miércoles, 6 de abril de 2011

CONVERSA

No ano 1940, conta don Álvaro Cunqueiro, dous galegos nacidos na mesma parroquia coinciden en Madrid ollando o desfile militar que celebraba a vitoria das tropas de Franco. Un deles estivo na guerra no bando republicano. O outro, no bando nacional.

Un, non importa quen, di:

–Viches?

O outro responde:

–Vin.

–E logo?

–Xa ves...

Sen importar que sexa imaxinada ou real, un estereotipo ou un suceso acontecido, pódense facer varias teses doutorais de antropoloxía, socioloxía, lingüística, pragmática, historia, filosofía, entre outras disciplinas, analizando esta breve conversa. E logo…?... Logo xa veremos...

No hay comentarios:

Publicar un comentario