupción e o fracaso da economía. O fracaso destes réximes sen lexitimación, monarquías, repúblicas, socialismo árabe, trouxo non o retroceso dunha democracia que xamais existira, senón un aumento da represión en Irán, Exipto, Arxelia e Siria...o que fixo que os islamitas enarboraran a bandeira da liberdade e os dereitos humanos... os estados perderon o monopolio do nacionalismo, os ulemas o da relixión, a esquerda o da democracia e o antiimperialismo... o camiño estaba aberto para os islamitas..[93]
Cómpre lembrar que foron, como di Amin Maalouf, os nacionalistas os que trouxeron a independencia e non o fixeron en nome da relixión nin moito menos en nome dun radicalismo islamita que daquela era minoritario e case inexistente pero foron estes mesmos nacionalistas laicos e socialistas os que exerceron o poder durante décadas os que estableceron réximes corruptos que non foron quen de levar aos seus países á modernidade e pechando esa vía abriron o paso aos islamitas que perseguiron nos primeiros tempos ao consideralos inimigos da nación árabe e mesmo axentes occidentais.  
Os emigrantes de países islámicos que viñeron traballar en Europa nos anos 50 eran case todos de orixe rural, moitas veces analfabetos, e non tiñan outras preocupacións que gañar diñeiro cos seus empregos de baixa categoría e aforrar o necesario para volver aos seus países. Cando isto non foi posible e os gobernos europeos autorizaron que puideran vir as súas familias a reunirse con eles, a situación mudou. Moitos barrios e escolas fóronse enchendo cos fillos destes emigrantes e por vez primeira apareceron problemas de convivencia que provocaban as queixas dos habitantes europeos dos barrios de clase traballadora onde estas familias se asentaban. As queixas, di Ian Buruma, moitas veces rexeitadas como xenófobas polos multiculturalistas e traballadores sociais, fixeron que moitos destes traballadores pasaran a votar alternativas como a Fronte Nacional en Francia, sobre todo na zona de Marsella. Os fillos destes emigrantes chegados cando nenos ou nacidos xa nos países de adopción, tiveron moitos atrancos para facerse cunha identidade estable. Non coñecían case nada dos países dos seus pais e a integración na cultura de adopción tiña tamén moitos problemas. Para non poucos deles, a solución foi unha identidade universal. Xa non eran franceses, nin británicos, nin marroquís, nin pakistaníes: eran musulmáns[94]. Nos anos 80 a organización francesa SOS Racisme apoiaba as manifestacións dos beurs[95] da banlieu parisina esixindo igualdade de dereitos e integración na sociedade francesa. Anos despois, estes beurs que procuraban a integración en Francia, afirman non seren franceses senón musulmáns. Musulmán é unha identidade universal en correspondencia coa globalización. Olivier Roy, avisa que cómpre distinguir, cando se fala de integración, entre aquilo que depende da cultura de orixe, o que se debe a exclusión social causada pola crise económica na sociedade de acollida, e o islam. A cultura, di Olivier Roy falando dos emigrantes islámicos en Europa, aínda que marcada polo islam non é importante. Retrocede e mesmo desaparece na segunda xeración. Non unifica os musulmáns europeos senón que os afasta polas diferentes linguas faladas e os diversos costumes practicados. O fundamentalismo non é volver á cultura de orixe. Desvaloriza a literatura, a música, a poesía a filosofía ou a historia, para se cinguir á mensaxe do profeta, á tradición e os primeiros califas. Pódese falar como facía Oriana Fallaci de si mesma, de cristiá atea, de xudeu agnóstico ou mesmo de musulmán ateo mais as novas formas relixiosas cristiáns ou islámicas, son pura relixión polo que non é imaxinable un salfista agnóstico ou unha testemuña de Xehová ateo. Esa relixión afastada da cultura é segundo Olivier Roy un produto de secularización 


23.- Hoxe o laicismo e a secularización sobrancean nas terras da cristiandade, sobre todo en Europa, onde as igrexas están valeiras e os cregos son vellos e non teñen a penas sucesores. Tamén o xudaísmo, que tivo nos sionistas socialistas dos kibbutz os maiores partidarios do laicismo, amoleceu na súa forza relixiosa e fóra dos ortodoxos, non conta con moitos partidarios da comida khoser ou do sabath. Pero as esperanzas dos ilustrados que supoñían que a relixión chegaba ao seu fin cos avances tecnolóxicos e a ciencia, non se cumpriron e polo menos no caso do islam, hai un rexurdir que esperta en Occidente un medo semellante ao que se espallou Europa adiante no derradeiro asedio de Viena en 1683[96]. Hoxe o islam non ven de fóra, está dentro dos países europeos e inza sen pouso tanto en Gran Bretaña coma en Francia, España, Italia ou Alemaña. Hai 50 millóns de musulmáns vivindo en Europa. Oriana Fallaci chama a este novo estado de cousas, Eurabia, e Melania Phillips fala de Londonistán onde procuraron abeiro moitos predicadores radicais e onde a mesquita de Finsbury Park non só acollía aos máis radicais destes predicadores senón que tamén gardaba explosivos. É como si a historia contada por Joan Martorell no seu Tirant lo Blanc se cumprira. Na obra publicada en 1490 o rei musulmán de Canaria invade coa súa flota a Gran Bretaña e vai derrotando un tras outro a todos os que se lle opoñen e tomando todas as vilas e cidades: os mouros ían conquistando a illa matando moitos cristiáns e deshonrando mulleres e doncelas e poñéndoas en cativerio... As cousas non aconteceron como Martorell imaxinaba nin dese xeito tan cruel pero había unha miga de verdade no seu agoiro.  
Calquera que hai anos vivira algún tempo nun país europeo onde houbera poboación islámica, decataríase axiña de que  moita desta xente fórase integrando na cultura do país onde vivían, mais ao tempo decataríanse tamén, que hoxe a integración é moito mais difícil pola existencia de grupos vencellados ás diversas pólas dos Irmáns Musulmáns que exercen nunha presión case esmagadora sobre homes e mulleres que en tempos pasados estarían integrados con poucos atrancos nas sociedades de acollida. Isto é, como pensa por exemplo Florentino Portero, do grupo GEES, un perigo que cómpre coñecer e recoñecer[97]. Hoxe viven en Cataluña 400.000 musulmás en situación regular (pode que moitos máis irregulares); hai cidades nas que os venres os parques e polideportivos se enchen de rezos cara á Meca e ducias de imáns salafistas predican nas mesquitas a prol da islamización de Cataluña. Varios yihadistas que se autoinmolaron en Irak saíron de Cataluña. En 10 anos, e co alento da Generalitat e os convenios con Marrocos, os musulmáns de Cataluña pasaron de 30.000 a eses 400.000, que hoxe viven atinxidos en boa medida polo paro. Non hai moito, unha coñecida política catalá, lembraba que os políticos cataláns (e os españois) non aprenderan nada do que aconteceu en Francia ou Alemaña vinte anos antes coa emigración islámica e seguen divididos entre “buenistas” e “xenófobos” sen se decatar do problema e poñen a un conselleiro do rei de Marrocos como deputado socialista no parlamento catalán.
Bruce Bawer, un periodista americano que é homosexual, despois de facer unha reportaxe sobre o fundamentalismo cristián no Bible Belt dos Estados Unidos,[98] escribiu Mentres Europa Dorme, unha crónica sobre os modos de vida dos emigrantes islámicos en Europa que analiza as razóns da súa non integración hoxe. Moitos pakistaníes que viven en Noruega ou Dinamarca, di Bawer, mandan as súas fillas ás escolas coránicas de Pakistán cando teñen tres anos. Os gobernos escandinavos seguen pagando por estas nenas que non regresan até os 16 anos e xa casadas obrigadamente con alguén do seu lugar de orixe que volve con ela ao país de acollida legalmente para mantela dende entón pechada na casa. Abandonar este xeito de vida pode ser moi perigoso para as mulleres. Só en seis meses, datos de Bawer, entre os anos 2004-05, houbo 11 asasinatos de mulleres “por honor” en A Haia (os pais ou irmáns matan as fillas ou irmás) sen que os achegados ou compatriotas foran quen de condenar os asasinos  destas mulleres. 

24.- Hai anos, o  Ayatolláh Mandhi Ruhani, Doctor pola Sorbona, residente en París e  xefe espiritual da comunidade chiíta en Europa, dixo:

 Salman Rusdhie ao poñer en dúbida os dogmas e principios da súa relixión, é  sen a menor dúbida,  un apóstata e  por esa causa de acordo  coa xurisprudencia islámica merece a pena de morte previo xuízo.

Non se trata neste párrafo revelador de que se  pronunciase a sentencia antes do xuízo senón da frase ao poñer en dúbida. ¿En que consistirá o perigo de “poñer en dúbida” para que mereza unha condena a morte?. Hai aquí unha sorte de dismetría mortal pola que unha falta simbólica é castigadas cunha sentencia mortal real. A eliminación do rival non consiste na súa refutación ou na súa redución ao silencio mediante a argumentación (pois non se refuta a Deus) senón no seu exterminio físico. O  camiño dos paraísos,(laicos e relixiosos), adoita estar moi cheo de sangue
O caso Rusdhie foi unha mostra da covardía occidental que atinxiu mesmo a intelectuais dos que non se agardaría un comportamento semellante. As ameazas de morte pronunciadas por clérigos musulmáns vivindo en Gran Bretaña non mereceron o xuízo e condena a que obrigaba a lei polo que a mensaxe que chegou ao Islam radical foi que Occidente prefería o confort aos seus principios[99]


25.- Europa inventou o mellor e o peor, fixo atrocidades e procurou como arranxalas. O islam, escribe Pascal Bruckner, que forma parte da paisaxe francesa e europea, ten dereito á liberdade de culto, a ter espazos axeitados para as súas oracións, a condición de que respecte el mesmo as leis republicanas e laicas, non reclame un estatuto extraterritorial, nin dereitos especiais que lle permitan piscinas e ximnasios arredados para as mulleres, ensinanza separada, privilexios diversos, nin veos nin burkas. Tampouco, podemos engadir, se pode permitir que a denuncia que fixo un alumno musulmán en Cádiz hai pouco contra un profesor que falou do xamón en clase, porque atentaba contra as súas crenzas sexa admitida a trámite polo consello escolar. Máis que unha anécdota como queren algúns, é un síntoma emerxente do que acontece en certas capas da sociedade. Aquí como noutros casos como este cómpre firmeza: !“Non poñades as vosas mans no noso xamón ibérico”!... No mes de febreiro do 2011 unha nena dun colexio de Arteixo apareceu na clase co hyhab. O regulamento do colexio prohibía calquera clase de pano de cabeza polo que expedientou á rapaza que non puido dende entón acudir a clase. Na acostumada lea que veu despois o pai afirmou na prensa algo que debería servir de aviso as autoridades escolares: Non é a miña filla a que ten que cambiar; teñen que cambiar eles... É dicir: todos nós...
En Europa a loita contra o integrismo cristián foi longa e chea de conventos queimados, desamortizacións ou cregos asasinados que foron a faciana en espello dos autos de fe, da Inquisición, e das loitas relixiosas asasinas. Todo para facer triunfar o principio do laicismo, que por outra banda, di Pascal Bruckner, estaba xa nos evanxeos. Nesa longa loita o cristianismo perdeu ganando:

Obrigada a facer autocrítica a decote, enfrontando unha ciencia gañadora que semellaba desafíar ás Escrituras, ás ideas republicanas e laicas, á democracia, a emancipación da muller, á lexitimacións das relacións sexuais prematrimoniais, aos fillos ilexítimos... a Igrexa  comezaba sempre por manter a firmeza para despois avenirse...
[100].

Agora, moitos políticos relativistas cren que o islam non ten nada que ver con esta longa loita e hai que respectar os seus costumes aínda vivindo en Europa: Por qué unha relixión, unha única relixión, ten que estar protexida do clima de  humor e  ironía que é a norma para as demais?...(acaso) rexeitar unha obediencia, rexeitar certas ideas que se consideran falsas ou perigosas, non é a base mesma da vida intelectual?.
O vitimismo e a islamofobia da que se queixan moitos musulmáns que viven en Europa cando alguén critica algún dos seus costumes ou mesmo esixencias, ten pouco fundamento. Non hai moito en A Coruña o pai dunha nena que levaba o  hiyab a unha escola onde o regulamento prohibía toda clase de puchas, ao ser trasladada de colexio afirmou que quen tiñan que cambiar son eles (os profesores, o regulamento) e non a súa filla. É máis certa a cristianofobia dos musulmáns e a de moitos progresistas europeos que esixen respecto para unhas ideas islámicas mentres ese respecto non existe para a relixión cristiá. Pechan dese xeito, a posibilidade de que as mulleres que non queren levar veo, que queren vivir como europeas, vestir como lles pete, casar cun “infiel”, ser laicas ou ateas, ou deixar de ir á mesquita, non o poidan facer sen grave risco. Son moitos os crimes que se lle poden apoñer á igrexa católica, di Pascal Bruckner, dende o xenocidio albixense, á Inquisición, a pureza de sangre, ou a persecución de bruxas, heréticos, pagáns e mahometanos, pero dende hai anos comezou un valente inventario crítico para que os seus feitos foran acaídos co espírito dos evanxeos. Nada diso hai no islam, en parte do islam. Ningunha autocrítica polas guerras santas en nome do Corán, polas infamias cometidas contra os infieis, os apóstatas, os agnósticos, as mulleres, os homosexuais, o tráfico de escravos... Entre os séculos XVI e XVIII máis dun millón de homes feitos prisioneiros polos berberiscos musulmáns do norte de África foron vendidos como escravos no que por entón se coñecía como a Berbería. Cervantes foi un deses cautivos. Aínda nunha data serodia como 1810 unha flota anglo francesa liberou en Arxel a 3.000 europeos que ían ser vendidos como escravos. É certo que tamén houbo en Marsella e Malta escravos musulmáns pero non foi unha “industria” e  o seu número sempre foi pequeno.
A crítica do islam, segue Bruckner, é un deber é un auxilio para os musulmáns moderados que arelan practicar a súa relixión sen as ordes e as ameazas dos integristas. Queren desbotar os costumes bárbaros da lapidación, os versículos contra os xudeus, os cristiáns, os homosexuais ou as mulleres que abeira o Corán, manter o espírito da Ilustración que agromou no século XIX entre as elites musulmás. Estes moderados que viven en Europa ou nos seus países, poñen a súa vida en risco xustamente por “moderados” e cómpre que teñan a mesma axuda que recibiron na Europa democrática os exiliados das ditaduras de non importa onde, e non sempre foi así[101]. O caso de Ayaan Hirsi Alí, unha muller somalí criada en Kenia onde o seu pai estaba exiliado é revelador. Ayaan converteuse ao islam (fundamentalista) cando era unha rapaza pero abandonou as súas crenzas cando o seu pai arranxou para ela unha voda cun primo no Canadá. Ayaa solicitou asilo político en Holanda que lle foi concedido. Aprendeu holandés, estudou ciencias políticas en Leyden e despois de ler un manifesto ateísta dun profesor de filosofía, abandonou as súas crenzas e adoptou a vida occidental que considerou como unha liberación. Fíxose militante do Partido Liberal holandés e comezou a traballar con mulleres emigrantes islámicas. As recomendacións que fixo ao seu partido incluían o peche das escolas islámicas, a limitación da emigración e a supresión da subvención para a ensinanza relixiosa. As súas ideas non foron ben recibidas nin polo seu partido nin polo goberno e as ameazas inzaron despois de que participara en debates televisivos nos que as defendía e afirmaba que Mahoma, pola súa voda cunha nena de nove anos, fora un pervertido o que provocou ameazas de morte dos islamitas. Escribiu o guión dun documental, Submisión, que foi filmado por Theo Van Gogh que sería asasinado poucos días despois de que fose proxectado. Os seus veciños pediron que marchase do edificio por medo a atentados e pola baixa do valor das súas propiedades. Marchou para os Estados Unidos e volveu tempo despois para ser elixida deputada no parlamento holandés onde estivo tres anos. A ministra do Interior quixo tirarlle a nacionalidade holandesa cando Ayya confesou que non declarara a súa verdadeira identidade cando solicitou asilo político. O escándalo que seguiu foi motivo de debates alporizados e opinións confrontadas ademais de acusacións dende Estados Unidos de covardía por parte do goberno holandés[102]
Wafa Sultan é unha médico psiquiatra siria nacida en Alepo que puido ver como un comando islamita asasinaba na clase diante dos seus alumnos ao seu profesor de oftalmoloxía. Wafa deixou de crer nese momento no islam, emigrou aos Estados Unido, e dende entón, como Ayyia, é unha inimiga do islam que advirte en conferencias públicas aos estadounidenses que os inimigos non son os islamitas, nin os terroristas musulmáns: o inimigo é o islam mesmo. Wafa  pide aos americanos que defendan o seu xeito de vivir pois para ela, agora que vive en Los Ángeles, poder camiñar soa pola rúa, ou sentarse soa nun café sen que ninguén a insulte ou a deteña é algo que non teñen as mulleres sauditas nin as sirias, e sia liberdade, non a permite o islam[103].


