Agosto. Unha praia aínda non asolagada pola enxurrada turística preto do monte Louro na ría de Muros. É un areal longo e vivo sen bandeira azul, sen socorristas, sen duchas nin hoteis onde veñen os arroaces cada pouco. Algunhas autocaravanas fan noite nas abas dunha pequena duna que as abeira do case eterno nordés. Auga xeada. Unha praia como esta pouco colonizada, é axeitada para as xentes que gorentan de se espir. Cada ano inzan os homes e mulleres que se quentan e queiman ao sol en coiros ou pasean pola beira da mar entre homes mulleres e nenos que manteñen con pudor as súas intimidades baixo tecidos. Unha vella enloitada e retranqueira, nativa do lugar describía así o paso dun destes espidistas: vai co badajo tocando a difuntos.
Houbo tempos nos que por estas terras cregos e veciños alporizados coma a vella retranqueira, perseguían a estas xentes e procuraban botalos a estadullazos. Xornáis e televisións acolleron daquela as razóns dos dous bandos enfrontados até que o paso do tempo fixo apousar as cousas nunha amolecida indiferenza mutua. O espidismo non é progresista, natural ou libertario como pensaban os seus afervoados militantes, nin obsceno e porcallento como defendían os seus inimigos. É puritano e anti-erótico, posible produto dunha conspiración silandeira que procura afogar calquera gromo de erotismo pois como é coñecido, o erotismo precisa da imaxinación, de velos e anatomías albiscadas nun luscofusco vestimentario para prender o seu lume e aquí, nestes encoiros panorámicos, non hai espazo para que a imaxinación poña a súa parte. É o corpo coas súas eivas, coas súas carnes mirradas, os seus bandullos elípticos e os seus untos abondosos, o que se ofrece á ollada voluntaria ou involuntaria do espectador. Tanto ten que algúns corpos “gregos” se movan formigueantes entre tanta carne esmorecente. A ollada melancólica e aínda ateigada da visión de corpos menos axeitados, non acouga con estes poucos corpos estilizados. Coido que non é unha esaxeración afirmar que non hai nada menos erótico que unha praia nudista . Hai quen pensa, e hai razóns de abondo para facelo, que estamos diante dunha conspiración saída do maxín dalgúns axentes espelidos do Vaticano para amatar os pulos e imaxinacións eróticas da xente do común e levalos a unha casta abstinencia. Non son poucas as parellas que viron derramar a súa relación sexual despois dunha xornada en coiros nunha destas praias onde puideron se decatar da anatomía real que os define cando antes era o corpo revestido pola imaxinación o que lles procuraba o pracer. O erotismo estiña nos extremos. Unha praia chea de mulleres en burka, grao cero de visibilidade e moi semellante para os homes a unha praia chea de mulleres espidas, grao 100 de visibilidade. En ningún dos casos hai a medida precisa entre o que se ve e o que se adiviña que permite o agromar da ollada imaxinaria erótica. O Islam emprega o cero de visibilidade; os vaticanistas o 100. O resultado é o mesmo: o esmorecer da vida erótica.

Nas mulleres a cousa é diferente. Queda para outra ocasión falar destas diferenzas.
"non é unha esaxeración afirmar que non hai nada menos erótico que unha praia nudista"
ResponderEliminarTotalmente de acordo contigo.
Bicos
Os que defendemos e practicamos o espidismo non o facemos buscando sensacións eróticas. Para iso coñecedores de Bataille e de Buñuel imaxinamos outras cousas,etc. Pero un bó bañete en bolas é unha experiencia que un explorador non debería perderse
ResponderEliminarNormalmente paso o vrao acudindo a unha praia cunha zona nudista e outra textil separada por unhas rocas.Xa moi feito a ver a xente sen roupa o que mais desperta a miña curiosidade da xente que me rodea son os libros que leen e saber cousas como a qué se dedican, etc., entendendo que o espidismo ten ademais dise efecto deserotizador do que falades un gran efecto humanista-civilizador. Como coñezo ben as duas zonas podo sinalar as diferenzas existentes:
ResponderEliminara)E imposibel non escoitar o que fala a xente tanto nunha zona como na outra, pero son moito mais interesantes e menos convencionais as que se escoitan na zona nudista.
b) O mesmo sucede cos libros que leen os bañistas. Na zona nudista ainda que tamén vemos moito best-seller, tamén podense ver ensaio e literatura de mais calidade.
c)Na zona nudista a xente si xoga co balón ou cas palas faino sempre na orilla e nunca molestan; os nenos corren incluso con mais coidado e poucas veces te salpican o te botan areas na cara.
c)Pola zona nudista pasa de camiño xente con bañador sin que ninguén proteste. Pola zona textil non pasa ninguén espido.
Podería seguir remarcando diferenzas, pero teño medo de animar a xente a cambiar de praia, e que a zona nudista convírtase en algo similar á zona textil