domingo, 11 de julio de 2010

INSUA DOS POETAS. Arturo Baltar. Pequena Crónica.

Para chegar á Insua dos Poetas nas terras do Irixo, cómpre ir poeticamente armado. O camiño é doado de baixar e malo de desandar. A carballeira non é gran cousa: poucos carballos e pequenos, e moito piñeiro. A calor abafaba, e os músicos e os que falaron, aturaron como puideron a raxeira que lles veu enriba. A xuntanza que ali acontecía, a Segunda Festa da Palabra, tiña na súa cerna unha merecida homenaxe: Arturo Baltar, escultor e moitas outras cousas acaídas coa bonhomía que o define. Tosar, Ferrín, Anxeles Cuña, Baltar, (o Presidente), Antón Lamazares... Cada un fixo ao seu xeito a loanza de Arturo e lembraron tempos e cousas da súa vida, da súa longa vida, pois é cousa sabida, que Arturo ten a curiosa coquetería de se quitar anos e afirma que ten 567 cando todo o mundo sabe que ten 570. No seu breve e fermoso parlamento, Ferrín asegurou que era o amigo mais vello de Arturo, xa que o coñecía dende que sendo nenos, fíxolle un encargo a un rapaz que modelaba o xiz, as tizas da escola, na beira do Barbaña. O rapaz era Arturo. O encargo era insólito nun neno daquel tempo: a faciana dun político. Arturo solicitou do Ferrín permiso para revelar o nome do tal político, permiso que lle foi concedido. Era Calvo Sotelo. Arturo entón engadiú: aínda non fixen o encargo pero xa non sei se facelo porque ti cambiaches moito. Risas a eito, espalladas pola carballeira e polo palco. Despois, saúdos, apertas e xantar. Eu tiven que marchar. Mágoa...

2 comentarios:

  1. En el siguiente enlace puedes ver la información que da la Xunta sobre el acto. Muy buena la foto de los Baltares mezclados con el de Arnoia y el Secretario Xeral de Politica Linguística.
    http://www.xunta.es/notas-de-prensa?p_p_id=ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_ipecos_opencms_portlet_INSTANCE_c0aE_content=/opencms/Portal-Web/Contidos/Novas/nova_estandar5905.html

    ResponderEliminar
  2. Es una pena que Soutolongo no escriba más artículos en este blog.Los he leído todos y me parece a cada cual mejor.Esperemos que,de aquí en adelante nos deleite con más de estos.

    ResponderEliminar