26.-  Ten razón Kapuscinsky cando afirma que o feito de que os países musulmáns garden as maiores reservas petrolíferas do mundo avivece as tensións entre Occidente e o islam, dúas culturas que por outra parte non encaixan[104].  Non se trata só de Iraq, Irán ou Arabia Saudí, pois as outras grandes reservas están en Azerbaian, Turkmenistan ou Kazajstán, terras islámicas de Asia Central de falas turcas. Sen dúbida, Occidente hoxe depende en boa parte dese petróleo que ven de terras islámicas e polo que está disposto a loitar mais a loita entre o islam e a cristiandade ven de lonxe, é anterior ao uso do petróleo e ten séculos cheos de avatares e voceiros que agoiraban un porvir sombrizo mesmo entre nós. Hai comentaristas coma Carmona Choussat, que pensan que o conflito do século XX entre a democracia liberal e o marxismo leninismo é un fenómeno pasaxeiro e superficial en comparación coa relación continuamente conflitiva entre o Islam e o Cristianismo....
Na Romaría de Xelmirez de Otero Pedrayo, Lucas Arias, cabaleiro do Salnés di: 
Eu coñezo ben a mourindade [...] toda a Hespaña do sur ficará suxeita á relixión dos pagáns. Ten moi preto a Libia, formigueiro de xentes dispostas a caer-(sobre ela)- coma un pedrazo. Non se pode dicir de Murguía que tivese moita simpatía polo islam. No remate do seu Discurso nos Xogos Frorais de Tui, despois de lembrar que temos en Galicia os restos do celeste guerreiro inimigo da xente de Mahoma, escribe: os homes do Korán que inda erran como sombras polas terras de España, solo importan porque son un perigo e un estorbo… [105] .
O islam foi unha ameaza para Europa durante case mil anos, dende a súa chegada a España no 711, ata o derradeiro asedio de Viena en 1683. Foron derrotados por Charles Martel  preto de Poitiers no ano 732  mais non foi ata o ano 759 que foron expulsados da rexión de  Narbone que ocuparon case trinta anos.
Das súas conquistas só perderon España, Portugal e Sicilia, mais a loita continua é hai algo máis que intereses petrolíferos neste longo conflito. Cómpre non esquecer que foi a loita contra o invasor musulmán o que levou os europeos alén das súas fronteiras. Despois de reconquistaren os seus propios territorios, escribe Bernard Lewis, os cristiáns vitoriosos perseguiron os seus antigos inimigos polas rexións de onde viñeran, e ese  mesmo pulo levou  a portugueses e españois a África e máis alá, a Asia e América. Para os islamitas a yihad esixe recuperar para o Islam as terras que foron súas e iso quere dicir que o perdido Al Andalus ten que ser recuperado dun xeito ou doutro. No seu libro , La Yihad en Españala obsesión por recuperar Al-Andalus, escribe Gustavo de Arístegui:

...
la reconquista de Al Andalus, es decir, de casi toda la península ibérica. Este sentimiento de profunda nostalgia hacia su pasado glorioso y perdido por culpa de los cristianos ha generado un profundo resentimiento hacia España por parte de los musulmanes conservadores, ultraconservadores, rigoristas, islamistas y hasta conversos que piensan sin excepción, que España y Portugal siguen siendo parte de Dar al-Islam...(además)...cuestión de la que no se habla lo suficiente, es que todos ellos consideran que América en general y la América Latina en particular serían islámicas de no ser por la apostasía colectiva de España. La Reconquista según ellos, evitó la islamización del Nuevo mundo y en su curioso análisis piensan que de no haber perdido Al Andalus su civilización habría sido la primera potencia mundial...[106]
        
Cando este libro foi escrito aínda Marruecos non reclamara a metade da recaudación da Alhambra de Granada (agosto 2011). Arístegui engade algo máis, unha curiosa teoría sobre a decadencia do islam debida a un ulema iraquíe que reside nos Estados Unidos. Segundo este ulema, Al-Alwani, foi o abandono da ijtihad (o razoamento lóxico) pola tuqlid, recitación, repetición, imitación, o que marcou a decadencia do islam e a perda de Al Andalus.


27.- Mil anos despois o formigueiro de xentes do que falaba Otero Pedrayo, segue aí preto, con mais azos de seren un pedrazo que os que tiñan os seus devanceiros. Hai máis de trinta anos que o arxelino Bumedian, sen invocar aínda o islam, dixo perante a Asemblea Xeneral das Nacións Unidas:

Un día millóns de homes abandonarán o hemisferio sur para irromper no hemisferio norte. E non virán precisamente como amigos [...] virán conquistalo e o farán poboándoo cos seus fillos. Será o ventre das nosas mulleres o que nos dará a vitoria.

Gaddafi non hai moito, antes de que comezaran os seus problemas e fora asasinado coa axuda da OTAN, lembraba ou repetía o mesmo discurso de Bumedian, agora islamizado, e sen autocensurarse dicía en Roma (agosto do 2010) que,  Europa ten que ser islámica: os 50 millóns de musulmáns (que viven en Europa) farán de Europa un continente musulmán en poucas décadas....e iso sen espadas nin conquistas. Abondará coa demografía. A taxa de remprazo e de 2,1 fillos por muller[107]. Hoxe, cada muller europea ten unha media de 1,4 fillos; a taxa de fertilidade de Grecia, Italia e España é a máis baixa de Europa, 1,2 mentres que Francia ten agora 1,9 aínda que nesa taxa van incluídos os nenos nacidos de matrimonios musulmás;  cada muller musulmá vivindo en Europa ten de media 3,5 fillos. En Holanda o 50% dos partos son de nenos musulmáns. En Bélxica o 25%da poboación  xa é musulmá. Dentro de 15 anos de seguir o ritmo actual a metade da poboación de Holanda será musulmá. En Niza, ou París, o 45% dos menores de 30 anos son musulmáns[108] e Marsella está a piques de se converter na primeira cidade francesa con maioría musulmá.  Mais cómpre diferenciar entre proxección e previsión . A proxección non ten en conta os cambios que poida traer o porvir que poden modificar o seu cálculo. Na previsión os cálculos si teñen en conta eses posibles cambios e de feito, a taxa das mulleres musulmás baixa de ano en ano entre as que viven en Europa que comezan a se comportar como as súas iguais europeas nativas.
Gunnar Heisonh, un sociólogo e demógrafo alemán, leva tempo con outros autores,  propoñendo unha teoría que explique o que está a suceder en Europa e os países islámicos dende un punto de vista emográfico: a youth bulge, .........
Velaí que ese día albiscado por Otero Pedrayo na Romaría dXelmirez, profetizado por Bumedian e Gaddafi, pode que xa chegara... É hoxe... Inzan as mesquitas en Europa e España, favorecidas polas relativistas autoridades locais e case sempre pagadas polo whaabismo de Arabia saudí que non permite erguer unha igrexa cristiá no seu chan. A liberdade relixiosa (occidental) permite a liberdade de culto, o que non permite ou non debería permitir, é que dende algunhas destas mesquitas se predique un discurso islamita radical. E radical é o presidente iraní, Mahmuh Ahmadineyad, que quere borrar do mapa o estado sionista ocupante de Xerusalén e si Deus o quere, di, seremos testemuñas dun mundo sen Estados Unidos e sen a entidade sionista e os países ou gobernantes que recoñezan a Israel terán que afrontar a ira da nación islámica e serán malditos de por vida. Hamás procura a aniquilación de Israel e no camiño, tamén a dos opositores de Al FatháAl Qaeda está en guerra con Occidente e a recuperación de Al Andalus, é unha arela que abrolla unha e outra vez nos seus comunicados sen que iso provoque moitos desacougos entre as xentes de Occidente. Moita xente en Europa pensa que sen os “erros e as agresións” dos Estados Unidos e os seus aliados todo volvería ao rego. Alain Finkielkraut chama a esta Europa Poncio Pilatos civilizado tentado por unha neutralidade de tipo helvético que non quere recoñecer que comparte cos Estados Unidos os mesmos inimigos mais aproveita o seu escudo militar... Pode ser...
Europa, di Christopher Caldweld, arranxou os seus problemas económicos temporais cun cambio demográfico permanente…

28.- As cousas semellan pois, que veñen de tempos máis antigos. Lepanto apenas foi un pouso sen moita importancia nesta longa loita. Kefudán Pachá, almirante turco ao mando da flota en Lepanto, informa ao sultán en 1571 despois da batalla: A flota do Imperio divinamente guiada atopouse coa flota dos malditos infieis e a vontade de Alá volveuse do outro lado.
Bernard Lewis[109] que recoñece que este informe militar pode ser considerado enxoito mais verdadeiro, considera que as cousas non cambiaron moito despois desta batalla, que foi considerada unha gran vitoria pola cristiandade mais un suceso menor polos turcos. De feito, aínda no século XVII gobernaban bajás turcos en Budapest e Belgrado e os corsarios berberiscos seguían a faceren as súas incursións contra Inglaterra, Irlanda e mesmo Islandia (tamén contra Galicia), nas primeiras décadas do XVII levando moreas de xente para o mercado de escravos de Arxel e un exército turco de 140.000 homes mandados por Kara Mustafa cercou Viena. Kara, segundo conta Nial Ferguson, mandou esta mensaxe aos sitiados:

!Aceptade o islam e vivide en paz baixo o sultán. !Ou entregade a fortaleza e vivide en paz como cristiáns baixo o sultán e se algún home así o quere, pode marchar pacificamente levando con el os seus bens!. Mais se resistides, entón a morte, o expolio ou a escravitude serán o voso destino...

Viena foi salvada polos polacos que mandados por Sebieski derrotaron aos sitiadores: Chegamos, vimos e Deus conquistou, dixo Sebieski lembrando a César[110].
Si Lepanto a penas contou, a derrota das nacións árabes por Israel en 1967 marcou o comezo do abalo do islamismo e o fin dos intentos dos gobernos máis ou menos laicistas ou filomarxistas achegados á URSS, que até entón gobernaban en Exipto, Siria, Iraq ou Arxelia e que perseguían e mataban os Irmáns Musulmans que querían impoñer a sharía. Os palestinos, que se opuxeron mesmo aos gobernantes dos países que os acolleron, como en Xordania e Líbano, convertéronse no exemplo a seguir, ao que axudou o inesperado triunfo de Jomeini en Irán cando as nacións occidentais agardaban unha revolución esquerdista. Como di Gilles Kepel[111]alí onde as chancelerías occidentais esperaban que xurdira un esquerdista con keffit, foi un muláh con turbante quen collía o kalachnikov. Houbo dous momentos que foron dúas feridas inesquecibles na historia islamita,  Atartuk e  Israel, e dous tempos de cambio, Afganistán e Irán.


29.- Occidente ten moito que ver coa situación de hoxe. Moitos gobernos nos tempos da guerra fría viron nos islamitas unha forza que podían opoñer aos revolucionarios esquerdistas. Os americanos apoiaron os muyaidines contra os comunistas afgáns e os rusos; Nasser perseguía os islamitas mentres tivo o apoio dos soviéticos mais Sadat cambiou as súas alianzas e liberou os islamitas que o mataron; Pakistán acolleunos para se opoñer aos comunistas afgáns e aos socialistas laicos hindús; os franceses pensaron tamén que poderían amolecer con eles as revoltas esquerdistas en Arxelia, e mesmo os israelitas foron moi tolerantes cos islamitas en Gaza pensando que estes serían mais aturables que os marxistas palestinos. Foi un erro enorme, di Paul Berman, aínda aceptando que é cousa doada recoñecer este erro retrospectivamente. O erro é maior, engade Berman, se nos decatamos que daquela os mesmos islamitas non tiñan moi claro cal ía a ser o seu camiño político, mais foi nese momento cando chegou Jomeini[112].


30.- A loita milenaria continúa, mais o seu feitío non é o mesmo. Agora non hai exércitos ou flotas imperiais enfrontadas como en Lepanto, senón infiltración calada e terrorismo islamita integrista-fundamentalista. O antigo inimigo está hoxe na retagarda e vive ademais en moitas ocasións da seguridade social. Sen dúbida, os terroristas islámicos son poucos pero dispostos a matar e morrer en nome dunha visión do islam fundamentalista que moitos esquerdistas interpretan tamén como antiimperialista.
Terrorismo é calquera acción armada contra poboación civil desarmada non combatente, ou si se quere unha definición mais polo miúdo a de Luis de la Corte Ibáñez é axeitada:

Unha sucesión premeditada de feitos violentos e intimidatorios exercidos sobre poboación non combatente deseñados para influír psicoloxicamente sobre un número de persoas moi superior ao que suman as súas vítimas directas e para atinxir algún obxectivo, case sempre, de tipo político[113].

Os estudos sobre o terrorismo e os terroristas son moi numerosos e abranguen dende teorías psicopatolóxicas ata determinantes económicos, sociais, políticos, relixiosos, que non sempre acaen cos feitos que procuran explicar.
O islam abeirou un novo tipo de terrorista: o terrorista suicida. En 1983 un camión cheo de explosivos conducido por un suicida de Hezbolá matou centos de soldados americanos e franceses no Líbano. Era o comezo dunha forma de loita que axiña tivo moitos seguidores islámicos ou non. Os Tigres Tamiles, os Tigres Negros de Sri Lanka, foron os primeiros que copiaron a táctica suicida que de contado seguiron tamén organizacións terroristas chiitas ou sunnitas, HamásYihad IslámicaGIA, ou Al Qaeda e os grupos relacionados, mentres os grupos terroristas occidentais empregaban tácticas non suicidas mais non menos mortíferas. No seu libro Morrer para ganar, publicado en 2005, Robert A. Pappe, recolleu todos os atentados suicidas dende 1980 ata 2003, 315 en total, e de xeito curioso, ata ese ano, eran os Tigres Tamiles, hindús da rexion norte de Sri Lanka de ideoloxía laica marxista-leninista que loitaban contra a maioría budista cingalesa do sur,  os que cometeran o maior número de atentados suicidas, 76, maís que Hamás. No seu momento de maior presencia, os tigres tamiles dispuñan de máis de 10.000 guerrileiros dos que catro mil eran mulleres. Unha destas mulleres, Dhanu, que supostamente perdera a súa familia asasinada polas tropas de pacificación hindús, foi a que asasinous a Rajiv Ghandi en Madrás, por vez primeira cun cinto explosivo que de xeito profético aparecera anos antes nunha novela de Frederick Forsyth, O negociador e que despois dese atentado foise convertendo case na fotografía obrigada dos mártires suicidas de calquera lugar do mundo.
Non é o mesmo o suicida que atenta contra un inimigo político ou relixioso determinado que os que masacran inocentes. O islam ten devanceiros de sona para esta nova forma de loita. Segundo algúns relatos dos que hai dúbidas sobre a súa verdade, o asasinato político no islam comeza nos tempos de Mahoma, en Medina, cando os seus seguidores matan a unha  muller, Asma bint Marwan, e a dous poetas, Abu Afak e Kaab ibn Áshraf, que facían versos que supostamente aldraxaban a Mahoma. Os jaredchíes azraqíes que practicaban os asasinatos relixiosos xa no século VII, os asasinos do vello da montaña, os haschissins, e tamén os juramentados da loita contra España e os Estados Unidos nas Filipinas que hoxe o Frente Moro reivindica como yihadistas, son devanceiros coñecidos destes “novos métodos” nos que hai que incluír ao Sansón hebreo que morre levando con el a todos os filisteos que o deixaran cego (Xuíces 16, 30). O feito de que a tentación terrorista estea presente dende moi cedo en países islámicos moi diferentes, é para Delcambre, a proba de que a torgueira orixinaria da que abrolla o terrorismo está nos textos fundacionais.
Hai case vinte anos, nunha entrevista na revista Vardar, dicía Amir Taheri[114], un xornalista persa no exilio, falando do terrorismo islámico que considera islamofascismo:

O terrorismo nacionalista, comunista ou maoísta, quere impoñer o seu punto de vista derrubando o goberno existente e creando outro [...] o terrorismo islamita non acepta na súa totalidade o mundo contemporáneo [...] quere destruílo. Non quere negociar nada nin sequera pola forza [...] o islamismo é a visión oriental do fascismo: culto a personalidade, encadramento dos nenos, terror [...] matar e ser matado é o deber supremo de todo musulmán [...] (os terroristas occidentais), non arriscan a súa vida porque queren conquistar o  poder [...] non queren ir  paraíso como os islámicos que se pasean coa chave do paraíso feita en plástico en Taiwan, pendurada do colo...

Hoxe, vinte anos despois, é André Glucksman[115] quen repite os mesmos argumentos. As ideoloxías positivas, as que propoñen unha utopía, están mortas, (o marxismo, o nazismo)só queda a súa faciana destrutiva, e o islamismo non pretende construír ningunha nova sociedade. En Europa, o odio a América, a Bush, non é porque se crea que é Deus senón porqué non é Deus. Somos, di Glucksman, como adolescentes que descubrimos que os pais non son todopoderosos, non son protectores de abondo, son vulnerables así que votámoslle a culpa de todo aos americanos, que merecen o que lles pase, e pensamos que así seremos menos vulnerables. Claro que un inimigo dos Estados Unidos non pode ser malo de todo aínda que estea cheo de sangue [...] que desgraza para un pobo seren masacrado por unha potencia distinta dos Estados Unidos [...] o seu exterminio desenvólvese diante da indiferenza xeneral...[116].   


31.- Nesta historia hai datos que non cadran. Ser unha persoa culta, vivir en Occidente, ter familiaridade coa ciencia non inmuniza contra o fanatismo suicida. O fundamentalismo que case sempre se asocia á importación dunha cultura é na idea de Olivier Roy unha consecuencia da crise das culturas, de desarraigo da cultura de orixe e non arraigo na cultura de adopción. Foron varios médicos musulmáns que traballaban en Gran Bretaña, os que quixeron atentar con coches bombas contra o aeroporto de Glasgow e o centro comercial de Londres. Mohamed Sidique Khan, un dos suicidas responsables da masacre do metro de Londres, naceu en Leeds de pais de orixe pakistaní e licenciouse en Económicas na súa Universidade. Muhamed Bouyeri, o asasino do cineasta holandés Theo van Gogh, naceu e se criou en Amsterdan. Bouyeri asasinou a Theo Van Gogh non por razóns de loita cultural senón por “blasfemo”[117] mais non se pode esquecer que o asasino de Pim Fortuyn dous anos antes, un político que loitaba contra a islamización da cultura holandesa, fora un holandés de nacencia e cultura cristián e defensor dos animais[118]. A cultura de Bouyeri  era tamén holandesa. Apenas coñecía algo da súa cultura magrebí de orixe pero en Holanda o asasinato foi percibido como un choque de culturas, e inferiron que con “esa xente” non se podía convivir porque tiñan unha cultura distinta. Velaí as razóns de Charles Maurras, hai xa moitos anos, (e de Oriana Fallaci)  cando  se definía como unha “ateo católico” defendendo o cristianismo como cultura sen fe, como un marcador de identidade xa non relixioso: as relixións convértense an ámbitos culturais cando deixan de ser cridas, dicía Gunther Anders. Algo semellante cóntase do hindú que puxo un supermercado en Belfast no tempo da “guerra”,  xusto nun local da rúa que dividía o barrio católico do protestante e na que compraban as dúas comunidades. Un día entrou un encarapuchado no local, púxolle unha pistola no peito e preguntoulle se era católico ou protestante. Son hinduísta respondeu o hindú . Si, si... mais, hinduísta católico ou hinduísta protestante dixo o encarapuchado[119]. Os dezanove terroristas do 11 de setembro segundo Karen Armstrong, unha antiga monxa católica experta (e simpatizante) do islam, non serían fundamentalistas típicos, senón algo diferente. Pode que eles mesmos se consideraran seguidores de Ben Laden mais non seguían coma este un xeito de vida musulmá tradicional. Algúns deles, segundo Armstrong, (e o dato semella errado), bebían alcohol a miúdo e mesmo denantes de embarcar beberon vodka e non eran descoñecidos nos clubs da noite de Hamburgo. Chegar ao Paraíso cheirando a alcohol non semella ser un xeito apropiado para que se lle abran as portas, engade Karen Armstrong, que xustifica este comportamento así:

Os secuestradores semella que se afastaron moito da ortodoxia e non só porque desobedeceron as normas básicas da relixión que xuraron defender, senón tamén porque esmagaron os principios que moven o fundamentalismo tradicional...

Para Armstrong comportáronse como os profetas revolucionarios da Inglaterra do século XVII que defendían unha forma de “pecado santo”:

Os períodos históricos nos que viviron eran tan difíciles que cumpría algo tamén radicalmente novo [...] os vellos valores xa non servían [...] tiñan que procurar unha nova lei, unha nova liberdade que só se podía acadar negando as normas antigas...[120].

Non todos os analistas comparten estas razóns. Moitos pensan que isto obedecía a unha estratexia agochadora que procuraba a mestura coas poboacións de Occidente para conseguir o seu fin terrorista sen chamar a atención. Comportarse coma un occidental permitíalles afastar deles as sospeitas que espertarían os fundamentalistas que vestían roupas tradicionais ou amosaban as súas ideas no mesmo berce das sociedades de Occidente ou nin sequera iso. De feito, o moi traballado libro de Terry Macdermott, Perfect Soldiers, conta unha historia moi diferente da que conta Armstrong. Os islamitas  do grupo de Hamburgo, escribe Macdermott, non aturaban os costumes da sociedade na que vivían. Mohamed Atta, que esnafrou o avión contra as Torres Xemelgas, nacera no delta do Nilo nunha familia onde un pai ambicioso, circio  e ríxido impoñía unha lei que non consentía desacordos e que se sentira ofendido pola o que el entendía occidentalización de Sadat co que entrou en Exipto a economía capitalista. Aos dez anos a familia marchou a vivir a O Cairo. Naquela casa, dicían amigos e veciños, non entraba ninguén. Era unha casa de estudo onde non se xogaba, non se recibían visitas e onde as dúas fillas e o fillo Atta, non tiñan amigos coñecidos. Era unha casa pechada sobre si mesma. As dúas irmás de Atta, Azza e Mona, aínda non había tanta presión islamita, fixeron carreiras destacadas, unha coma cardióloga e outra como profesora de zooloxía. Atta non acadou o nivel das súas irmás, mais rematou a carreira de arquitecto no nivel medio e como sabía alemán, foi becado para Hamburgo para faceren un doutorado. Daquela os árabes simpatizaban cos alemás, xa que Alemaña fora a única potencia europea que non colonizou ningún país árabe e foi aliada de Turquía na Gran Guerra. Foi en Hamburgo, unha cidade con sona de libertina, onde Atta se fixo islamita. Todos os sucesivos compañeiros de traballo e estudos sabían que había algo estraño en Atta. Esquecía comer ou comía calquera cousa (“comer é aburrido”); non tiña sentido do humor; podía ser cortés, mais xamais agarimoso; a música era para el cousa do demo; non gorentaba dos deportes: era alleo a calquera pracer, dicía del un compañeiro de curso. Tiña  coas mulleres os mesmos medos e reticencias que tiña Qutb, e mesmo unha muller cunha camiseta sen mangas dáballe noxo e daba un longo rodeo para non pasar pola rúa principal que levaba á mesquita xa que estaba chea de sex shops e prostitutas . Nas poucas ocasións nas que conversaba con algún cristián, remataba a conversa dicindo: Si, mais o que está escrito no Corán é a verdade e o máis importante, é a única verdade...[121].


32.- Hai outros datos sociolóxicos non propiamente relixiosos que cómpre ter en conta. Os países islámicos teñen todos eles unha demografía que medra a eito. Iso quere dicir que moreas de xente nova, case sempre desempregados, ateigan os arrabaldes das cidades. A reinvención do islam neste escenario urbano moderno e impersoal, tíngueo dun rigor ideolóxico que non tiña no mundo rural[122]. Huntington, no mesmo rego, insiste nalgunhas razóns que opoñerían o islam a Occidente: o inzar da poboación musulmán, (mais do 20% ten menos de vinte anos e case todos están desempregados ou emigrados a Occidente); o rexurdir islámico avivecido polos feitos de Afganistán, de Irán, a existencia de Israel etcétera; o esforzo de Occidente por universalizar os seus valores o que fai medrar os resentimento; o afundimento do comunismo, inimigo común do islam e do Occidente que os deixou fronte a fronte sen alternativas; a mestura e convivencia de hoxe en día, que leva a afirmación da identidade propia. O petróleo, sempre invocado, ten sen dúbida a súa importancia, mais hai algo máis nesta historia que o petróleo non explica. Cando Mahoma encetou a expansión do islam coa espada na man non había petróleo ningún polo que loitar. Huntintong afirma que mentres o islam siga a ser o islam, e así será, e Occidente a ser Occidente, o que é moito mais dubidoso, a loita entre as dúas culturas se manterá e cómpre se decatar que os islamitas non atacan a Occidente porque teña unha relixión diferente, senón polo seu laicismo, pola ausencia de calquera relixión no cerne da súa sociedade ou como di Enzensberger, porque son perdedores radicais. Os libros traducidos ao árabe dende os tempos do califa Al Mamun, hai 1.200 anos, non chegan aos libros que se traducen en España nun só ano aínda que iso non vale para turcos e iranianos que si fan traduccións de abondo[123]; en canto a liberdade política, educación, prosperidade económica ou situación da muller, os 22 países árabes están nos últimos postos mundiais; unha de cada dúas mulleres árabes non sabe ler nin escribir; nos derradeiros 400 anos os árabes non lograron ningún invento técnico merecente de atención. Sen as rendas do petróleo di Enzensberger, os resultados económicos árabes terían hoxe menos importancia que os de un só grupo telefónico finlandés. Por se non abondara, dende 1976 emigraron, sería mellor dicir fuxiron, dos países árabes o 23% dos seus inxenieiros, o 50% dos médicos é o 15 % dos científicos:
Todo o que cómpre no Magreb e no Oriente Próximo para a vida cotiá, cada frigorífico, cada teléfono, cada parafuso, por non falar da alta tecnoloxía, ven de fora, de Occidente,  e representa unha humillación para calquera árabe capaz de razoar[124].
Para moitos destes analistas hai razóns endóxenas no mundo islámico para explicar o seu atraso: os preceptos do Corán son unha trampa teolóxica...son obviamente incompatibles coas normas constitucionais da modernidade... Bernard Lewis pensa que o islam nunca estivo preparado nin na teoría nin na práctica, para proporcionar plena igualdade a aqueles que tiñan outras crenzas e practicaban outras formas de culto. Magdi Allam, subdirector do Corriere de la Sera, que abandonou o islam e foi bautizado polo Papa no Vaticano, hai anos que está ameazado de morte polos islamitas. Para Allam, o Corán, a obra e as palabras de Mahoma, son incompatibles cos valores fundamentais da nosa civilización occidental. Pensa que non é posible reformar o islam dende dentro xa que está concibido para ser intocable, inmodificable e polo tanto non interpretable. Para Allam, Occidente está enfermo de relativismo nos planos cognitivo, cultural, relixioso e ético, e non quere saber  que hai en marcha unha guerra mundial globalizada desencadeada polo terrorismo islámico e dirixida a impoñer o seu  poder a través dunha sorte de califato globalizado[125].
Sociedades como a xaponesa, a coreana ou a china, asoballadas por potencias alleas, foron quen de repoñerse e desenvolverse sen ter que permanecer fixados aos laios teimosos que apoñen a turcos, mongois, cruzados, españois, británicos, rusos ou a Occidente e os Estados Unidos as razóns da súa dependencia actual[126]. Un informe da ONU de 2002 recoñecía que hai nas sociedades árabes tres grandes déficit que atrancan o desenvolvemento económico: déficit de liberdade, de coñecementos e de igualdade. Dos tres sería o déficit de liberdade a fonte de onde abrollarían os outros dous, incluíndo a falta de liberdade da muller para decidir sobre a súa propia vida. O Corán non é un libro para meditar, escribe Enrique de Diego, senón para recitar. É algo que se memoriza e non pode ser criticado nin debatido, o que imposibilita, ou polo menos fai complicada, a evolución e tirar del os moitos valores humanos e relixiosos que poderían ser incorporados a unha ética humanista[127] .
Con todo, non faltan os estudosos do islam que agoiren un islam tolerante e reformado, democrático...dentro duns séculos[128]. Pode que sen ser conscientes apliquen estes estudosos o vello e errado aforismo de von Haeckel segundo o que a ontoxenia recapitula a filoxenia. Aplicada as civilizacións, o islam aínda tería que pasar a súa ilustración, renacemento, romanticismo, industrialización, modernidade etcétera etc para chegar a algo semellante ao que hoxe é Occidente. Sen dúbida, iso leva séculos... .
33.- Os fundamentalismos son formas defensivas de espiritualidade. Van contra o laicismo que sobrancea en boa parte das sociedades de hoxe, que é tanto como dicir, que van contra Occidente, e os gobernantes musulmáns occidentalizados, mais en Occidente non son moitos os periodistas e políticos que vexan no islam unha ameaza e son moitos menos os que empregan un estilo defensivo sen concesións. Europa, e moitos dos seus políticos e periodistas, teñen medo de estas xentes islamitas capaces de morrer matando a non importa quen por un suposto aldraxe que en Occidente non sería merecente nin dun recuncho nun xornal nas súas páxinas interiores. Oriana Fallaci[129] non foi un deles. Non só nos seus libros, senón tamén nos seus artigos, as súas opinións non fan ningunha concesión aos que pensan que é posible a convivencia de Occidente co islam. Moitos analistas e tamén o Presidente Obama, diferencian islamismo e islam e consideran que o problema está nos primeiros, mentres que non habería problemas de convivencia co islam. Unha  división semellante dáse entre os que pensan que o problema é político e os que pensan que é teolóxico. Para Fallaci e moitos coma ela, trátase de teoloxía: é o Corán o problema:

É no libro sagrado do Islam onde se fala dos infieis coma cans aos que hai que acantazar, lapidar, degolar[...]; é o Corán o que empurrou os seus seguidores a unha guerra de conquista durante 14 séculos; é o Corán o que é incompatible co laicismo e a democracia, e os [...] europeos seguen sen decatarse de que están recibindo como amigos a xentes que nos aldraxan, mais que non queren volver aos seus países porque aquí teñen seguridade, traballo, liberdade...[130]

Fallaci citaba a enquisa feita polo Daly Telegraph en Gran Bretaña despois dos atentados do 7 de Xuño: o 24 % dos musulmáns ingleses senten simpatía polos sentimentos e motivos que levaron ao masacre dese día; o 46 % dos moderados comprende o comportamento dos terroristas; o 32 % pensa que os musulmáns teñen que poñer fin a decadente civilización occidental e un 14 % confesa que non advertiría a policía si soubera de alguén que preparase un atentado. Outra enquisa feita por Gallup entre os anos 2001-2007 na que foron entrevistados 50.000 persoas en 35 países musulmáns revelou que  o 37 % dos entrevistados xustificaban completamente, ou en boa medida os atentados do 11-S[131] . De seren certas, son cifras que impoñen, e o porvir dependerá dos que non mostren simpatía polos terroristas islámicos, e dicir, dos islámicos, non dos islamitas. O problema é que non sempre é doado saber quen é quen. É certo que a maioría dos musulmáns desaproba o radicalismo islámico, mais: onde trazar a liña que arreda o radicalismo fundamentalista e o islam, pregúntase Jean Sévillia. Unha enquisa do Pew Reserach Center,  informa de que o 16 % dos musulmáns aproba os atentados suicidas. Xa que en Francia hai arredor de sete millóns de musulmáns, di Sévillia, iso quere dicir que 90.000 musulmáns aproban os atentados de Nova York, Madrid e Londres, cifra na que cómpre pensar[132]. O medo europeo non é só medo do terrorismo é tamén, medo de que o inzar islámico en Europa cambie a maneira de vivir e desbote como refugallos as ideas ilustradas que tanto custaron lograr.Entre os anos 2001-07 o instituto Gallup fixo unha enquisa en 35 países musulmáns nas que entrevistou a 15.000 persoas escollidas de xeito aleatorio para que foran representativas do mundo musulmán.O 7% dos enquisados (hai 1.300 millóns de musulmáns no mundo) pensaban que os ataques do 11 de septembro estiveron completamente xustificados. Si se engaden aqueles que consideraban que estiveron moi xustificados e os que pensaban que de algún modo xustificados, a cifra chega ao 37% [133]
Non hai moito camiñaron por Internet unhas fotos dunha suposta manifestación que baixo o nome  Religion of peace, Demostration in London acontecera en Londres. As pancartas tiñan mensaxes moi claras: Islam will dominate the world; Europe take some lesson from 11M; freedom go to hell; behead (decapitade) those who insult Islam; exterminate those slander (difamen) Islam... As fotos non correspondían a esa suposta demostration mais eran verdadeiras e foron tomadas en febreiro do 2006 en dous días e lugares distintos co gallo das protestas contra os debuxantes daneses que tiveron lugar diante dalgunhas embaixadas europeas. Algúns dos manifestantes foron despois detidos e algúns líderes musulmáns do Reino Unido rexeitaron os textos e a conduta dos manifestantes. Pódense tolerar este tipo de manifestacións que predican a aniquilación de Occidente?...
As cousas semellan seren unha miga diferente en Francia, onde viven  sete millóns de musulmáns. En 1990, conta un profesor de Marsella, o xaxún do Ramadán era anecdótico no seu colexio. Hoxe só 25 dos 600 alumnos non o seguen. Segundo o xornal francés  Le Figaró, o 70 % dos musulmáns en Francia en 2007  cumpre o xaxún no Ramadán , un 10 % máis que en 1989 e os non practicantes sofren cada vez máis presións do seu medio social para que o cumpran. As cifras seguen medrando. Jean Sévillia aporta novos datos no seu derradeiro libro[134]: Hoxe   cidades como Roubaix os musulmáns son o 50% da poboación; o 25 %  en Marsella; preto do 15% na rexión de París. Hai 2.100 mesquitas en Francia e unha enquisa de hai pouco, mostra que o 49 % dos musulmáns nunca van á mesquita pero o 88 % fan o xaxún do Ramadán, as cinco pregarias e dan a esmola  cando só o 69% o facían en 1989 e hai 3.000 conversións cada ano en Francia.
Oito de cada dez musulmáns franceses pensan que non hai conflito entre a práctica do islam e o feito de vivir nunha sociedade moderna e desexan adoptar os costumes franceses, cousa que só queren tres de cada dez musulmáns ingleses, mais moitos destes “franceses” cando se lles pregunta pola súa nacionalidade din musulmá ante o abraio de moitos esquerdistas laicos que nos anos 80 defenderon os dereitos dos pais destes rapaces a ser coma os demais franceses, contra os lepenistas que afirmaban que esa igualdade era imposible pola diferenza cultural. Hoxe, escribe Olivier Roy, moitos antigos “asimilacionistas” de esquerda están moi preto das ideas dereitistas. As diferenzas abaixan moito cando se sabe que o 16% dos musulmáns franceses aproban o atentado contras as Torres Xemelgas[135].
Sen dúbida hai motivos para se preocupar nestas enquisas e manifestacións. Fallaci negábase a non tirar as evidentes conclusións que agromaban nelas sabendo, denantes da súa morte, que estaba ameazada por denuncialo. Cómpre lembrar que moitos anos despois da fatwa de Jomeini aínda segue a vivir agochado Salman Rusdhie, Theo van Gogh  foi asasinado por dicir menos cousas das que di Fallaci, unha caricatura nun periódico danés fixo estoupar unha revolta que queimou igrexas e bandeiras, e provocou mortos, unhas palabras do Papa nas que dicía que non era  conforme a razón  espallar unha relixión ao través da guerra santa, provocou liortas semellantes. A tumba do Dante foi profanada hai uns anos, hai que supoñer que por islamitas, que leran os versos nos que un Dante “fundamentalista” no canto XXVIII do Inferno de A Divina Comedia,  condena a Mahoma a ser esgazado de arriba abaixo, unha e outra vez  por un demo cunha espada[136].
¿Haberá que eliminar estes versos da Divina Comedia como os versículos de Rusdhie?... ¿Queimar a obra Mahomet le prophète de Voltaire escrita en 1741?. Sen dúbida non faltarían dirixentes dispostos a negociar se houbera reciprocidade, mais... eliminarán ao tempo os islamitas as súas ofensas a Occidente?...¿ haberá algún día igrexas en A Meca como hai mesquitas en Roma?...
En España o mito da convivencia das tres culturas nos tempos do Al-Andalus está moi espallado. Segundo Serafin Fanjul, catedrático de literatura árabe da Universidade Autónoma de Madrid que, non semella padecer a síndrome do especialista que se volve cego para toda crítica daquilo no que é un experto, isto é un erro. Se hai que facer algunha comparanza, di o monfortino Fanjul, sería co sistema de apartheid surafricano, e abondaría para demostralo a consulta dos textos da época. Pensa como Fallaci, que o problema da difícil convivencia está no mesmo Corán e non esquece criticar o relativismo ignorante de boa parte da esquerda do país: ¿Cando a esquerda española herdeira dos complexos e tabús da guerra civil será quen de asumir a nosa historia ou polo menos de lela?[137]Mesmo un país como Marruecos, que non é dos máis fundamentalistas, leva tempo expulsando cristiáns do seu territorio por facer proselitismo e quebrantar a fe musulmana, e iso como mal menor, xa que poderían procesalos porque as dúas acusación están tipificadas como delito nas leis marroquís, sen que o feito de que Marrocos poda erguer as mesquitas que lle pete en calquera lugar de Occidente importe algo. Hai no momento de escribir estas páxinas unha muller en Irán a piques de ser acantazada até a morte por cometer adulterio...


34.-  Preto e ao tempo lonxe das ideas da Fallaci, Méndez Ferrín, pensa que hai somentes unha única civilización:
 A física, a química, a bioloxía, a matemática, o socialismo, o liberalismo, son universais. Só hai unha Civilización [...] Houbo moitas revelacións divinas ao longo dos séculos que explicaban o mundo, lexitimaban o sistema de clases, consolábanse da morte e pensaban poder ser curados das doenzas mais hoxe, calquera médico do mundo curará as doenzas do mesmo xeito (...) Hai un millón de crenzas pro só hai unha Civilización. Logo está o ateísmo, a ausencia de crenzas, a confianza na razón humana para explicar e transformar o mundo. Esta actitude é tamén universal e non recoñece fronteiras [...]  De modo que o diálogo de civilizacións que propón Zapatero é algo que este cronista non comprende. Esquecíame de dicir que a liberdade de expresión é tamén un principio de validez universal no que se inclúe o dereito a pensar, soster e divulgar que a relixión é un opio para o pobo.

O islam como relixión que se quere universal, pretendeu sempre chegar ao mundo enteiro ao igual que o  cristianismo, mais esta pretensión era combatida por outras relixións o que limitaba a súa expansión. O Occidente de hoxe secularizado e tamén en boa medida negador das súas orixes cristiáns, perdeu o seu cerne relixioso o que permite que o espallamento do islam sexa hoxe moito mais doado xa que o tolerante laicismo non ten ese grao de fanatismo preciso para loitar con eficiencia contra o fundamentalismo islámico.


35.- No amplo repertorio das mortes e matanzas por ideais pódense diferenciar tres tipoloxías: os que matan, os homicidas étnico-ideolóxicos (xenocidas nazis, stalinistas, camboxanos, serbios, croatas, etc); os que morren sen matar (os mártires cristiáns ou budistas) e os que morren matando (os terroristas suicidas). Khosrokhavar chama a estes dous últimos tipos, mártires defensivos e mártires ofensivos, entendendo por mártir, o sacrificio de si mesmo por unha causa sagrada.
Habería pois:

1.
-   MÁRTIRES DEFENSIVOS. Morren pola defensa dun ideal. Non matan: (cristiáns, bonzos budistas). Hai dúas variantes: morren por man de outros (os cristiáns por exemplo) ou por propia man, (auto-inmolación dos bonzos budistas).

2
.-     MÁRTIRES OFENSIVOS
2.1-  Tipo Kamikaze. Defensa do seu país. Non atacan poboación civil. Só obxectivos militares.
2.2.-    Tipo palestino. Defensa do seu país. Pode atacar poboación civil indefensa.
2.3.- Tipo Al Qaeda. Defensa dunha civilización e dunha relixión. Ataca  poboación civil indefensa e obxectivos militares.

3.-  HOMICIDAS ÉTNICO-RELIXIOSOS.
 Poden asasinar poboación civil indefensa; non se suicidan (nazis, purgas stalinistas, ETA, IRA)

O mártir defensivo refuga a violencia contra os demais. Quere dar testemuño da súa verdade mesmo chegando a morrer por ela. No budismo de non hai moitos anos, algúns monxes queimáronse vivos como forma de protesta. No cristianismo dos primeiros séculos este tipo de martirio era moi común. Xurdiu no solpor do Imperio Romano provocando abraio entre os pagáns que non eran quen de enxergar un comportamento tal nunha sociedade onde o politeísmo ofrecía a posibilidade de render culto a non importa que divindade mentres se respectasen os cultos oficiais e se respectara ao César. Os cristiáns negábanlle ao César ese respecto e mesmo chegaron a buscar o martirio provocando ás autoridades romanas por camiños hoxe pouco comprensibles. Hai unha diferenza entre a autoinmolación dos monxes budistas e a dos mártires cristiáns, No caso dos cristiáns non se inmolan pola propia man senón que morren por man allea na defensa da súa fe. Os budistas mátanse eles mesmos mais nos dous casos trátase de testemuñar unha fe ou unha protesta contra unha situación inxusta.
Ao contrario que o mártir defensivo, o mártir ofensivo procura a morte do inimigo coa súa propia morte, mediante a violencia lexitimada pola relixión. Hoxe hai no mundo 32 grupos terroristas en 28 países que empregan este “método”[138]. Segundo Khosrokhavar, hai dous tipos de mártir ofensivo: os que loitan e morren matando por unha causa nacionalista, sacralizada ou non polo islam, (os palestinos, os chechenos, os tamil, os persas) e os que o fan nun contexto panislámico sen unha referencia nacional determinada. Hai unha diferenza importante entre eles que explicaría o porqué a primeira muller mártir suicida foi unha libanesa cristiá, Lula Abbud, que fixo estoupar o seu corpo durante a ocupación do Líbano por Israel. O futuro mártir palestino, por exemplo, sente que é asoballado a cotío polo exército israelí e tamén pola autoridade palestina, mentres que os mártires del Al Qaeda, non sufriron eles mesmos ese asoballamento e moitos deles (10-20%) son conversos. .De feito non houbo nin hai palestinos en Al Qaeda nin houbo ningún estranxeiro nos atentados en territorio palestino-israelí. Os mártires palestinos ou tamiles identifícanse cunha nación e cunha cultura,  mentres que os de Al Qaeda semellan seren multiculturais. Non defenden unha terra nin unha orde política determinada; non dependen de ningún estado; non teñen unha vocación política primordial. Falan varias linguas, viviron en Occidente, viaxaron polo mundo, e teñen diñeiro. Non se identifican cun pais determinado. Hai unha evidente diferenza esencial entre os dous tipos, tanto no nivel do imaxinario, como do vivido e da cultura. Os do segundo tipo están abeirados a mundialización e a globalización. Atta era arquitecto urbanista licenciado na Universidade de Hamburgo que falaba alemán e inglés ademais do árabe; Ayman al Zawahiri, o segundo de Ben Laden, un médico exipcio; Haroun Fazil, a quen se lle apoñen os atentados contra os americanos en África do Leste en 1998, fala francés, swahili, árabe e inglés entre outras linguas. Para eles a loita é islam-Occidente. O terrorista suicida que esnafrou o seu coche cheo de explosivos contra os que levaban aos turistas españois no Iemen, (2007) preguntou primeiro se os viaxeiros eran “occidentais”. Tanto tiña que foran dun país ou doutro: eran de Occidente. Os ataques suicidas son os máis mortíferos e “rentables”[139]
Non é doado entender estes mártires. Matar a case 500 yezidies indefensos, nenos, vellos, mulleres e homes, un pobo de relixión preislámica do norte de Iraq facendo estoupar tres camións cheos de explosivos porque son infieis ou facer o mesmo nun partido de fútbol entre nenos de relixión islámica matando a case todos eles por seren chiitas ou suníes, que tanto ten, ou nun mercado onde so hai xente civil facendo compras, ou utilizar como mártires suicidas a dúas mulleres con a síndrome de Down, é algo que desafía a nosa capacidade de comprensión, e sen entender, as cousas non van polo rego. Baumesteir lembra que os terroristas adoptan categorías moi amplas de inimigos. Si se cinguiran ás autoridades no cumio dos gobernos, terían moitos atrancos para cometer un atentado xa que atinxiría tamén a vítimas inocentes mais se a categoría inimigo abrangue a todos aqueles que non se opoñen activamente a estas autoridades ilexítimas, xa se poden poñer bombas nos espazos públicos pois xa non hai “inocentes” [140].


36.- Os kamikazes xaponeses tiñan moitas semellanzas cos terroristas islámicos e  tempo moitas diferenzas. Son mártires ofensivos en canto que morren matando; non ían ao paraíso, mais os que morrían no combate eran divinizados no santuario de Yasukuni onde pasaban a ser eireis, kamis, divindades xintoístas. Sen dúbida aseméllanse aos mártires do primeiro tipo de Khosrokhavar xa que se suicidan matando na defensa do seu país mais hai unha grande diferenza. Takeo Tagata, que foi instrutor de pilotos kamikaze, afirmaba alporizado aos seus 86 anos que os pilotos tokko (kamikazes) non matan xente indefensa; combaten no aire de home a home.  Hichiro Naemura, outro instrutor, lembraba que os kamikazes non violaban ningunha lei internacional nin a convención de Xenebra:”!en absoluto foron terroristas!”. Loitaban contra inimigos moi poderosos ben armados e con capacidade para abatelos e os seus obxectivos eran sempre militares. Case todos eles tiñan formación universitaria; algúns eran cristiáns; a maioría deixaban cartas de despedida nas que non se atopa un gromo de patoloxía, senón afagos e agarimos para os seus pais, mulleres e fillos e orgullo por poder prestar ao seu país un servizo. Moitos pensaban que coa súa morte pagaban o gimu e o giri[141],  as súas débedas cos seus pais, o colexio, os amigos, esas débedas que a cultura xaponesa considera esenciais. As dúas relixións do Xapón, xintoísmo e budismo, tiñan e teñen funcións diferentes: o budismo axudaba os cidadáns a aturar as decepcións, as mágoas e a lograr acougo fronte as adversidades da vida e a inestabilidade do universo; o xintoísmo inculcaba a reverencia aos devanceiros e ao Emperador...[142]
O que máis portén ten con Al Qaeda sons e cadra, os anarquistas de finais do XIX e principios do XX que en poucos anos asasinaron ao presidente McKinley nos Estados Unidos, a emperatriz de Austria e ao rei de Italia. Como Al Qaeda, non tiñan unha central. Eran grupos autónomos de amigos ou compañeiros de traballo, mesmo individuos illados os que facían os atentados dentro dunha estratexia xeneral sen xerarquías nin organizacións. O discurso do sucesor de McKinley, Theodore Roosevelt é case o mesmo discurso de Bush despois do 11-S. A mensaxe do noruegués que asasinou a 79 persoas en Oslo, máis alá de ideoloxías é claro: un home só, sen ningunha axuda nin vínculos con ningunha organización, pode facer un dano inmenso sen que sexa posible detelo.
  


37.- Umberto Eco advirte que non abonda co recurso ao integrismo ou fundamentalismo para comprender estes comportamentos. Cómpre ademais  prestar atención á psicoloxía destes suicidas ofensivos, xa que o instinto de conservación atinxe a todo mundo, budistas, cristiáns, comunistas, islamitas ou idólatras, e para superar ese instinto non chega co odio ao inimigo senón que e preciso comprender como é a personalidade destes “kamikazes”: pode que non chegue pechar a mesquita para amolecer a pulsión de morte que se cadra preexiste en certos individuos que seguirán circulando...[143].
Todos os terroristas islámicos son fundamentalistas ou patriotas mais non todos os fundamentalistas ou patriotas son terroristas polo ten que haber algo máis que determina que algúns destes fundamentalistas ou patriotas dean o paso que os vai levar á morte. Ese “algo” é o que intentan descubrir algúns analistas e nese rego, algúns psiquiatras fixeron estudios sobre os mártires terroristas que facían estoupar o seu cinto con bombas nos autobuses israelís. Moitos deles, sempre xente nova, atopábanse nunha situación que percibían como sen saída. Non viñan dos niveis economicamente máis baixos da sociedade, senón da clase media, mais era xustamente iso o que os levaba á desesperación, xa que sabían que malia os seus diplomas universitarios non acadarían o nivel de vida que terían en condicións de normalidade. Algunhas das poucas mulleres suicidas, foran repudiados polos seus homes tempo antes e non atopaban xeito ningún de afacerse ao seu novo estado nunha sociedade na que as mulleres teñen poucos niños onde se acoller. É certo que algúns destes terroristas son de clase baixa (HamásHezboláYihad Islámica, ou moitos magrebís), mais os suicidas exipcios e sauditas son de clase media-alta ou alta, sobre todo os de Al Qaeda[144]. Mar Segman, que estudou os terroristas de Al Qaida, atopou que tres de cada catro eran de clase alta e seis de cada dez tiñan formación universitaria. Arístegui engade un dato máis: case todos eles, estudaron nese Occidente que odian, carreiras técnicas, non humanidades, e non teñen o costume lóxico e crítico que en Occidente proporcionan as humanidades xa quen o mundo islámico a ensinanza destas materia sé case sempre memorística polo que teñen un baleiro formativo que os fai doados de recrutar por cregos islamitas de poucos coñecementos teolóxicos que veñen a Europa do mundo rural islámico[145]. Ibáñez tira destes datos de pertenza de clase que o terrorismo non é loita de clases no sentido literal da expresión.


38.- Nun libro de non hai moito, Mártires Mortíferos,  o psiquiatra Adolf Tobeña[146], vai máis alá da análise dos determinantes sociais, económicos, relixiosos e culturais destes comportamentos. Tobeña non nega estes determinantes que serían necesarios pero non suficientes para explicar estes mártires. Tampouco nega que certos sistemas de crenzas, sobre todo os etno-nacionalismos e as relixións, teñan forza de abondo para encirrar os seus membros contra os doutras comunidades, mais segundo a súa opinión, hai outros factores que cómpre ter en conta, e son biolóxicos e psicolóxicos, o que o levou a ter unha liorta científica con Scott Atran que rexeita estes factores aos que considera un erro. Tobeña, lembra a pregunta do historiador Garton Ash, que afirmaba abraiado que non dispoñemos aínda de ningunha teoría que nos explique que é o que leva a un enxeñeiro de trinta anos, membro dunha familia acomodada da Arabia Saudí, que estudou en Hamburgo, que fixo cursos de voo durante meses, a esnafrar un avión contra as Torres Xemelgas. A mesma pregunta podémola facer para o terrorismo etarra: sociedade rica, país fermoso, autonomía moi ampla, radio, televisión, policía e facenda propias, vida cotiá de lecer (gastronomía, cine, arte etc.). ¿Por qué hai terroristas nunha sociedade así?.... A resposta mais aceptada é a do mito tóxico, unha historia que infecta coma un meme as xentes dese territorio e os leva aos asasinatos. Pero, di Tobeña, a teoría do mito tóxico lévanos á psicoloxía. Do mesmo xeito que non todos os que se expoñen as drogas se converten en toxicómanos, tampouco todos os que se expoñen aos mitos tóxicos se converten en etarras ou en suicidas islamitas, tamiles ou chechenos. ¿Que hai pois naqueles que se fan mártires e que os diferenza dos outros?.
Tobeña, dende a súa posición psicóloxica-neurobiolóxica, coincide con Khosrokhavar en que hai una diferenza entre os mártires tipo Al Qaeda e os palestinos mais a coincidencia ten alicerces distintos o que se cadra, dálle máis valor á hipótese. Un palestino nunha arroutada pode pendurar do cinto una chea de bombas e facelas estoupar nun mercado de Tel Aviv. Derrubar as Torres Xemelgas non é unha arroutada. Cómpre unha longa e despaciosa preparación, ás veces de anos, disciplina, adquisición de coñecementos técnicos, hai tempo para pensar e repensar o que se vai facer. Teñen que ser afoutos, mais fríos, e por suposto, fanáticos mais non impulsivos como os palestinos. Son dous xeitos de suicidio homicida que esixen dous tipos de personalidades moi diferentes. Velaí as razóns de Tobeña para introducir o psicolóxico e o neurobiolóxico nas hipóteses explicativas, mais iso pode explicar quen, máis non porqué. Moitos dos trastornos invocados, psicopatía, paranoia, impulsividade, teñen pouca consistencia. A frialdade afectiva que se atopa en moitos terroristas é selectiva, non xeneralizada coma nos psicópatas. Atinxe as vítimas, mais non aos achegados familiares ou compatriotas. Cómpre ademais traballar en grupo e ser solidario con certas crenzas e ideas, o que non é o caso nos psicópatas cousa que o mesmo Tobeña recoñece cando propón un tipo especial de psicopatía, “de guante blanco”, restrinxida aos líderes, mentres que nos “recrutas de a pe” habería moita mais variabilidade[147]. Tampouco a paranoia e a impulsividade encaixan coas habelencias que cómpre ter para chegar a un acto terrorista, e as anomalías da personalidade que se adoitan propoñer atópanse en moitos individuos da mesma etnia ou ideario e en xente allea[148]. Merari, un psicólogo israelí que estudou durante anos os terroristas, pasou de considerar que eran xentes con anormalidades psicolóxicas a darlle relevancia ao contexto moi por encima da personalidade. Tampouco estes mártires suicidas parecen ter os atributos que definen a disfunción social que o inglés coa súa eficiencia léxica enumera como fatherless, friendless, jobless[149]Unha ideoloxía precisa de executores, neste caso no dobre sentido da palabra, e estes executores serán recrutados entre aqueles que teñan uns certos trazos de personalidade. Tobeña describe estes trazos, mais non explica a ideoloxía que os recruta. 
De maior interese é o concepto de peche cognitivo de Arie Kruglanski. Para Kruglanski o hermetismo mental dos fanáticos  pode ser o resultado do noxo que teñen fronte a calquera situación de ambigüidade ou incerteza. Nestes casos, os individuos procuran arranxar esa aversión, ben achegándose a ideas e sistemas de crenzas claras e sinxelas, ou ben mantendo xeadas as propias ideas e crenzas para conservalas sen fendas, pechando as portas da mente as ideas e informacións que se derivan da interacción social [150]. Atta non aturaba nin sequera o rebumbio de xentes e falas que se amoreaban na porta dun cine: !caos!...!caos!, dicía en voz baixa mentres se afastaba da xente. Tamén era impermeable a calquera discusión relixiosa nas poucas veces que falaba con alguén fóra do seu grupo. Atta non tiña medo da morte, tiña medo dunha vida como a do Occidente na que hai liberdade e autonomía persoal para os homes e sobre todo, para as mulleres.
Stemberg, un psicólogo de sona, autor dunha interesante teoría sobre o amor, propuxo hai pouco unha nova teoría que pretende explicar o odio, non as motivacións doutro tipo destes terroristas. No amor como no odio, di Stemberg, hai tres compoñentes: intimidadepaixón e compromiso que mesturados dun xeito ou doutro dan diferentes tipoloxías que van dende o amor baleiro (só compromiso sen intimidade nin paixón), ao amor tolo (paixón soa) ou o compañeirismo amoroso (intimidade e compromiso sen paixón). O amor non ten o seu contrario no odio, senón na indiferenza, (non intimidade, non paixón, non compromiso). Se no amor maduro cómpre a presenza dos tres elementos, no odio habería negación da intimidade (Atta fuxía de calquera contacto con occidentais), paixón negativa (furia, rancor) e compromiso (coa causa)[151]. Stemberg na súa análise do caso Atta, engade que as raiceiras do odio de Atta contra Occidente, estaban xa no seu pai que cando lle preguntaron nunha entrevista polos atentados de Londres do 2005, non só non mostrou compaixón ningunha polas vítimas, senón que chamou traidores aos cregos musulmáns que os condenaran e reclamou 5.000 dólares por repetir a entrevista diante dunha cámara, porque ese era o diñeiro que cumpría para financiar outro atentado como o de Londres[152].         
Se cadra non é suicidio a categoría axeitada para estes mártires aínda que entrarían sen moitos esforzos no suicidio altruísta de Durkheim. Ivan Strenki propón que serían as categorías relixiosas de sacrificio e entrega as que mellor abranguerían estes casos: cando a autoinmolación se expresa dun modo ritual cómpre interpretala como sacrificio; se non e así, será un suicidio. O sacrificio non é algo individual. É un feito social e tamén relixioso.Todos estes mártires ofensivos pensan que sacrifican a súa vida pola nación palestina ou pola umma[153]A posibilidade dun terrorismo suicida  colectivo que faga desaparecer países enteiros non se pode desbotar. O ex-presidente iraniano Rafsanyani afirma que unha única bomba nuclear lanzada sobre Israel destruiría todo o país, mentres que as represalias atómicas que puidera tomar Israel deixarían só algunhas feridas no mundo islámico. Para os iranianos, dicía un oficial israelita, a mutua destrución asegurada non é un elemento de disuasión, senón un incentivo[154].  
Hai unha pregunta que provoca un certo desacougo: ¿se puideran non morrer,  matando o mesmo número de persoas...faríano?. Non hai moitos datos para acreditar calquera destas alternativas mais o terror que espertan ven desa disposición a morrer contra a que non hai moita defensa
Sexa como for, o feito de que, como pensa Tobeña, de que  non todos os que viven baixo a influencia dos mitos tóxicos se fagan terroristas suicidas implica que hai persoas con “inmunidade” e persoas que carecen desa defensa. A inmunidade neste eido hai que entendela como trazos de personalidade que atrancan a colonización dos mitos tóxicos. Saber cales son os trazos da personalidade, os contornos culturais ou económicos que aportan esa inmunidade, semella ser unha urxente necesidade para procurar frear o espallamento do islamismo e o integrismo radical.
O derradeiro libro de Scott Atran publicado no ano 2011,  Talking to Enemy,  é o resultado dunha longa, moi longa investigación que o levou polo mundo adiante dende Afganistán ou Indonesia até Marrocos ou Hamburgo e chega a conclusións que se afastan en certo modo das súas primeiras opinións. Agora é a dinámica do pequeno grupo de amigos, de compañeiros de escola, de equipo de fútbol, de barrio, o que conta para Atran á hora de pasar a acción terrorista. Do equipo de fútbol do barrio de en Tetuán saíron cinco dos terroristas do 11- M de Madrid e outros cinco foron a Irak.............  . Falou con todo aquel que tiña algo que dicir sobre os mártires terroristas ou os guerreiros santos  o que o puxo ás veces en situacións de risco mortal. Todo para intentar responder unha pregunta: ¿ Por qué as persoas cren nunha causa e por qué algunhas delas están dispostas a morrer por ela? . Dalgún xeito é unha pregunta que recollía as críticas de Tobeña pero Atran tampouco desta volta se achega a neurobioloxía para respondela. A resposta, segundo Atran, é que esas persoas non matan e morren só por unha causa. Matan e morren uns polos outros. De feito é abraiante, como os equipos de fútbol ou as escolas son os factores relevantes que Atran vai atopar cando investiga os antecedentes dos terroristas suicidas islámicos…Para Scott Atran, os terroristas suicidas non teñen psicopatoloxía, nin eivas económicas, educativas nin illamento social ningún. Non se trata de persoas «moralemente deficientes», senón moralmente hipersensibilizadas fronte aos agravios e necesidades máis salientables do seu propio grupo.116
A ideoloxía relixiosa conta menos do que parece Os imáns teñen unha importancia marxinal xa que a mocidade que decide pasar a acción non vai na procura dos vellos das mesquitas para que os guíen e aconsellen. A crenza nun paraíso máis ala da morte que Pinker define como una sorte de Mansión Playboy, sen dúbida axuda pero non é determinante. Os kamikazes xaponeses morrían sen ter un alén paradisíaco. Os Tigres Tamiles, hinduístas, eran máis sinxelos: escollían terroristas suicidas e ameazaban con matar ás súas familias se non remataban a misión. Os terroristas palestinos de Hamás, segundo os estudos do antropólogo Aaron Blackwell, eran solteiros nun 86 % e o 81 % tiña seis irmáns máis. Estes irmáns non podían pagar a dote precisa para casar cousa que si podían facer coa recompensa que recibían polo sacrificio do seu irmán terrorista aínda que semella non ser esta unha motivación relevante[155]
No ano 2004, un sociólogo alemán, Gunnar Heinsohn, publicou un libro, Söhne und welmatch : terror in Aufstieg und Fall der Nationen, (Fillos e dominación mundial: terror no ascenso e caída das nacións) que foi lonxe e do que insolitamente coido que non hai ningunha traducción ao inglés, francés ou español, aínda que si entrevistas e citas noutros autores, coma Peter Sloterdijk, por exemplo, que pensa que este libro é tan innovador como o foi no tempo o Manifiesto Comunista. No seu libro, Heinsohn , propón unha curiosa teoría coñecida como youth bulge[156] que defende que os actos violentos pode que non teñan moita relación coas militancias ideolóxicas ou a pobreza  senón coa demografía. Os homes entre 15 e 30 anos son a parte máis violenta de calquera sociedade. Segundo Heinsohn, a violencia ven case de contado cando os homes entre 15-30 anos son máis do 30% da poboación como acontece en case todo o mundo musulmán. Isto quere dicir que de cada 100 homes, 30 teñen entre 15-30 anos Mais cómpre lembrar, di Heinsohn, que este 30 % de homes novos non supoñerán un perigo se teñen fame ou non teñen educación. Para que supoñan un perigo teñen que estar en boa saúde física e mental porque o pergio ven cando para ese exceso (bulge) de homes novos que medrou sen pouso non existan postos de abondo de prestixio e cualificados dispostos para seren ocupados.
Na primeira páxina da longa entrevista “A continent of losers” que lle fixo Lars Hedegaard a Heinsohn pódese ler un pequeno adianto das ideas que Heinsohn expón na entrevista que segue:
Mentres a poboación europea está minguando e a xente nova mellor preparada está marchando, seguimos permitindo unha emigración masiva de musulmás sen cualificacións que pronto farán que colapse o noso estado de benestar. Si a iso engadimos o feito de que no mundo musulmán hai un youth bulge, que de acordo coa experiencia levará a asasinatos masivos e que non pode ser compensado pola axuda extranxeira...
O problema non é o tamaño da poboación senón a proporción dos homes novos. Esta violencia xuvenil non ten nada que ver coa fame ou o desemprego. O que procuran é posición e recoñecemento influencia e dignidade.
Nestes derradeiros anos o mundo musulmán foi atinxido por una explosión demográfica. Entre 1900-2000 os países musulmáns pasaron de 150 a 1200 millóns de habitantes, una tasa de crecemento de 800 %,  mentres que China “só” medrou un 300% no mesmo período e a  India nun 400%.
Se os alemás despois da II guerra mundial tiveran a mesma tasa de crecemento demográfico que a que tiveron entre 1900-1914 serían hoxe un país de 500 millóns de habitantes dos que 80 terían entre 15 e 30 anos cando hoxe hai apenas sete millóns. Heinsohn preguntase se eses 80 millóns serían tan pacíficos como os sete millóns de hoxe en día ou estarían poñendo bombas en Breslau, en Konisberg ou Danzig, (hoxe Wroclaw, Kaliningrado e Gdansk) terras alemás  perdidas despois da II guerra mundial e entregadas a Polonia e á URSS. Non hai que facer moitos esforzos para pensar en Gaza coa súa demografía explosiva e Heinsohn chama “capitulación demográfica” a unha situación na que por cada 100  homes de idades comprendidas entre 40-44 anos hai menos de 80 nenos de idades comprendidas entre os 0-4 anos. A proporción en Alemaña é hoxe 100-50; na franxa de Gaza a proporción é de 100-464 e Diamarca está no borde: 100-80. Se Dinamarca se tivera reproducido coa mesma tasa de Gaza que pasou de 240.000 en 1950 a 1.4 millóns no 2006 tería hoxe 25 millóns de habitantes e 3.6 millóns de homes entre os 15 e os 30 (470.000 hoxe)
Alemana, Xapón e tamén España son países que capitularon demográficamente mentres outros medraron para disponer do que Heinsohn chama, “armamento demográfico”. Entre eses países están Gaza (e toda Palestina), Afganistán, Iraq e Somalia entre outros  e non é unha coincidencia, na opinión de Heinsohn, que a violencia nestes países sexa hoxe grave e seguirá sendo grave no futuro mentres se manteña esta situación de armamento demográfico que, de seguir así as cousas, fará que haxa 300 millóns de homes do grupo de 15-30 anos  en algúns países islámicos no ano 2020 mais non en todos, xa que Arxeria, Líbano, Tunez, Irán, Turquía e os Emiratos están xa agora por debaixo da tasa de remprazamento (1,7 fillos por muller) que irá facendo estiñar a dominancia demográfica dos 15-30.
Todos os anos os cinco institutos alemás de investigación sobre a paz publican un informe e cada ano chegan á mesma conclusión: se gañamos a loita contra a fame acabaremos coas guerras. Ao contrario,a investigación sobre o youth bulge mostra que si temos éxito e eliminamos de  xeito inmediato a pobreza material e a fame nun país cun youth bulge, a violencia comezará a escalar...
Ademais aconsella que hai que avisar aos palestinos que Europa, Escandinavia e USA non pagarán como fan agora a crianza e alimentación dos nenos palestinos máis ala de certo punto e máis alá de dous nenos por familia de tal xeito que os palestinos terán que se responsabilizar dos nenos  nacidos no seu país como fan os tunecinos e arxelinos no seu propio país pero non  as mullers que viven en Europa onde a asistencia social paga por cada neno que teñan polo que non hai moita razón para non telos xa que están subvencionados polo estado. O resuktado en Europa é que as mulleres non incorporan ao mercado laboral porque non o precisan para manter os seus fillos  (agora a media de nenos por familia é de ! 9!).
Gunnar non chama “cristiáns” aos conquistadores españois, portugueses ou ingleses senón “cristianistas” do mesmo xeito que hai musulmáns e islamistas. Os islamistas como os cristianistas  coñecen moi ben a diferencia entre un psicópata asasino e un terrorista. Os dous empregan a relixión para amolecer ou mesmo  eliminar calquera sentimento de culpa ou de semellanza cun asasino. Para Heinsohn ese é un das funcións que cumpre a relixión ou outra ideoloxía. As ordes dos niveis elevados da xerarquía, como Heinsohn coñece moi ben como experto que é no holocausto xudeu .... Europa e un feixe de países de vellos que xa non se reproduce a si mesma


39.-  A xenreira contra Occidente aliméntase dunha versión radicalizada do relixioso que afirma que o inimigo é Occidente. En moitos dos países superpoboados e famentos da terra, os ideais occidentais non contan. Se puidesen escoller, escribe Georges Steiner, entre ese cativo feixe de principios e ideais, entre a liberdade para publicar e a seguridade económica, (¿cantos homes e mulleres escriben libros e cantos os len?)- e unha vellez digna, entre a pluralidade de partidos políticos ou as rúas sen lixo e seguras, millóns de persoas escollerían o segundo, velaí que o fundamentalismo, esa disciplina imposta avance sen pouso mentres as democracias europeas están cada vez mais abraiadas perante o islam e son  tempo cada vez mais vulnerables[157] . 


40.- Fronte a todo este remuíño de ideas, nomes e organizacións nas que non é doado orientarse, os numerosos libros e artigos que ven publicando dende hai anos Olivier Roy, un islamólogo francés, teñen a virtude de peneirar o moito que hai que peneirar  nestes asunto e relativizan dalgún xeito todo o escrito até agora aínda que as súas ideas semellen seren optimistas e comprensivas de máis en moitas ocasións se cadra pola fascinación do especialista polo seu obxecto de estudo da que falaba Serafín Fanjul. Roy fai unha distinción importante. Non é a mesma cousa laicismo e secularización. O laicismo é algo moi francés: o Estado expulsa o relixioso alén dunha fronteira que el mesmo define de maneira xurídica. É unha cuestión política vencellada a unha historia e unha política concreta que ven da revolución e tiña como finalidade afastar a influencia do catolicismo, máis que calquera outra relixión, sobre o estado. Naceu fundada sobre o anticlericalismo. A secularización é unha cousa da sociedade que se emancipa do sagrado sen que o desbote obrigadamente. Os ritos e costumes relixiosos van amolecendo e deixando de estaren no cerne da vida dos homes e da súa visión do mundo sen mediación ningunha de tipo político. É un proceso que ten o seu remate na desaparición da relixión sen que no proceso teña que haber nin anticlericalismo nin antirelixiosidade. Pode haber laicismo sen secularización, laicismo e secularización ou secularización sen laicismo. En Inglaterra por exemplo, unha sociedade moi secularizada, na que moitos analistas consideran morta a relixión, non hai separación igrexa-estado. Ten unha relixión nacional, o anglicanismo, coa raíña no cumio da xerarquía e tamén liberdade relixiosa para todos os cultos. Outra  sociedade secular, Dinamarca, non só ten tamén unha relixión nacional senón que, os pastores son funcionarios pagados polo estado. Estados Unidos é un país laico fundado por uns fuxidos dun país que tiña unha relixión nacional, motivo do seu laicismo fundacional,  e onde os xefes de estado e os nenos das escolas invocan a Deus na súa toma de posesión ou ao encetar as clases. En Europa hai unha concordancia entre islam, colonialismo, emigración e exclusión social, cousa que non acontece nos Estados Unidos onde os espazos de exclusión están ocupados por negros e latinos e os árabes son moitos deles cristiáns, (de orixe libanesa, palestina ou exipcia), e de clase media como os de relixión islámica doutra procedencia. No 2002, lembra Olivier Roy, calcúlase que un 80% dos musulmáns americanos votaron a Bush cousa pouco comprensible para os europeos e ademais, moitos europeos laicos ven o cristianismo como unha cultura máis que como unha fe. O fundamentalismo en Europa é unha ameaza, mais non nos Estados Unidos afeitos ao fundamentalismo cristián onde se poden escoitar discursos como os do reverendo Jerry Vines da Igrexa Batista do Sur, nos que afirma que Alá non é Xehová, fala de Mahoma como dun pedófilo e defende un apoio total a Israel para que poda volver Cristo unha vez reconstruído o templo, aínda que iso si, haxa que converter os xudeus[158]. O fundamentalismo cristíá é protestante e xurde da interpretación libre e literal que calquera pode facer dos textos sagrados mentres que no catolicismo é a xerarquía a que da a única interpretación válida dos textos polo que é máis dificil que medre o fundamentalismo.
Antes do 11 setembro para os americanos a ameaza musulmá non viña do seu radicalismo relixioso senón das posicións políticas. Tan perigoso era para eles o Iraq laico de Sadan Hussein, que en Europa sempre se considerou como un argumento ao seu favor,  como o  islamismo iraniano e de feito contra este fundamentalismo iraniano procuraron avivecer o fundamentalismo saudita conservador.
Nos anos 80 había en Europa dous modelos para afrontar os problemas derivados da emigración islámica: o modelo multiculturalista da Europa do norte e o modelo francés, asimilacionista. Os dous modelos di Roy, eran contraditorios e levaron a dúas lexislacións distintas. O modelo francés, laico e asimilacionista, pretende converter en “cidadáns  franceses” os emigrantes sen consideración da súa relixión e orixe étnico. No modelo multicultural, os musulmáns son considerados como pertencentes a un ou varios grupos culturais con dereitos propios como tal grupo, o dereito das minorías, como se chamaba. Vénse como un grupo, como unha comunidade que pode reclamar dereitos como o de poder levar signos relixiosos distintivos. Polo tanto, no aeroporto de Heathrow, por exemplo, pode haber unha policía que leve  velo e unha policía que non o leve. En Francia, a segunda policía prendería  á primeira que leva o velo. Os dous modelos fracasaron, di Roy,  e non hai moito que Anxela Merkel [159] recoñeceu explicitamente que o multuculturalismo en Alemaña é un fracaso e o exemplo noruegués xa citado, de rexeitar a doazón de Arabia Saudita para erguer unha mesquita no seu país mentres non haxa igrexas cristiáns en Arabia Saudita é un recoñecemento indirecto do mesmo fracaso. É unha boa medida do quid pro quo que hai que esixir.
Roy distingue fundamentalismo, neofundamentalismo, e radicalismo islámico. O fundamentalismo consiste nunha volta aos textos primixenios desbotando todas as apartacións da historia da cultura, filosofía e tradicións dos homes situándose por riba das nacións e da historia. Define un islam intemporal de acordo co Corán e a Sunna que na súa faciana política collería a forma de islamismo e na forma pura relixiosa a do salafismo que so recoñece como verdadeiro islam a comunidade dos tempos de Mahoma e dos tres primeiros califas.  Este fundamentalismo foi conservador moitos séculos e politizase nos anos 20 do século XX cando coincide coa loita anticolonial. Roy chama a este neofundamentalismo renovado, relixioso, político e radical, islamismolectura política e radical do fundamentalismo. É este islamismo de alicerces neofundamentalistas o que hoxe medra e o que agora atrae á mocidade que vive ou viviu en occidente aos que lles ofrece unha alternativa á colonización, á emigración e a marxinalización. Al Qaeda é o resultado da unión entre o fundamentalismo islámico radicalizado e unha contestación anti-imperialista exacerbada deslocalizada pola globalización.
Roy lembra tamén  que a  liorta contemporánea sobre o islam ten dúas escolas. Están dunha beira, aqueles que pensan que o dogma islámico é un atranco tanto para o  laicismo como para á secularización baseándose en tres argumentos: 1.-) no islam non hai separación igrexa-estado; 2.-) a sharía é incompatible cos dereitos do home e sobre todo, cos das mulleres e coa democracia; 3.-) o crente só se pode identificar coa comunidade de crentes e non recoñece a comunidade da sociedade política de cidadáns. Esta é a posición que Roy chama esencialista e que coincide en espello co  fundamentalismo. Entre os moitos defensores desta escola están, segundo Roy, Bernard Lewis, ou Huntintong da loita de civilizacións e moitos analistas europeos como Finkielkraut ou a mesma Oriana Fallaci. A outra escola, a de Roy,  pensa que é posible modernizar o islam abrindo de novo as portas á interpretación cousa que hai que facer dende “dentro” da propia doutrina, cousa que non entenden os liberais europeos que só apoian a musulmáns que están fóra do islam. O laicismo francés foi o resultado da loita contra a Igrexa como institución presente na vida social mais non procura negar o dogma cristián. Non pretende que os cristiáns abandonen a súa fe na divindade de Cristo, na Trindade, na virxindade de María, nin tantos outros dogmas. Abonda con que se manteñan no eido privado cousa que non é aceptable para os fundamentalistas mais tampouco para Benedicto XVI que afirma que o cristianismo non debe cinguirse ao privado. O que Roy se pregunta é porqué isto non se pode “negociar” co islam como si houbese algo no islam que o fai incompatible coas democracias occidentais, cousa que pensan moitos dos que se achegaron a este problema. Para Roy, o camiño percorrido polos católicos que pasaron en Francia da non aceptación da República á Democracia Cristiá e mesmo ao laicismo, é o camiño que teñen por diante na súa opinión, os musulmáns porque nese camiño os católicos non tiveron que abandonar o seu dogma. Segundo Roy, nos países onde existe un xogo político aberto mesmo democrático, os movementos islamitas vanse moderando e ingresan no xogo político (Turquia, Jordania, Marruecos, Kuwait). A pregunta é si Europa terá que volver repetir de novo a longa loita polo laicismo, esta vez co islam e hai que se decatar, que en Europa este debate está un pouco falseado porque mestura a reflexión sociolóxica sobre a inmigración, coa reflexión teolóxica sobre o islam. Roy lembra que o principio da laicidade esixe aceptar unhas regras de xogo comúns mais non uns valores comúns. O que iso quere dicir, e que a igrexa ten o dereito de defender os seus valores no espazo social e procurar que sexan aceptados sempre que o faga dentro das regras do xogo e para iso no seu tempo, aviveceu partidos como a Democracia Cristiá para espallar os seus valores dentro dun espazo laico. Implícito nas razóns de Roy, está que ese mesmo camiño é, ou pode, ou debería ser, o  dos partidos islamitas moderados.
Sen dúbida é unha visión optimista a de Roy que non é compartida por outros moitos analistas entre eles Gustavo de Arístegui que pensa que esta teima de Roy de afastar uns islamismos de outros e moi optimista e un erro, como tampouco comparte a visión case idílica que ten Roy sobre Tariq Ramadán que Arístegui ve como un islamita perigoso. Arístegui propón unha división que coida máis axeitada: Islam, islam político, e islamismo. O islamismo, non é político, di Arístegui, nin é moderado. Os seus obxectivos están moi claros e ademais non os agacha.  O que queren os yihadistas en primeiro lugar é derrocar os réximes e gobernos que eles consideran anti islámicos, corruptos, impíos e apóstatas. Segundo:  reconquistar calquera país ou terra que estivese nalgún momento da súa historia baixo dominio islámico por pouco que fose o tempo dese dominio; terceiro: restablecer o califato abolido por  Ataturk o 3 de marzo de 1924 e  por último, conquistar o mundo enteiro e dominalo  dende o máis implacable dos poderes absolutos. Non teñen presa pero son teimosos e non teñen paría. O que cómpre tirar como conclusión destes obxectivos é que os principais inimigos do islamismo radical son os musulmáns moderados ou mesmo o islam político como o partido turco de Ergodan que participa nas eleccións e goberna e ao que consideran morno.(Blog Arístegui).
Tampouco as ideas de Michel Onfray por exemplo, no seu Tratado de Ateoloxía teñen moito que ver co moderado optimismo de Olivier Roy máis tampouco co respecto que Arístegui ten polo islam. Onfray semella compartir a observación de Levi-Strauss de que o islam é o peor dos tres monoteísmos e todos son para Onfray, malos, moi malos: (na sociedade musulmá) manténse a xerarquía; os homes dominan ás mulleres, os relixiosos dominan aos crentes, os fieis piadosos dominan aos moderados e os vellos dominan aos novos. Falocracia, teocracia, xerontocracia: o modelo tribal e primitivo das orixes segue o mesmo despois de trece séculos.(O islam) é fundamentalmente incompatible coas sociedades xurdidas das luces...[160].
Pascal Boyer, no seu libro, Religion Explained,  pensa que as explicacións que procuran dar conta da existencia de grupos relixiosos violentos son de dous tipos: os que pensan que a súa violencia é de orixe relixiosa exclusivamente, e os que pensan que esa violencia non ten nada que ver coa relixión. As dúas explicacións, para Boyer, non acertan co que hai de especial neses grupos. Acepta que o fundamentalismo é unha reacción contra a modernidade mais non contra todo tipo de modernidade xa que estes grupos empregan as novas tecnoloxías na súa vida cotiá e no eido militar e tamén para espallar as súas ideas por todo o mundo. O que os fundamentalistas non poden aturar da modernidade e de Occidente, non é que haxa outras posibles xeitos de vivir, de ser diferentes, de non se sentir esmagados pola moral relixiosa, en especial no caso das mulleres, senón que, eses  xeitos de vivir poidan ser asumidos sen pagar un prezo por eles, o que fai moi probable, por exemplo, que as mulleres poidan vivir sen a vixilancia dos homes e protexidas polas leis. O que en Occidente é algo cotiá, en certos países musulmáns pode ser unha ofensa grave. Boyer fai unha comparanza cun pelotón de soldados en tempos de guerra onde unha deserción ou non compartir os valores do grupo, pon en risco a todos os membros da patrulla polo que cando se decatan de que algún deles non está disposto a poñer en xogo a súa vida polos demais, é aldraxado, afastado ou desprezado, no mellor dos casos, ou eliminado no peor. A mensaxe vai dirixida segundo Boyer, menos á víctima que, aos posibles imitadores velaí que a violencia islamita vaia dirixida en moitos casos contra os desertores dentro da súa propia comunidade e sexa case sempre pública. O fundamentalismo para Boyer, non é nin un exceso relixioso nin un exceso político.  É un intento de manter unha particular xerarquía baseada na coalición grupal cando esta é ameazada pola percepción de que a deserción é doada e sen consecuencias[161].   
Cornelius Castoriadis nunha conversa con Egdar Morin, lembraba certos feitos históricos que os árabes esquecen cando falan de Occidente, ao afirmar de que o que está a pasar hoxe é o resultado da opresión de Occidente. Se houbo un pobo conquistador dende o século VII ao XI, di Castoriadis, foi o pobo árabe. En Exipto non había ningún árabe nin tampouco en todo o norte de África. A situación actual é o resultado en primeiro lugar, dunha conquista e da conversión máis ou menos forzosa dos conquistados, e despois, da colonización dos árabes, non por Occidente, senón polos seus correlixionarios turcos que os mantiveron asoballados durante sete séculos. Para Castoriadis nos países musulmáns as estruturas de poder son arcaicas ou unha mestura de arcaísmo e stalinismo mais por debaixo persiste unha sociedade relixiosa na que a teocracia nunca foi eliminada e tampouco existiron movementos de emancipación relixiosa como aconteceu nas sociedades occidentais. A colonización occidental durou apenas corenta anos[162]. Os árabes esquecen tamén o seu papel na trata de escravos que eles encetan sen que ningún dos descendentes dos escravizados lembren ese feito e esixan como fan cos Estados Unidos, reparacións económicas e peticións de perdón. 
Ninguén nega que o islamismo violento é un perigo, mais o que cómpre determinar, como pensa Ian Buruma, e tamén Pascal Boyer, é saber se a causa principal desta violencia é teolóxica ou política [163]e aquí imos atopar a mesma xente que Olivier  Roy puña nun ou noutro dos seus bandos. Hirsi Ali, dende logo, está no primeiro.
Despois da morte de Mahoma os seguidores do profeta dividíronse en dous bandos: os que defendían que o seu sucesor debería ser da súa sangue, Alí, es.......
A loita entre xiitas e sunnitas non é algo do pasado xa esquecido. É algo vivo que pode que estea detrás dos conflictos que hoxe vive o mundo islámico. En Irak xiitas e sunitas levan anos nunha guerra civil de incerto resultado; a minoría gobernante de Siria é xiita e reprime a un pobo maioritariamente sunita; no Líbano Hezbolá, en Palestina Hamás, Os fanatismos xiitas e sunitas. Por detrás da loita xudeo-palestina hai unha guerra civil entre sunitas e xiitas en moitos países do Oriente Medio e en outros pode estoupar en calquera momento
Sen dúbida o islam é plural e acolle correntes moderadas, respectuosas coa sociedade e o dereito civil e radicais que a negan e procuran impoñer a súa lei pola forza. O problema é saber cal destas correntes é a que se vai impoñer nos países islámicos ou en Occidente.  Do mesmo xeito que para Onfray un pode tirar dos textos das relixións monoteístas citas para xustificar unha cousa e a contraria, semella cando se le a moitos dos analistas do islam, que se poden tirar das súas análises argumentos para chegar a unha conclusión que ve o islam como unha forza esmagadora á que hai que conter senón se quere ver o fin de Occidente ou, velo como unha relixión máis que procurará o seu niño occidental sen desfacer a cultura de acollida e que ten na súa cerna diversidade de abondo para evolucionar cara ao laicismo e a democracia. A lista de intelectuais e analistas que poderíamos poñer nunha beira ou noutra destas dúas alternativas é ampla e prestixiosa polo que chegar a unha conclusión non é cousa doada aínda que todos parecen estar de acordo en que terá que ser un movemento interno o que leve a estes países musulmáns a formas políticas democráticas e tolerantes. Se cadra, haberá entón polo de agora que dicir o que dicía o frade cristián: Se non creo na miña relixión que é a verdadeira como vou crer na túa...
Tahar Ben Jelloun, un escritor marroquí que foi Premio Goncourt, da unha versión optimista do acontecido en 2011 en Túnez, Exipto e Libia. Pensa que os islamitas tiveron moi pouco que ver coas revoltas. Os berros nas prazas e rúas non eran islamitas nin dos irmáns musulmáns. Pedían liberdade, dignidade, xustiza, o fin da corrupción, das detencións e torturas. Occidente apoiou a estes réximes porque pensaba que eran un valado contra o islamismo e procuraban facer negocios con eles . Era un erro que custou moitos mortos. Ben Jelloun Conta un chiste para ilustrar o seu punto de vista. Morre Mubarak e vai ao inferno. Alí agárdano Nasser e Sadat que lle preguntan se o mataron dun disparo ou con veleno. Mubarak dí: Non; matoume Facebook. Para Ben Jelloun, os irmáns musulmáns en Exipto terían o 20-25% dos votos pero a ´sua influenza vai a menos pois o seu “software” (sic) é antigo e o seu discurso,  anacrónico e estúpido (sic) que non esperta eco na mocidade nin en moitas capas da poboación. Ben Jelloun afirma sen dúbidas que, “esta primavera rubrica a derrota do islamismo”[164]  mais a  primavera que anunciaba Ben Jelloun seica aínda non chegou. Os islamitas “moderados” gañaron as eleccións en Exipto, Marrocos e Túnez. Os que derrocaron a Gaddaffi avisaron de que pensaban implantar a sharía. Siria está dende hai xa dous anos nunha guerra civil e aínda que Bin Laden está morto, non parece que as cousas en Afganistán leven bo camiño e no Irak segue a loita civil chiitas-sunitas Se como parece, a referencia destes islamitas moderados é o ´rexime turco, as cousas poden ir polo rego axeitado aínda que as diferenzas coa Democracia Cristiá europea son importantes .
Jelloun escribía cando aínda non houbera eleccións en Túnez, nin Exipto, non caera Gadaffi e non comezara a loita en Siria. Serafín Fanjul, catedrático de estudos árabes, que escribe meses despois de Jelloum, ten unha visión moito máis pesimista. Para Fanjul pensar que as revoltas  non tiñan nada que ver cos islamitas e si moito que ver cos twiteros era unha ilusión, máis ben, unha alucinación. En Túnez ganaron os islamitas; en Libia, os vencedores co apoio da OTAN masacraron indignamente a Gadaffi e avisaron de que impoñerían a sharía; en Exipto, o país central para o Islam, dos 498 escanos do Parlamento exipcio 368 son dos islamitas nas súas diversas polas  (PLJ, salafistas e Wasat), máis do 70%; os infelices nostálxicos do Wafd conseguen 38; os liberais laicos do Bloque Exipcio, 34; e os marchosos y simpáticos rapaces tuiteros quedáronse en  7…  e os militares tomaron de novo o poder. En xaneiro do 2013 uns centos de islamitas manifestáronse en O Cairo para “esixir” a invasión do Al-Andalus e recuperar terras “roubadas” ao Islam. Se cadra, os italianos de hoxe, reivindicarán calquera día a Hispania romana
Despois da inesperada “desfeita” electoral moitos que saudaron a primavera árabe dixeron que tanto tiña que ganaran os islamitas, que non pasaba nada, que cando chegaran ao poder volveríanse moito máis moderados. Aos árabes, si lles pasaba, di Fanjul:
Pode alguén indicar cales son as diferenzas substanciais entre islamitas moderados e extremistas, ademais …da xustificación maior ou menor da violencia?... Os moderados que agora se chaman Partido da Liberdade… ¿lexislarán a favor da liberdade real da muller mesmo en materia matrimonial?... ¿Garantizarán a liberdade de culto, incluídos o proselitismo e o abandono do islam, ou polo menos deixarán de queimar igrexas? ¿Deixarán de exercer a abafante presión sobre a sociedade en materia de costumes, roupas, ritos, omnipresencia do Corán ?...quen faga tal cousa,  non deixará de ser islamita, deixará de ser musulmán…
Despois do fracaso das tiranías militares, do panarabismo, das choqueiras versións de democracia liberal, a única porta que atoparon aberta  foi unha volta ás raíces do primeiro islam e como vai devagar facendo Erdogan en Turquía, un retorno pausado aos usos da Idade Media. Noutro tempo o islam meteu os árabes na primeira fila da Historia e agora quere devolvelos a ela; mais non á que corresponde a nosa época senón á do século VII como din eles mesmos[165].
A morte de Bin Laden en Pakistán non acabou con Al Qaeda. No mes de marzo do 2012 Mohamed Merah, un home de nacionalidade francesa e orixe magrebí que estivera en Afganistán e se proclamaba militante de Al Qaeda asasinou a dúas nenas e o pai dunha delas nunha escola xudía de Toulouse e a tres soldados, tamén de orixe magrebí uns días antes e foi logo abatido polas forzas de seguridade francesa.En Inglaterra dous islamitas degolaron un soldado na rúa. En Nixeria os islamitas poñen bombas nas igrexas cristiáns matando centos de fieis e no mes de maio do 2014 secuestraron 300 nenas para vendelas e así afastalas da ensinanza occidental e feitos semellantes cualitativamente acontecen tamén en Exipto e Pakistán con menor frecuencia. Seguen os atentados en Irak, Pakistán e Afganistán, e seguen os secuestros en Mauritania e Somalia sen que existan sinais de que as cousas melloren. Siria entra no seu terceiro ano de guerra civil entre chiitas e islamistas sunitas e milicias de Al Qaeda. En Mali o exército francés co de Mali,  foi quen de recuperar o territorio en mans de islamitas. O GEES, grupo de estudios estratégicos en maio do 2013 informaba dende as páxinas de Libertad Digital:

Aínda que o presidente François Hollande veña de informar que xa non é preciso combatir en Mali, o certo é que manter a presencia militar francesa é imprescindible, pois non se derrotou totalmente ao inimigo. Os terroristas esvaeceron, como era previsible,e redinamizaronse nun escenarios como o norte de Nixeria, a caótica Libia,ol cada vez menos esperanzador Túnez e o convulso Exipto. En Nixeria,ol presidente Goodluck Jonathan tivo mesmo que declarar o estado de emerxencia en tres estados septentrionais, grave medida que non se tomaba desde hai moitos anos. En Túnez, o Goberno parece que por fin reacciona fronte os salafistas, pero aínda é cedo para dar confianza aos islamitas de Ennahda. Tampouco hai que lla dar alos islamitas exipcios, que non van a reducir a radicalización dos salafistas, difícilmente van neutralizar a violencia na Península do Sinaí e non son os mellor situados para evitar a creciente tensión entre musulmáns e coptos….


Por se non abondara, o Estado Islámico ocupa agora boa parte de Siria e Irak e esgaza xornalistas británicos e americanos mentres asasina a todos aqules que non se convertan ao Islam





Estas notas foron publicadas hai anos (2012)

PD . Xullo 2014.  É imposible dar conta da situación nos países islámicos. Dun día para outro as cousas cambian sen que se poida prever un final. En Nixeria, no momentos de escribir esta postdata seguen secuestradas máis de 300 nenas polos islamistas, e seguen os asasinatos de cristiáns como en Irak ou en Pakistán, en Afganistán os talibáns volven aos atentados,  a guerra en Irak continua, agora entre o goberno chiita e o exército islamista de Al Qaeda que avanza cara a Bagdad onde seguen os atentados. En Libia hay guerra civil, Israel e Hamás están de novo en guerra, no Sahel campan os islamitas... Hai un proverbio árabe que dí: quen predice o futuro minte aínda que diga a verdade. Pois iso. 

PD 9 de Xaneiro 2015. Dous irmáns franceses de orixe arxelino mataron a 12 debuxantes do semanario Charlie Hebdo; un cómplice, asasinou a unha policía e despois de pechou con refens nun hipermercado xudeu.. A polícia matou aos tres e morreron catro refens. Todo parece indicar que a guerra contra Occidente segue e moitos políticos do país e moitos intelectuais de esquerdas e de dereitas semella que non se queren enterar.  Proseguir estas notas e engadir acontecementos coma estes un detras do outro. Para min, abonda co escrito. Teño xa as cousas claras. 

Notas pendentes
. (Olivier Roy) Al-Qaeda était redoutable parce que complètement «déterritorialisée», donc imprévisible. Mais après le 11 Septembre et la mort de Ben Laden, Al-Qaeda a atteint ses limites. Les jihadistes cherchent à se «reterritorialiser». C’est ce qu’ils font actuellement en Irak et en Syrie. Cela implique l’enracinement des jeunes volontaires, notamment par le mariage. Mais après l’exode des jeunes femmes yézidies ou chrétiennes à la fin de cet été, ils demandent aux habitants de leur donner leurs filles, et là, ça va mal se passer. Tôt ou tard, ils se heurteront à la société tribale.
Comment expliquer l’émergence de ce mouvement dans la région ?
L’invasion de l’Irak par les Etats-Unis en 2003 constitue l’acte de naissance de l’Etat islamique. Les Américains voulaient démocratiser l’Irak, mais, quand ils donnent le pouvoir aux chiites, ces derniers marginalisent les sunnites, qui ont vu dans Al-Baghdadi, calife autoproclamé, l’occasion d’une revanche. Mais les sunnites du Moyen-Orient et du reste du monde sont effarés par ce qui se passe aujourd’hui. Par contre, les jeunes de Bruxelles, de Paris ou d’ailleurs se disent que c’est le vrai jihad qui commence
Qui sont ces jihadistes ?
Ce sont des marginaux, mal intégrés dans la communauté musulmane, souvent convertis. Jusqu’à présent, c’étaient des individus isolés, maintenant, on trouve des familles. Ce phénomène est très significatif. La féminisation actuelle de l’islam est intéressante puisqu’elle va à l’encontre de ses propres fondements anthropologiques. C’est symptomatique de la crise que cette religion traverse. Le nombre de convertis est aussi un signe de cette crise : 20 à 25% des jihadistes sont des convertis. Regardez les vidéos : ils parlent tous un anglais ou un français parfait. Les convertis américains sont désormais les plus nombreux, suivis des Français.












































[1] A bibliografía sobre o Islam, islamismo, ou terrorismo islámico é imposible de abranguer. “Islam” ten 113 millóns de entradas en Google e “Islamic terrorism” case sete. As notas que seguen, son un pequeno roteiro persoal escrito na procura de atopar algún sentido sobre certos sucesos acontecidos nos últimos tempos. Pola nugalla espertada polo sentimento de que é un asunto que pode continuar  sen atopar o final e sen chegar a unha conclusión convincente, faltan moitos temas e outros están apenas esbozados. Aínda así, pode que teñan algunha utilidade para lectores non moi esixentes.
[2] Vid, DAWKINS.D. El espejismo de Dios, Espasa. 2007; SLOAN WILSON.D. Darwin´s Cathedral, University Chicago Press.2002; DENNETT.D. Breaking the spell. Religion as natural phenomeno. Penguin Books. 2006; ATRAN.S. In gods we trust. Oxford University Press, 2002. HAMER.D.The God Gene. Anchor Books. 2004. En BOYER.P, Religion explained. Vintage Books, 2001, hai unha exposición polo miúdo desas funcións.
[3] LÉVI-STRAUSS.CLAUDE. Tristes Trópicos. Eudeba.1970. Escrito en 1955, inaugura unha nova clase de libros onde se mestura a etnografía coa socioloxía, antropoloxía e as viaxes. Máis de sesenta anos despois paga a pena ler as súas análises do Islam nos capítulos finais do libro e as comparanzas co budismo. O que abraia, é que Lévi-Strauss sendo como era xudeu, non mencione o xudaísmo nas tres relixións que comenta. De feito ten confesado nalgunha ocasión que non tiña ningún sentido de pertenza nin de relación co xudaísmo do que se sentía alleo.
[4] SPENCER.R. The politically incorrect guide to Islam (and crusades). Regnery Publishing.Inc. 2005.
[5] Maalouf.A. Identidades asesinas. Alianza. 1999.
[6] DAWKINS.R.El capellán del diablo. Gedisa.2005.
[7] ARÍSTEGUI.G. El islamismo contra el Islam. Ediciones B. 2005.
[8] QUTB.S. Milestones. Islamic Books Service. 2001.
[9] E a “escolleita” xa que había moitas versións do Corán. O texto canónico púxose por escrito entre os anos 23-29 da Héxira (634-644 D.C.), baixo o califa Ozmán. É unha versión aceptada por chiítas e sunníes de todo o mundo.
[10] DELCAMBRE. A.M. Las prohibiciones del Islam. La esfera de los libros. 2006.
[11] Vid, LESTER.T. What is the Koran?. Atlantic Montly. January.1999.
[12] KIENZLER.K. El fundamentalismo religioso. Alianza. 2000.
[13] ROY.O. La santa ignoranciaPenínsula.2010.
[14]St. JOHN.R. Tongue of the prophets. Wilshire Books Company. 1952.
[15] STEINER.G.Los libros que nunca he escrito. Siruela. 2008.
[16] GELLNER.E La sociedad musulmana. FCE. 1989..
[17] CHATWIN.B. ¿Que hago yo aquí?. Muchnik Editores. 1991; CHATWIN.B. Anatomía de la inquietud. Anaya & Mario Muchnik.1996.
[18] KAPUSCINSKY.R. El mundo de hoy. Anagrama. 2004.
[19] POGUE HARRISON.R. Forest, the sadow of civilization. University Chicago Press. 1992; Le GOFF.J. L´imaginaire medieval. Gallimard. 1985.
[20] Citado por ÉTIENNE.B, en El islamismo Radical. Siglo XXI. 1999.
[21] BOORSTIN.D. Los pensadores. Crítica. 1995.
[22] HOLIIS.E. La vida secreta de los edificios. Siruela. 2012.
[23] HORRIE.C; CHIPPINDALE.P. ¿ Que es el Islam?. Alianza Editorial.2005.
[24] É o caso do coñecido filósofo Tariq Ramadan que asegura que hoxe hai que falar de “casa do contrato” (dar al ahd o dar al-aqd), de “casa da paz”,( dar al-sulh) ou de “casa da predicación” , (dar ad-da wa). En Mi visión del islam occidental. Kairós. 2011.
[25] LEWIS.B. El lenguaje político del Islam. Taurus. 1990.
[26] ATRAN.S. Talking to the enemy.Allen Lane.2010.
[27] RODRÍGUEZ MAGDA. R.M. La España convertida al Islam. Óltera. 2006.
[28] ONFRAY.M. Tratado de ateología. Anagrama. 2006.
[29] MAALOUF.A. Identidades asesinas. Alianza.1999.
[30] DELCAMBRE.A.M. Las prohiciones del Islam. La Esfera de los Libros. 2006.Tampouco o Iavhé xudío é un deus agarimoso.
[31] ECO.U.  A paso de cangrejo. Debate.2007.
[32] ARÍSTEGUI.G. El islamismo contra el Islam. Ediciones B. 2004.
[33] Vid: ARÍSTEGUI.G, Op. Cit.
[34] KAPLAN. R.D. The revenge of geographiy. Random House.2012.
[35] ROY.OLIVIER. La laïcité face l´Islam. Pluriel.Stock.2005.
[36] ONFRAY.M. Op.Cit.
[37] LEWIS.B. Op.cit. Vid. tamén o prólogo a El faraón y el profeta de Gilles Kepel, Muchnik Editores, 1988.
[38] BERMAN.P. Les habits neufs de la terreur. Hachette. 2003.
[39] BURUMA.I;MARGALIT.A. Occidentalismo. Península. 2005.
[40] TOCQUEVILLE.A. La democracia en América. Alianza. 1980.
[41] ELORZA.A; BALLESTER.M; BORREGUERO.E. ”Terrorismo y religión”. En Madrid 11-M. Edición de Amalio Blanco, Rafael del Águila y J.M.Sabucedo. Trotta. 2005.
[42] KHOSROKHAVAR. Les nouveaux martyrs d´ Allah. Flanmarion. 2002.
[43] MacCulloch.D. Historia de la Cristiandad. Debate. 2012.
[44] Lutero foi un fundamentalista xa que só aceptaba a Biblia e desbotaba todo o que non estivera nela: a xerarquía, o celibato, a adoración da Virxe, a extremaunción, os frades e monxes etc.
[45] En 1258 os mongois de Hulegu tomaron Bagdad e masacraron ao califa e a milleiros dos seus habitantes como fixeran pouco tempo antes coa seita dos asasinos de Alamut, primeiros mártires islámicos chiitas, e nesa masacre tiveron o apoio dos cristiáns e xudeus que vivían baixo o dominio do califa e tamén o dos cruzados na toma de Damasco que veu despois
[46] En L´Expres do 27 de abril de 2006. Citado en La tyranie de la penitence. Pascal Bruckner. Grasset, 2006.
[47] BAUMESTEIR.R.F. Evil: inside human violence and cruelty. Freeman and Company. 1999.
[48] BAUMAN.Z. Libertad. Losada. 2007.
[49] J.A.Marina di en Dictamen sobre Dios, (Anagrama) que o pecado orixinal foi “una mala faena provocada por un texto secundario de san Pablo...la iglesia no puede negar la realidad del pecado original porque dejaría sin función la encarnación de Dios...”
[50] SPENCER.Robert. The politically incorrect guide to Islam. Regnering Publishing Inc.2005.
[51] ROUDINESCO.E. A vueltas con la cuestión judíaAnagrama.2011.
[52] Vid. Laying Down the sword. Why we can´t ignore the Bible´s violent verses. Philip Jenkins. Harperone.2011.
[53] No Levítico só se permite comer animais ruminantes coa pezoña fendida mais non a lebre, o coello, o camelo ou o porco que son unha cousa ou a outra pero non teñen as dúas características. Dos animais do mar e os ríos só aqueles que teñan aletas e escamas (nada de nécoras nin centolas, pois). nin tampouco carne con sangue. Prohibe a sementeira de dúas especies no mesmo campo, recoller a froita ou as espigas caídas, rapar a cabeza en redondo, deitarse home con home (pena de morte). Enumera ademais normas precisas sobre como facer os sacrificios, celebrar as festas, rituais de pureza, comportamentos na mesa, vestido, etc.
[54] BERMAN.Paul. Les habits neufs de la terreur. Hachette.2004.
[55] RAMADAN.Tariq. L´Islam, l´Occident et les Defís de la modernité.
[56] BENSAÍD.D. Fragmentos descreídos. Icaria.2005.
[57] Dalrymple.Th. Anything goes.The death of honesty.Monday Books. 2011.
[58] Ramadan.T. Op.Cit.
[59] Tamén a virxe María cristiá ten unha virxindade renovada e non menos insólita que as virxes islámicas do paraíso.
[60] LEWIS.B. ¿Que ha fallado?. Siglo XXI. 2002.
[61]GALLEGO.E. Sayyid Qtub (1906-1966): un islamista en los Estados Unidos. En  www.tallerediciones.com  (La cueva de Zaratustra).
[62] FINKIELKRAUT.A. La ingratitud. Anagrama. 2001.
[63] Ramadan.T. Op.Cit.
[64] DELCAMBRE.A.M. Op.Cit.
[65] Había moitas viñas na Arabia meridional e bebíase viño até que Mahoma canso da indisciplina que o viño producía entre os seus seguidores prohibiu o seu consumo, primeiro só antes de orar e despois en calquera situación.
[66] AMIRIAN.N;ZEIN.M.Op.Cit.
[67] AMIRIAN.N;ZEIN.M. Op. Cit..
[68] LEWIS.B. El OrientePróximo. Crítica. 1996. Lewis como Huntintong son autores moi criticados por moitos analistas do Islam xa que pensan quen no abranguen a diversidade de culturas, linguas e réximes políticos dos países islámicos que poñen baixo a etiqueta reduccionista de “mundo islámico”.Amirian e Zein por exemplo, din que non se pode opoñer un concepto relixioso, mundo islámico, cun concepto xeográfico, Occidente. Esquecen porén, que durante moitos séculos Occidente foi a “Cristiandade”, denominación que foi perdendo azos co proceso de secularización e laicismo que aconteceu en “Occidente”, e Cristiandade e Islam si levan loitando séculos.
[69] KAPLAN.R.D. La anarquía que viene. Ediciones B. 2000.
[70] Citado en BERMAN, Paul. Op.Cit.
[71] ONFRAY.M. Op.Cit..
[72] ROY.O. Genealogía del Fundamentalismo. Biblioteca del Islam contemporáneo.Bellaterra1996.
[73] FERGUSON.N. Occidente y el resto. Debate. 2012.
[74] QUTB.S. Milestones.; Vid tamén: Les habits neufs de la terreur. Paul Berman. Hachette.2004.
[75] En Milestones, pax 61.
[76] FARÍAS.V. Heidegger y su herencia: los neonazis, el neofascismo y el fundamentalismo islámico. Tecnos. 2010.
[77] DALRYMPLE.Th. Anything goes.Monday Books.2011.
[78] ATRAN.S. Talking to the enemyAllen Lane.2010
[79] ATRAN.S.. Op.Cit.
[80] MERNISSI.F. El mieda la modernidad. Islám y democracia. Ediciones del Oriente y del Occidente. 1992.
[81] Citado en La Yihad en España. Gustavo de Arístegui. La Esfera de los Libros.2005.
[82] ELORZA.A. Umma: el integrismo en el Islam. Alianza Editorial.2002.
[83] KHOSROKHAVAR. Les nouveaux martyrs d´Allah. Flammarion.2003.
[84] AMIS.M. El segundo avión. Anagrama. 2009.
[85] ROY.OLIVIER. Op.Cit.
[86] ROY.OLIVIER. Genealogía del Islamismo.Biblioteca del Islam contemporáneo.Bellatera. 1996.
[87] ROY.O. Op. Cit.
[88] Vid ECO.U: “La guerra la paz y otras cosas” e “Retorno al gran juego” en A paso de cangrejo. Debate. 2007.
[89] HORRIE.C; CHIPPINDALE.P. ¿Que es el Islam?, Alianza Editorial. 2005. Os fundamentalismos interpretan literalmente os textos da súa relixión (O Corán ou a Biblia) como autoridade máxima, por enriba de calquera outra e pensan que debería impoñerse sobre as leis das sociedades democráticas. Hai fundamentalismos, cristiáns, xudeus e islámicos entre outros.
[90] CORTE IBAÑEZ.L. La lógica del terorismo. Alianza. 2006.
[91] ROY.O.Op.Cit.
[92] CASTELLS. M. La era de la información: economía, sociedad, cultura.vol 2. El poder de la identidad. Alianza. 2001.
[93] ROY.O. Op.Cit.
[94] Vid: BURUMA.I. Taming the Gods, Princeton University Press, 2010.
[95] Fillos e netos de norteafricanos nacidos e criados en Francia que viven na súa maioría nos arrabaldes das grandes cidades francesas.
[96] Os psicólogos e biólogos evolucionistas afirman que a relixiosidade ou espiritualidade (non as relixións formalizadas) está predeterminada pola evolución e cumpre funcións de supervivencia moi importantes, velaí a súa resistencia á desaparición. Vid: Adolf Tobeña. Video sobre Relixiosidade na páxina web de La Tercera Cultura.
[97] No mes de Santos do 2005, unha muller belga, educada como católica, morreu en Iraq ao facer estourar o cinto con explosivos que levaba pendurado, ferindo a uns soldados americanos. En 2006, tres mulleres alemás foron detidas cando preparaban ataques suicidas en Iraq e Pakistán. Mais de 1000 mulleres alemás convertéronse ao Islam en 2005.
[98] BAWER. Bruce. Stealing Jesus: how fundamentalism betrays chirstianity.  Three River Press. 1998. While Europe slept: how radical Islam is destroyimg the west from whitin. Broadway Books.2006.
[99] DALRYMPLE.Th. The new Vichy syndrome: why European intellectuals surrender to a babrbarism. Encounter Books. 2010.
[100] MAALOUF.A. Op. Cit.
[101] BRUCKNER.P. La tyrannie de la penitenceGrasset. 2006.
[102] En  BURUMA.I, Taming the Gods, Princeton University Press, 2010
[104] KAPUSCINSKY.R. El mundo de hoy.Anagrama. 2004.
[105] MURGUÍA.M. En Escritos en galego. Xunta de Galicia.2000.
[106] ARSITEGUI.G. La yihad en España. La esfera de los libros. 2005.
[107] MARTIN AMIS en El segundo avión. Anagrama. 2009.
[108] DIEGO.E. en Islam, visión crítica. Rambla. 2010.
[109]. LEWIS.B. ¿Que ha fallado?. El impacto de Occidente y la respuesta de Oriente Próximo. Siglo XXI. 2002.
[110] En FERGUSON.N. Civilización: Occidente y el resto. Debate. 2012.
[111]. KEPEL.G. La revancha de Dios. Anaya & Mario Muchnick. 1991.
[112] BERMAN.P.Op.Cit.
[113] CORTE IBÁNEZ.L. La lógica del terrorismo.Alianza. 2006.
[114] Pódese acceder ao texto completo desta entrevista en www.talleredciones.com, “La cueva de Zaratustra”.
[115] GLUCKSMAN.A.Op.Cit.
[116] BRUCKNER.P. Miseria de la prosperidad. Tusquets. 2003.
[117] As provocacións  de Van Gogh ían dirixidas tanto contra o poder, como contra os xudeus. (as estrelas amarelas copulaban nas cámaras de gas), e os musulmáns (“folladores de cabras”). 
[118] Vid: TODOROV.T El miedo a los bárbaros. Galaxia Gutemberg. 2008.
[119] Noutras versións da historia o ameazado responde que é “ateo” e o da pistola retruca: si…si…mais ateo protestante ou católico…
[120] ARMSTRONG.K. Los origenes del fundamentalismo en el Judaísmo, el Cristianismo y el Islam. Tusquets. 2004.
[121] MACDERMOTT.T Perfects  soldiers. Politico´s. 2005.
[122] KAPLAN.R.D. El retorno de la antigüedad. Ediciones B. 2002.
[123] Segundo os fundamentalistas o Corán é un libro increado que ademais funda a lingua árabe. Esta sacralización da lingua da revelación atranca a posibilidade dunha literatura profana escrita en árabe coloquial moderno, velaí que moitos escritores árabes empreguen outra lingua nas súas publicacións pois de facelo no árabe coloquial poderían ser censurados os seus libros.
[124] ENZENSBERGER.H.M. El perdedor radical. Anagrama. 2007.
[125] Entrevista en “El Mundo” do 29-03-08.
[126] ENZENSBERGER.H.M. Op.Cit.
[127] DE DIEGO.E. Islam, visión crítica. Rambla.2010. O párrafo final é da cita que de Diego fai do filósofo Javier Hernández Pacheco.
[128] Citado en ONFRAY . Op.Cit.
[129] Entrevista en El Mundo. Jueves 1 de Septiembre. 2005. Olivier Roy considera a Oriana Fallaci unha anti-islamita “neurótica”.
[130] FALLACI.O. La fuerza de la razón. La esfera de los libros. 2004.
[131] Cit. En  ATRAN.S, Talking to the enemy. Penguin Books. 2010.
[132] SÉVILLIA.J. Moralement correct. Perrin.2007.
[133] . Citado en ATRAN.S. Op.Cit.
[134] SEVILLIA.J. Historiquement in-correct. …… 2012.
[135] Citas de Moralement Correct, de  SÉVILLIA.J. Perrin. 2007.
[136]... com´io vidi un, cosí non se pertugia,/ rotto dal mento infin dove si trulla./ Tra le gambe pendevan le minugia; / la corata pareva e ´l tristo sacco/ que merda di quel che si trangugia/ Mentre che tutto in lui veder m´attaco ,/guardommi e con la man s´aperse il petto/dicendo: Or vedi com´ io me dilaco!/vedi come storpiato è Mahometto!.
[137] FANJUL.Serafín. La quimera de al-AndalusSiglo XXI. 2000.
[138] “Characteristics of suicide attacks”. Ani Pedazhur enda Arie Perlinger. En Root causes of Suicide Terrorism. The globalization of martyrdom. Routledge.2006.
[139]. En canto a rentabilidade mortífera: un ataque suicida con armas de fogo ten unha media de   3,2 vítimas; un estoupido por control remoto 6,9; un suicida que fai estourar un cinto con explosivos provoca 81 vítimas de promedio e se emprega un camión a media vai até o 97,8.
[140] BAUMEISTEIR.R.F. Op.Cit.
[141] Os xaponeses considéranse non herdeiros do pasado senón debedores do pasado e estas débedas, On, son incontables: cos seus profesores, cos pais, coa empresa na que un traballa e por suposto co Emperador.Si alguén axuda a outro queda en débeda e ten que devolver  esa axuda e esta devolución ten dúas facianas : o giri e o gimu.
[142] AXEL.A; KASE.H. En, Kamikazes  La Esfera de los Libros. 2002
[143] ECO.U. A paso de cangrejo. Debate. 2007.
[144]  CORTE IBÁÑEZ.L. Op.Cit.
[145] Sayid Qutb nos Estados Unidos; Bin Laden en Inglaterra e Estados Unidos; Mohamed Atta en Alemania; Hassan al Turabi do Sudán en Oxford e na Sorbona.
[146] TOBEÑA.A. Mártires Mortíferos. Un itinerario por el cerebro de los suicidas atacantes.PUV. Universidad de Valencia). 2005.
[147] TOBEÑA.A. Op. Cit.
[148] Vid de la CORTE IBÁÑEZ. Op.Cit. Páx.175 e seguintes.
[149] ATRAN.S. “Who wants to Be a Martyr?”. Policy Matters. 03-12. May 2003.
[150] CORTE IBÁÑEZ.L. Op.cit.
[151] Non é posible expoñer aquí polo miúdo a teoría de Stemberg que está ben resumida en Internet e nos seus libros traducidos ao español.Vid, bibliografía.
[152] Citado en La naturaleza del odioRobert J. Stemberg e Karin Stemberg. Paidós.2010.
[153] Citado en Sobre el terrorismo suicida. Talal Asad. Alertes.2008.
[154] Citado por Martin Amis en El segundo aviónAnagrama.2009.
[155] PINKER.S. The better….
[156] En Google hai textos de abondo de Jack Goldstone e Gary Fuller que escribiron sobre este fenómeno antes de Heinsohn
[157] ROY.OLIVIER. Les illusions du 11 septembre.Seuil.2002.
[158] ROY.OLIVIER. Les illusions du 11 septembre.Seuil.2002.
[159] Tamén Cameron, o primeiro ministro inglés recoñeceu hai uns meses que o multicuturalismo fracasou no seu país e algo semellante está a pasar en Francia.
[160] ONFRAY.M Op.Cit.
[161] BOYER.P. Religion explained.Vintage Books. 2001.
[162] CASTORIADIS.C. El ascenso de la insignificancia.  Frónesis.Cátedra.1998. A conversa con Morin é do ano 1991 pouco despois da Guerra do Golfo.
[163] BURUMA.I. Taming the gods.Princeton University Press.2010.
[164] BEN JELLOU. T. La primavera árabe. Alianza. 2011.
[165] Fanjul.S. “Gana el Islán, pierden los árabes”. ABC. 1 Marzo.2012.






BIBLIOGRAFÍA

ALAL.T.  Sobre el terrorismo suicida. Laertes.2007
AL NAWAWI. Dichos del Profeta.Los pequeños libros de la sabiduría.2002.
ALÍ.T. El choque de los fundamentalismos. Alianza..2002.
ALONSO.R. Matar por Irlanda. Alianza.2003.
ALONSO.F. Fanáticos terroristas. Salvat.2002.
AMIS .M.  El segundo avión. Anagrama.2009.
APPLEBAUM.A. Gulag. Debate.2004.
ARÍSTEGUI. G. La yihad en España. La esfera de los libros.2005.
ARÍSTEGUI.G. El islamismo contra el Islam. Ediciones B. 2004.
ARMSTRONG.K.Historia de Jerusalén. Paidós. 2003.
ARMSTRONG.K.Una historia de DiosPaidós.1995.
ARMSTRONG.K. Mahoma. Tusquets. 2005.
ASAD.T. Sobre el terrorismo suicida. Laertes.2008.
ATRAN.SCOTT. In gods we trust. Oxford University Press. 2002.
ATRAN. S. The strategic threat from suicide terror. (Hay varios artículos de Scott Atran sobre este tema, disponibles en http://www.institutnicod.org/ incluyendo la polémica con Adolf Tobeña
ATRAN.S. Talking to the enemyAllen Lane. 2010.
AXEL.A; KASE.H.  Kamikazes  La Esfera de los Libros. 2002
BAUSANI.A. El Islam en su cultura. FCE.1980.
BAWER.B. While Europe slept.Broadway Books.2006.
BENJAMIN.D; SIMON.S. The age of sacre terror. Random House. 2002.
BERMAN.PAUL. Les habits neufs de la terreur. Hachette.2003.
BOYER.P, Religion explained. Vintage Books, 2001
BRUCKNER.P. Miseria de la prosperidad. Tusquets. 2003.
BURUMA. IAN. El camino de Babel. El Taller de Mario Muchnik.2002.
BURUMA.I; MARGALIT.A. Occidentalismo. Península. 2005.
BURUMA.I. Taming the Gods, Princeton University Press, 2010.
CALDWELL.CH. Une révolution sous nos yeux.Comment l´islam va transformer la France  et l´Europe.Editions du Toucan.2009.
CORAN (El). Origen.Edicomunicación. 2003.
CASTORIADIS.C. El ascenso de la insignificanciaFrónesis.Cátedra.1998.
DALRYMPLE.Th. The new Vichy syndrome: why European intellectuals surrender to a Barbadism. Encounter books. 2010.
DALRYMPLE.TH. Spoilt rotten.Gibson Square. 2011.
DALRYMPLE.TH. Our culture: the mandarins and the masses. Ivan R. Dee. 2005.
DANIEL.J. La prisión judía. Tusquets.2004.
DAVIS.J.M. Mi cuerpo es un arma. Beta.2004.
DAWKINS.D. El espejismo de Dios, Espasa. 2007;
DENNETT.D. Breaking the spell. Religion as natural phenomeno. Penguin Books. 2006
De  DIEGO. Islam:Visión crítica. Rambla. 2010.
DELCAMBRE.A.M. Las prohiciones del Islam. La esfera de los libros.2003.
ELORZA.A. Umma.El integrismo en el Islam. Alianza.2002.
ELORZA. A. Los dos mensajes del Islam. Ediciones B.2008.
ESPOSITO.J.L. El Islam: 94 preguntas básicas. Alianza.2004.
ÉTIENNE.B, en El islamismo Radical. Siglo XXI. 1999.
ENZENSBERGER.H.M. El perdedor radical. Anagrama.2007.
FALLACI. O. La fuerza de la razón. La esfera de los libros. 2004.
FANJUL. S La quimera de Al Andalus.Siglo XXI.2004.
FERGUSON. N. Occidente y los otros. Debate. 2012.
FERRO. M. El resentimiento en la historia. Cátedra.2009.
GELLNER. E. La sociedad musulmana. Fondo de Cultura Economica.1981.
GARAUDY. R. Los integrismos. Gedisa.1990.
GELLNER. E. Posmodernismo, razón y religión. Paidós1994.
GONZÁEZ CALLEJA. E. El mabroratorio del miedo.Crítica.2013.
HAMER.D.The God Gene. Anchor Books. 2004.
KIENZLER. K. El fundamentalismo religioso. Alianza. 2000.
GLUSKMAN.A. Occidente contra Occidente. Punto de lectura. 2005
GLUSKMAN.A. Dostoiesky en Manhattan. Taurus.
KAPLAN. R.D. The revenge of geographiy. Random House.2012.
KEPEL.G.La Yihad. Península.2001.
KEPEL.G. Al oeste de Alá. Paidós.1995.
KEPEL.G. La revancha de Dios.Anaya.Mario Muchnik.1991
KHOSROKHAVAR.F. Les nouveaux martyrs d´Alah. Flammarion. 2002.
LÉVI-STRAUSS.CLAUDE. Tristes Trópicos. Eudeba.1970.
LEWIS.B.. El Oriente Próximo. Crítica.2000.
LEWIS.B.. Las identidades múltiples de Oriente Medio. Siglo XXI.2000.
LEWIS.B.. ¿Que ha fallado?. El impacto de Occidente y la respuesta de Oriente Próximo.Siglo XXI.1998.
LEWIS.B.. El lenguaje político del Islam. Taurus.1990.
LEWIS.B..Los árabes en la historia. Pocket.Edhasa.2004 (1958).
MAALOUF.A. Identidades asesinas. Alianza.
MAALOUF. A. El desajuste del mundo. Alianza.
MACCULLOCH.D.  Historia de la Cristiandad. Debate. 2012.
MCDERMOTT.T. Perfect Soldiers.The 9-11 hicjackers.Who they were, why they did it.Politico´s. 2005
MERNISSI.F. El miedo a la modernidad. Ediciones del Oriente y del Mediterráneo. 1992.
MITRE.E. Judaísmo y cristianismo.Fundamentos.1980.
MOÍSI.D La gèopolitique de l‘emotion . Champú. 2009.
NAIPAUL.V.S. Entre los creyentes. Debate.2010.
ONFRAY.M. Tratado de ateología. Anagrama.2006.
OZ. AMOS. Contra el fanatismo. Siruela. 2003.
PAPPE.R.A. Morir para ganar. Paidós. 2005.
PEDAZHUR. A; (Ed). Root causes of Suicide Terrotism. The globalization of  martyrdom.Routledge.2006.
PINKER.S. The better angels of our nature.Allan Lane.2011.
QTUB.S. Social justice en Islam.Islamic Publications International.2000.
QTUB.S. Milestones.Islamic Book Service. 2001
RAMADAN.T. Mi visión del islan occidental. Kairós. 2011.
RODRÍGUEZ MAGDA.R.M. La España convertida al Islam. Altera.2006.
ROUDINESCO.E.  A vueltas con la cuestión judía. Anagrama. 2011.
ROY.OLIVIER. Les illusions du 11 septembre.Seuil.2002
ROY.OLIVIER. La laïcité face a l´islam.Pluriel.2002.
ROY.OLIVIER. L´Islam mondialiséPoints.Seuil. 2002.
ROY.OLIVIER. La santa ignorancia. Península. 2010.
RASHID.A. Los Talibán. Península.2001.
SAID.E.W. Cultura e imperialismo.Anagrama.1993.
SAID.E.W.Orientalismo. Debolsillo.2010.
SÉVILLIA.J. Moralement Correct. Perrin. 2007.
SÉVILLIA.J. Historiquement in-correct. Fayard. 2011..
SLOAN WILSON.D. Darwin´s Cathedral, University Chicago Press.2002;
SPENCER.R. The politically incorrect Guide to Islam (and the crusades). Regnery Publishing.2005.
TOBEÑA.A. Mártires Mortíferos. Un itinerario por el cerebro de los suicidas atacantes. Universidad del País Valenciano. 2005.
TOWNSHEND.Ch. Terrorismo. Alianza.2002.
VARIOS. Atlas de los pueblos de Oriente.Acento.1993.